Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 18/06/2013 18/06/2013 48:38

-O vicepresidente da Xunta asegura que non hai ningún cambio nos proxectos pra construir os buques floteis para a petroleira mexicana Pemex en Barreras, Vigo, e Navantia, Ferrol. Alfonso Rueda saía así o paso de informacions en xornais mexicanos sobre supostas demandas de contraprestacions políticas para concretar eses contratos.

-Protestas de afectados polas preferentes en Moaña e Gondomar.

-A xuiza da Operación Pokemon prorroga un mes mais o segredo do sumario.

-En Galicia, houbo o ano pasado dez mil falecementos mais que nacementos, acrecentándose o declive poboacional.

-Autorizadas as obras na fachada principal da Catedral de Santiago e nas torres pra eliminar definitivamente as humidades no templo, especialmente na xoia do románico que é o Pórtico da Gloria.

Galicia Informativos
Más opciones