Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

90 persoas morreron en 2019 en accidentes de tráfico nas estradas galegas // E co inicio do ano soben as peaxes na Autoestrada do Atlántico // Unha familia da Coruña pide axuda para recuperar os implantes auditivos da súa filla de dous anos. (02/01/20)

90 persoas morreron en 2019 en accidentes de tráfico nas estradas galegas // E co inicio do ano soben as peaxes na Autoestrada do Atlántico // A campaña de rebaixas, que en moitos comercios xa comeza hoxe, vai xerar case 10.100 contratacións en Galicia // Desde agora, os menores de 21 anos poden viaxar gratis no transporte interurbano de Galicia // A Garda Civil continúa tomándolles declaración ás testemuñas da pelexa nun hotel de Oleiros, na madrugada de Aninovo, na que morreu un home de 32 anos // Unha familia da Coruña pide axuda para recuperar os implantes auditivos da súa filla de dous anos. (02/01/20)

Agardamos unha pequena borrasca que esta noite vai afectar á franxa atlántica, ao oeste das provincias da Coruña e de Pontevedra. Por iso temos unha xornada de ceos con nubes que pola noite, van deixar algo de chuvia na parte oeste. As temperaturas, sen apenas cambios. (02/01/20)

As Pontes non se resigna ao peche da central térmica // A disposición das empresas as primeiras parcelas do parque loxístico de Salvaterra-As Neves // Fernando Vázquez comeza a súa segunda etapa como adestrador do Deportivo. (30/12/19)

As Pontes non se resigna ao peche da central térmica // A disposición das empresas as primeiras parcelas do parque loxístico de Salvaterra-As Neves // É o accidente máis grave en Galicia no que levamos de Nadal. Morreu un mozo de 19 anos e resultaron feridos tres acompañantes // A reivindicación da política seria e dos políticos que respectan o estado de dereito e a separación de poderes centra a ceremonia da ofrenda da traslación dos restos do Apóstolo // Fernando Vázquez comeza a súa segunda etapa como adestrador do Deportivo // 60.000 galegos sofren algunha enfermidade mental, e para eles, a vida non é doada. (30/12/19)

O tempo continúa estable, con fresco á mañanciña, e temperaturas agradables conforme vai quentando o sol. Hoxe volvemos ter os ceos pouco anubrados ou despexados, con néboas e xeadas pola mañá no interior. (30/12/19)

Endesa solicita o peche da central térmica das Pontes // O Consello de Ministros aproba unha suba das peaxes da AP-9 de case o 2,7 por cento // A frota de baixura e o marisqueo volven á faena tras semanas coa actividade ao mínimo por culpa dos temporais. 27/12/19

O Consello de Ministros aproba unha suba das peaxes da AP-9 de case o 2,7 por cento // A frota de baixura e o marisqueo volven á faena tras semanas coa actividade ao mínimo por culpa dos temporais // Nais e nenos da comarca de Ferrolterra súmanse ás mobilizacións doutras zonas de Galicia para pedir pediatras fixos nos seus centros médicos // As empresas de construción e restauración non atopan canteiros para contratar. Un oficio no que faltan profesionais // Desde os anos oitenta é obrigatorio recuperar a calidade do solo e o hábitat natural ao acabar a explotación dunha canteira. Pero en moitos casos, quedan no abandono. 27/12/19

Os termómetros caeron ata os seis graos negativos en Calvos de Randín en Ourense. Será unha xornada de gran oscilación térmica porque nas horas centrais agardamos termómetros rondando os 15 graos en moitos puntos. 27/12/19

O Consello de Ministros aproba unha suba das peaxes da AP-9 de case o 2,7 por cento // A frota de baixura e o marisqueo volven á faena tras semanas coa actividade ao mínimo por culpa dos temporais // Nais e nenos da comarca de Ferrolterra súmanse ás mobilizacións doutras zonas de Galicia para pedir pediatras fixos nos seus centros médicos // As empresas de construción e restauración non atopan canteiros para contratar. Un oficio no que faltan profesionais // Desde os anos oitenta é obrigatorio recuperar a calidade do solo e o hábitat natural ao acabar a explotación dunha canteira. Pero en moitos casos, quedan no abandono. 27/12/19

A Xunta vai dedicar 17 millóns de euros a proxectos de investigación durante os próximos catro anos // O concello de Santiago prepara un recurso contra o fallo da Audiencia de Madrid que lle da a razón á familia Franco no lixitio das estatuas do mestre Mateo // Rouban por segunda vez a figura do Neno do Belén de Ourense, no medio da polémica pola estética do nacemento. 26/12/19

A Xunta vai dedicar 17 millóns de euros a proxectos de investigación durante os próximos catro anos // O concello de Santiago prepara un recurso contra o fallo da Audiencia de Madrid que lle da a razón á familia Franco no lixitio das estatuas do mestre Mateo // Rouban por segunda vez a figura do Neno do Belén de Ourense, no medio da polémica pola estética do nacemento //  Cidades e vilas organizan unha chea de actividades para aproveitar o tempo de lecer durante as festas // Vellas redes de pesca recicladas en bolsos, complementos de moda ou mesmo mobles de deseño. 26/12/19

Recuperamos a situación anticiclónica. As nubes baixas e néboas de primeira hora foron dando paso progresivamente a ceo pouco anubrado ou despexado. As temperaturas descenderán de xeito notable sobre todo as mínimas que agardamos ao final do día. 26/12/19

A Xunta vai dedicar 17 millóns de euros a proxectos de investigación durante os próximos catro anos // O concello de Santiago prepara un recurso contra o fallo da Audiencia de Madrid que lle da a razón á familia Franco no lixitio das estatuas do mestre Mateo // Rouban por segunda vez a figura do Neno do Belén de Ourense, no medio da polémica pola estética do nacemento //  Cidades e vilas organizan unha chea de actividades para aproveitar o tempo de lecer durante as festas // Vellas redes de pesca recicladas en bolsos, complementos de moda ou mesmo mobles de deseño. 26/12/19

As prazas de mercados foron durante toda a mañá un fervedoiro de xente apurando as compras // Na denominación de orixe Rías Baixas 16 adegas elaboran escumosos de albariño co método do champán francés. Producen unhas 130.000 botellas certificadas // Os agricultores da Limia temen perder a colleita do cereal de inverno e mesmo o retraso da sementeira da pataca. 24/12/19