Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 20/06/2013 20/06/2013 49:02

-No Parlamento galego comenzaron as comparecencias na comisión que investiga a fusión das caixas. Os grupos da oposición volveron presentar queixas ante a mesa da comisión ó entender que non tiveron tempo para estudar a documentación, nin consultar a parte que ten carácter confidencial cos asesores. O portavoz popular Pedro Puy alega que foi a oposición a que quixo poñer prazos ós traballos.

-Manifestación en Vigo de mil cincocentos traballadores do naval e industrias auxiliares para reclamar ó goberno garantías sobre o tax lease e que non terán que devolver as axudas xa cobradas á Unión Europea.

-En Santiago, o concelleiro socialista Bernardino Rama nega todalas imputacions en relación ó caso Montebalsa, polas que terá que declarar a semana que ven ante o xuiz Vázquez Taín.

-Detido en Vilagarcía o histórico narco Jorge Durán Piñeiro e unha segunda persoa, nunha operación contra o tráfico de drogas e o branqueo de cartos.

Galicia Informativos
Más opciones