Armadores galegos pídenlle á comisión europea que tente manter os dereitos de pesca en augas do Gran Sol para evitar o amarre de 89 barcos ante un posible Brexit duro // Lugo contará cunha gran praza pública no lugar que ocupa a actual estación de autobuses, no centro da cidade // As cabanas da praia de Broña, na ría de Muros e Noia, homenaxeadas hoxe, no día mundial da construcción sostible. 23/09/19
Armadores galegos pídenlle á comisión europea que tente manter os dereitos de pesca en augas do Gran Sol para evitar o amarre de 89 barcos ante un posible Brexit duro // Desde Galicia os partidos políticos recoñecen a decepción dos votantes pola falta de acordo para formar goberno que obriga a repetir as eleccións // Lugo contará cunha gran praza pública no lugar que ocupa a actual estación de autobuses, no centro da cidade // Máis de seis mil kilos de lixo recuperados do mar na primeira gran limpeza de fondos submariños acometida na Dársena da Coruña // O Celta resiste os embites do Atlético de Madrid e logra un punto no Wanda Metropolitano // As cabanas da praia de Broña, na ría de Muros e Noia, homenaxeadas hoxe, no día mundial da construcción sostible. 23/09/19
Este luns damos a benvida ao outono, que comeza con lixeira suba das temperaturas e chuvia intensa cara ao remate do día. Unha situación que obriga a activar alertas tamén por temporal no mar, e vento nas provincias da Coruña e Pontevedra. Débese ao paso dunha fronte asociada aos restos do furacán Humberto que cruza Galicia entre hoxe e mañá. As temperaturas máximas soben. Oscilarán entre os 19 graos previstos en Santiago aos 25 que se agardan en Ourense. 23/09/19
Armadores galegos pídenlle á comisión europea que tente manter os dereitos de pesca en augas do Gran Sol para evitar o amarre de 89 barcos ante un posible Brexit duro // Desde Galicia os partidos políticos recoñecen a decepción dos votantes pola falta de acordo para formar goberno que obriga a repetir as eleccións // Lugo contará cunha gran praza pública no lugar que ocupa a actual estación de autobuses, no centro da cidade // Máis de seis mil kilos de lixo recuperados do mar na primeira gran limpeza de fondos submariños acometida na Dársena da Coruña // O Celta resiste os embites do Atlético de Madrid e logra un punto no Wanda Metropolitano // As cabanas da praia de Broña, na ría de Muros e Noia, homenaxeadas hoxe, no día mundial da construcción sostible. 23/09/19
Sanidade dá por controlado un brote de tuberculose en Lugo que afecta a nove persoas, das que seis son nenos // Polo menos cinco detidos e media tonelada de cocaína nunha operación contra o narcotráfico en Marín e Pontevedra // Ourense convértese no gran escaparate do turismo de saúde con Termatalia. 20/09/19
Sanidade dá por controlado un brote de tuberculose en Lugo que afecta a nove persoas, das que seis son nenos // Polo menos cinco detidos e media tonelada de cocaína nunha operación contra o narcotráfico en Marín e Pontevedra // A primeira incubadora galega de novos fármacos presentou hoxe os primeiros resultados de tres medicamentos para o alzheimer, o parkinson e a enfermidade hepática // O Celta prepara o encontro co Athlético de Madrid con todo o seu plantel // Ourense convértese no gran escaparate do turismo de saúde con Termatalia. 20/09/19
A última fin de semana do verán comeza con baixada de temperaturas. Pola tarde desaparecen as brétemas e medrarán nubes de evolución con chuvascos máis probables na provincia de Lugo. Mañá volverán as chuvias a toda Galicia. Empezarán pola mañá no oeste e iranse extendendo ao resto do país. As temperaturas descenderán de xeito notable, especialmente durante o domingo. 20/09/19
Sanidade dá por controlado un brote de tuberculose en Lugo que afecta a nove persoas, das que seis son nenos // Polo menos cinco detidos e media tonelada de cocaína nunha operación contra o narcotráfico en Marín e Pontevedra // A primeira incubadora galega de novos fármacos presentou hoxe os primeiros resultados de tres medicamentos para o alzheimer, o parkinson e a enfermidade hepática // O Celta prepara o encontro co Athlético de Madrid con todo o seu plantel // Ourense convértese no gran escaparate do turismo de saúde con Termatalia. 20/09/19
Fomento contrata sete prototipos para tratar de solucionar os repetidos problemas de tráfico que a néboa causa na autovia A8, en Mondoñedo, no alto do Fiouco // O Consello da Xunta aproba destinar 20 millóns de euros para potenciar proxectos de I+D nos Centros de Investigación das Universidades galegas // O outono que comeza o próximo luns, ás dez menos dez da mañá, será máis cálido do habitual en Galicia e con precipitacións normais. 19/09/19
Fomento contrata sete prototipos para tratar de solucionar os repetidos problemas de tráfico que a néboa causa na autovia A8, en Mondoñedo, no alto do Fiouco // O Consello da Xunta aproba destinar 20 millóns de euros para potenciar proxectos de I+D nos Centros de Investigación das Universidades galegas // A viaxe en tren entre Galicia e Madrid verase reducida en 50 minutos nos próximos meses, cando entre en servizo o treito do AVE que une Zamora capital coa provincia de Ourense // Notifican aos propietarios de 30.000 parcelas sen limpar, situadas en aldeas de 35 concellos nas que tódolos veráns se rexistran incendios forestais // Empates do Deportivo e do Lugo na casa, despois de ir gañando case todo o partido // O outono que comeza o próximo luns, ás dez menos dez da mañá, será máis cálido do habitual en Galicia e con precipitacións normais. 19/09/19

A partir desta noite diremos adeus ás treboadas dos últimos días. Pero de momento á tarde hai avisos para zonas altas das provincias do interior. Poden ter chuvascos fortes con saraiba e aparato eléctrico. No resto, ceos con poucas nubes. As temperaturas oscilarán entre os 23 graos previstos en Vigo e os 31 de Ourense. 19/09/19
A xuíza retíralle a patria potestade dos seus fillos ao autor confeso do triplo crime machista de Valga // A xunta anuncia a convocatoria de oposicións para cubrir case seiscentas prazas de emprego público // En Ourense convidan hoxe aos conductores a deixar o coche para usar o transporte público. 18/09/19
A xuíza retíralle a patria potestade dos seus fillos ao autor confeso do triplo crime machista de Valga // Reaccións dos partidos políticos galegos ante a máis que probable repetición das eleccions xerais, o 10 de novembro // A xunta anuncia a convocatoria de oposicións para cubrir case seiscentas prazas de emprego público // Un incendio de gran magnitude destrúe máis dun cento de vehículos nunha empresa de reciclaxe do concello pontevedrés de Nigrán // Lugo é a primeira provincia galega en iniciar hoxe o cambio de frecuencias da Televisión Dixital Terrestre // Hoxe hai xornada de Liga en Segunda: O Deportivo recibe ao Numancia en Riazor e Lugo acolle o "Derbi dos Ancares" // En Ourense convidan hoxe aos conductores a deixar o coche para usar o transporte público. 18/09/19
Continuamos con tempo de tronada. Despois dos 2.300 raios que se rexistraron onte, a situación será moi semellante. Seguiremos con sensación de fogaxe pola tarde. As temperaturas máximas oscilarán entre os 25 graos da Coruña e os 31 de Ourense. As treboadas serán máis probables no interior e zonas altas onde poderían ser fortes e acompañadas de saraiba. Hai alerta amarela na montaña e no sur de Lugo porque poden descargar ata 15 litros por metro cadrado nunha hora. 18/09/19
A xuíza retíralle a patria potestade dos seus fillos ao autor confeso do triplo crime machista de Valga // Reaccións dos partidos políticos galegos ante a máis que probable repetición das eleccions xerais, o 10 de novembro // A xunta anuncia a convocatoria de oposicións para cubrir case seiscentas prazas de emprego público // Un incendio de gran magnitude destrúe máis dun cento de vehículos nunha empresa de reciclaxe do concello pontevedrés de Nigrán // Lugo é a primeira provincia galega en iniciar hoxe o cambio de frecuencias da Televisión Dixital Terrestre // Hoxe hai xornada de Liga en Segunda: O Deportivo recibe ao Numancia en Riazor e Lugo acolle o "Derbi dos Ancares" // En Ourense convidan hoxe aos conductores a deixar o coche para usar o transporte público. 18/09/19
A xuíza decreta prisión sen fianza para para o presunto autor do triplo crime machista de Valga // Máis de 52 mil alumnos galegos comezan hoxe o curso na Formación Profesional // Comeza a vendima no Pazo Baión, o que fora emblema da loita contra o narcotráfico e que agora emprega a extoxicómanos. 17/09/19
A xuíza decreta prisión sen fianza para para o presunto autor do triplo crime machista de Valga // A capela ardente de Sandra Boquete, da súa irmá Alba e da nai de ambas, María Elena, vaise instalar no auditorio do concello pontevedrés de Valga // Minutos de silencio e concentracións en concellos e institucións de toda Galicia lembraron este mediodía ás tres vítimas // Máis de 52 mil alumnos galegos comezan hoxe o curso na Formación Profesional // Navantia vai comezar a construir no verán de 2020 o seu maior encargo eólico // Comeza a vendima no Pazo Baión, o que fora emblema da loita contra o narcotráfico e que agora emprega a extoxicómanos. 17/09/19
Persiste a inestabilidade atmosférica. Os ceos alternan nubes e claros con chuvascos ocasionais, que serán máis frecuentes e intensos pola tarde, cando poden vir acompañados de treboadas. A provincia de Ourense e case toda a de Lugo, salvo a Mariña, están en alerta amarela por chuvias e treboadas. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso e a sensación será de calmurcio. As máximas nas cidades oscilan entre os 30 graos de Ourense e Lugo e os 24 da Coruña. 17/09/19