Galicia Informativos   Informativo de Galicia - 18/09/15 18/09/2015 49:37

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, nega a súa implicación na Operación Patos contra a corrupción. A Marea de Vigo persoarase na causa como acusación particular.

O PP rexeita unha petición da oposición no Parlamento para que o Consello de Contas fiscalice de maneira específica o novo hospital de Vigo.

Compás de espera do sector lácteo mentres se acaba de concretar o documento que se asinará o mércores en Madrid.

O grupo Leite Noso adquire as marcas que comercializaba Alimentos Lácteos.

A familia do batería de Los Piratas exercerá a acción penal contra o garda civil que realizou o disparo que lle provocou a morte.

O catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago, Ángel Carracedo, recibirá esta tarde o Premio Nacional de Xenética.

Galicia Informativos
Más opciones