Galicia Informativos   Informativo Galicia - 03/09/2015 03/09/2015 49:49

 -O xerente da Área Sanitaria de Vigo di que a paciente falecida no novo hospital non colleu o asperxillus no centro. Retrásase unha semana mais o traslado de pacientes, á espera dos resultados das mostras para comprobar se hai risco de infección. Os partidos da oposición piden a dimisión da conselleira de Sanidade.

-Centos de tractores rodean a muralla de Lugo nunha nova protesta para reclamar solucions á crise do leite.

-Xa quedou extinguido o lume de Cualedro tras queimar case 3.200 hectáreas. O comité en defensa do monte galego pide a dimisión da conselleira de Medio Rural.

-O presidente da Xunta ofrécese para que Galicia poida acoller 300 refuxiados ante a traxedia humanitaria que se vive en Europa. Tamén os concellos de A Coruña e Lalín se mostran dispostos a recibir inmigrantes.

Galicia Informativos
Más opciones