Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 18/06/10 18/06/2010 50:33

Carburante adulterado en Galicia(18/06/10)

Centos de vehículos diesel avariados en Galicia por problemas nunha partida de combustible.Os talleres sospeitan dalgún aditivo botado ó combustible.A finais de ano Pontevedra será a 1ª cidade española cun límite velocidade no casco urbán de 30km/h.Traballadores do Naval de Vigo concentráronse para condena-los ataques con cócteles molotov a sindicatlistas.Fomento reabriu ó tráfico o tramo da A-6 entre A Coruña e Madrid, á altura do concello leonés de Trabadelo, logo de 16 meses de obras.Antes de que acabe o mes, o PP levará ós tribunais a suposta trama agraria á que vincula ó PSOE.O socialista Pachi Vázquez lembra que o seu partido xa o fixo hai dúas semanas e pediulle a Feijóo que se ocupe de Galicia e deixe de preocuparse polo seu ascenso no PP.79 anos despois da proclamación da 2ª República,Santiago Casares Quiroga conta con casa museo na súa Coruña natal.Invitámolos a percorre-la vivenda onde residiu o que fora presidente do Goberno da República, e onde naceu a súa filla, a actriz María Casares(18/06/10)

Galicia Informativos
Más opciones