Galicia Informativos   Informativo Galicia - 01/9/2015 01/09/2015 49:10

 -Xa quedou controlado o incendio forestal que arrasou 3.000 hectáreas nos concellos ourensáns de Cualedro, Xinzo, Baltar e Trasmiras. Os alcaldes vanse reunir para reclamar a declaración de zona catastrófica.

-A próxima tractorada en defensa do sector lácteo colapsará o tráfico na capital de Lugo o próximo xoves. Mil tractores rodearán a muralla.

-A policía nacional investiga a morte dun bebé de seis meses nun hotel de Santiago. Atopábase coa nai, e cando volveu o pai atopou morta a nena. Estáselle facendo a autopsia. O xulgado número un de Santiago decretou o segredo do sumario.

Galicia Informativos
Más opciones