Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Prepárase no Arsenal de Ferrol para sair con 200 militares a bordo e participar xunto a outras unidades da OTAN na zona onde aumenta a tensión entre Rusia e Ucraína.

A punto para zarpar dende o Arsenal de Ferrol, cara ao escenario de tensión entre Rusia e Ucraína. A Fragata Blas de Lezo, con cerca de 200 militares a bordo incorpórase ao operativo da OTAN na zona, na que ten previsto permanecer dous meses. // Os médicos do Sergas poden xa tramitar as altas laborais ao mesmo tempo que as baixas dos pacientes positivos de Covid. O programa informático que rexistra as incapacidades temporais permítelles marcar a data prevista de alta. // Comeza a toma de declaracións ás vítimas de gravacións con cámaras ocultas mentres ouriñaban na rúa durante a festa da Maruxaina, en San Cibrao, na Mariña de Lugo. // Pese a pandemia, as doazons e transplantes de órganos continúan. O ano pasado fixeronse en Galicia cerca de 300 transplantes, 100 intervencións menos que no 2020. As que máis diminuiron, as de figado gracias aos novos tratamentos que fan innecesario o trasplantes deste órgano. 21-01-2022

Continúa o predominio anticiclónico, con ventos do nordés. Os ceos estarán completamente despexados mentres segue o descenso paulatino das temperaturas, con mínimas baixo cero no interior e máximas que apenas pasan dos 10 graos no norte e dos 15 na metade sur. 21-01-2022

A Fragata Blas de Lezo, no Arsenal de Ferrol, preparase para sair nas próximas horas, cara o Mar Negro, con cerca de 200 militares a bordo. Formarán parte das unidades da OTAN na zona onde aumenta a tensión entre Rusia e Ucraína.// A ministra de Transportes Raquel Sánchez está hoxe en Santiago co presidente da Xunta, para tratar sobre o cambio do ancho de vía necesario para completar o desplegue da Alta Velocidade. Un encontro cando se cumple un mes da chegada do AVE a Ourense. // A cifra de casos activos frea o seu avance, con menos contaxios, e baixan en 28 os pacientes ingresados. O sergas notifica o falecemento de sete persoas con Covid nos últimos días. // Primeira xornada de folga nas fábricas de conservas en demanda de melloras salariais no sector. As traballadoras, que cubren nove de cada dez postos, denuncian cobrar menos que os homes polo mesmo traballo. 21-01-2022

Galicia prevé recibir este ano catro millóns de visitantes. A prolongación do Xacobeo e a chegada o AVE preséntase coma atractivos diferenciais

Á maior carga de traballo nos centros de Atención Primaria súmase un aumento de actitudes violentas hacia o persoal. Así o advirten os sindicatos sanitarios, tralo caso ocorrido en Portonovo, onde unha parella arremeteu contra a médica de urxencias e esnaquizou un cristal do Centro de Saúde. // A fábrica de Alcoa en San Cibrao remata o proceso de parada das cubas de electrólise tal como acordaron a multinacional e os traballadores para poñer fin ao conflicto laboral. // Segue a presenza de Galicia na Feira Internacional do Turismo de Madrid coa presentación das Deputación de Pontevedra ou a de Ourense. O obxectivo é continuar coa recuperación de visitantes que comenzou na segunda mitade do ano pasado // 20-01-2022

Os ventos do nordés traen algunhas nubes baixas con chuvias febles máis probables no extremo norte. Na metade sur, en cambio, segue a notarse a influencia anticiclónica e os ceos permanecen despexados en xeral, con temperaturas lixeiramente máis baixas que os días anteriores, anque por riba dos 15 graos nas horas centrais do día. 20-01-2022

As aulas pechadas por casos de covid multiplícanse por cinco na última semana e suman xa 59. Os contaxios rexistrados entre os alumnos, sen embargo baixan un 40 por cento. A incidencia en xeral tende a estabilizarse e cae o número de ingresados nos hospitais. // Á maior presión asistencial nos centros de Atención Primaria súmase un aumento de comportamentos violentos por parte de usuarios e agresións ao persoal. // As estafas informaticas supoñen xa un de cada seis delitos denunciados en Galicia. As unidades especializadas da Garda Civil destacan o aumento de casos de fraudes na compravenda de productos por internet e os pagamentos simulados a través de Bizum. // Xornada de triunfos para o futbol galego, coa vitoria do Celta ante o Osasuna por dous a cero e. na segunda, o Lugo suma tamén tres puntos ao impoñerse ante o Almería. 20-01-2022

Expertos en inmunoloxía amósanse en contra de acurtar os prazos para os que teñen a pauta completa e aconsellan centrar os reforzos na poboación máis vulnerable. //. Ibrahima e Magatte, os dous senegaleses que tentaron axudar a Samuel Luiz a noite en que recibíu a malleira mortal, contan, seis meses despois, cómo un acto que repetirían sen dubidar mudou as súas vidas. // Comeza en Santiago o xuízo pola suposta fraude na Confederación de Empresarios de Galicia nos anos 90. A Fiscalía pide catro anos de cadea e unha multa de dous millóns de euros para Rafael Sánchez Sostre, secretario da entidade até o ano 2000. É o principal acusado de apropiarse de fondos públicos, procedentes da Xunta e Unión Europea, destinados a subvencionar cursos de formación. // Na Afundación da Coruña sesenta artistas venden os seus cadros para recadar fondos para a ONG Tierra de Hombres, que leva case tres décadas trasladando nenos enfermos de Äfrica a España para seren operados aquí. 19-01-2022

Mantense a influencia das altas presións. Os ceos seguen despexados en xeral, coa entrada de algunhas nubes medias e altas pola tarde. As temperaturas, en lixeiro descenso, sobre todo nas zonas do interior onde os termómetros volveron baixar dos cero graos con intensas xeadas. 19-01-2022

A prolongación do Xacobeo a este ano, é o prato forte da oferta turística de Galicia en Fitur, a Feira Internacional que abríu as suas portas en Madrid. O sector confía en gañar cota sobre todo de viaxeiros nacionais. // O grupo de persoas de 30 a 39 anos comenza hoxe a recibir a terceira dose da vacina, mentres son chamados xa para a semana que ven os de 20 a 29 anos. // Os novos contaxios repuntan, por riba de 6.000 no último día, logo de varios días á baixa. A incidencia acumulada rexistra un primeiro descenso dende o comenzo da sexta vaga. // O Pescados Rubén Burela segue a ser o mellor equipo de fútbol sala feminino do mundo por segunda tempada consecutiva. Así o considera o prestixioso portal Futsalplanet, que xa recoñeceu con esta distinción a súa traxectoria no 2020. 19-01-2022

O Sergas ultima os cambios no sistema para que os médicos poidan tramitar ao mesmo tempo as altas e baixas laborais, unha fórmula coa que pretende aliviar a carga burocrática dos profesionais sanitarios, pero que abre debate nas asociacións e sindicatos médicos. // Os expertos consideran que nas próximas semanas se chegará ao pico de incidencia desta vaga, para logo baixar, tal como confirman as Analises das augas residuais na área Metropolitana da Coruña. // As axudas do plan Renove da Xunta facilitan a compra de 500 vehiculos só no primeiro día da apertura das solicitudes. Consúmese así a metade do presuposto de 2,5 millóns de euros, previsto polo Xunta. // O escultor Eduardo Tenreiro, absolto pola Audiencia Provincial de Madrid. Fora acusado de delicto contra a libertade de conciencia e profanación por verquer pintura e realizar unha pintada sobre a tumba de Francisco Franco na Basílica do Val dos Caídos, en 2018. 18-01-2022

Mantense a influencia anticiclónica sobre Galicia. Así, os ceos estarán pouco nubrados ou despexados en xeral, con néboas matinais. As temperaturas continuan sen cambios significativos, con xeadas no interior, e con máximas que chegan a rondar os 20 graos nas Rías Baixas. 18-01-2022

O complexo hospitalario da Coruña reprograma operacions non urxentes e deriva doentes a outros centros, ante a incidencia de casos de covid. // Os novos contaxios volven estar hoxe por debaixo dos 5.000. A presión hospitalaria diminúe, con oito pacientes ingresados menos. O Sergas notifica o falecemento de 9 persoas nos últimos días. // As solicitudes das axudas do Plan Renove para a compra de coches que ofrece a Xunta cubren nun so día a metade dos tres millóns de euros presupostados. Chegan ata 4.600 euros para vehículos cun prezo inferior a 40.000.// O que empezou como un saneamento das árbores converteuse nunha corta insdiscriminada do bosque que rodea o Insituto Laboral de Ourense. Así o entende un grupo de estudantes do centro. Tralas suas protestas, o Concello ordena paralizar a corta. 18-01-2022