Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 21/06/2013 21/06/2013 49:05

-Os ex presidentes das antigas Caixa Galicia e Caixa Nova deron explicacions no Parlamento galego sobre as decisions que os levaron á fusión. Na comisión que investiga a unión das entidades, Mauro Varela e Julio Fernández Gayoso defenderon a comercialización das preferentes, un producto sobre o que ningún órgano supervisor lles fixo advertencia algunha. Os dous negaron ter recibido cartos en concepto de indemnización.

-Alberto Núñez Feijoo nunha entrevista con Luis del Olmo en Radio Nacional, fai un chamamento ó comisario europeo da Competencia para que non se obrigue ós estaleiros a devolver as axudas do anterior tax lease.

-A policía investiga as causas da morte dun matrimonio de ancians de Palas de Rei. Vivían en Xixón desde había poucos días. A familia cree que o home matou á muller, gravemente enferma, e despois quitouse a vida.

-Prezos históricos para a sardiña, vendida a dez euros ó quilo, nos días previos ás fogueiras do San Xoán.

Galicia Informativos
Más opciones