Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 12/06/12 12/06/2012 49:04

Os sindicatos reclaman a asunción de responsabilidades pola crise bancaria

UXT e CCOO esíxenlle ó presidente da Xunta que pida contas á auditora que avalou a fusión das caixas galegas. O Banco de España volve elixir agora a KPMG para auditalas contas de Novagalicia Banco.Os dous sindicatos maioritarios chaman ós galegos a sairen á rúa o día 20 para protestaren contra os novos recortes.Afectados polas preferentes reclaman a devolución do seu diñeiro en Boiro,Escarabote,Ourense e Val Miñor.Os funcionarios da Xunta terán horario reducido entre o 1 de xullo e o 31 de agosto.O exconselleiro Henrique López Veiga,novo senador autonómico en substitución de Romay Beccaría.Medio Ambiente estuda modifca-lo Plan de Residuos de Galicia.Falamos con Olga Iglesias,deputada do PP lugués en avanzado estado de xestación, que hoxe estreou o voto a distancia no Congreso, por vía telemática

Galicia Informativos
Más opciones