Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 14/08/13 14/08/2013 49:54

- Medio Rural aínda non dá por extinguido o lume que queimou 400 hectáreas en Larouco e Quiroga. O PSdeG di que o dispositivo contra incendios non funcionou.

- Os traballadores de Alimentos Lácteos quedan sen centro de traballo. Pascual, propietaria das instalacións da fábrica en Outeiro de Rei, quere recuperalas porque Alimentos Lácteos está en concurso de acreedores e non ten cartos para pagar o aluguer.

- O día 26 haberá folga no sector do tratamento de refugallos e de recollida de lixo no que se agrupan os traballadores Albada, Cespa, Sogama, vertedoiro de Areosa e da mancomunidade de municipios da Serra do Barbanza.

Galicia Informativos
Más opciones