Galicia Informativos   Crónica de Galicia-29/04/2013 29/04/2013 49:19

O Banco Etcheverría anuncia a apertura de 70 oficinas en Galicia, e a creación de 200 postos de traballo. Tamén disporá de 200 millons de euros para créditos ás pemes e ás familias. O Etcheverría é agora propiedade do banco venezolano Banesco. Novas protestas dos afectados polas preferentes e do Naval, que obrigaron a suspender durante dúas horas e media o pleno municipal de Ferrol. No pleno de Vigo, tomaron a palabra os preferentistas e tamén os sindicatos do Naval.

O presidente do Psoe José Antonio Griñán asegura que en Galicia o Ps de G terá que facer o que decida o comité federal na súa reunión de xullo. O portavoz socialista no Parlamento, Abel Losada, confía na sensibilidade da dirección de Madrid para permitir ás primarias en Galicia. A plataforma "Queremos Galego" prepara a manifestación do 17 de maio: día das letras galegas. O seu presidente Carlos Callón di que no 90 por cento das clases de infantil o galego está desaparecido.

Galicia Informativos
Más opciones