O temporal de vento e choiva deixa máis de duas centas incidencias, sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra // Os gandeiros analizan esta tarde que camiño serguir nas súas mobilizacións, logo de cinco días de bloqueo ás industrias transformadoras de leite. No Parlamento, o presidente da Xunta animou aos gandeiros a que se sumen ao acordo coa industria e a distribución que, dixo, contén as máximas disposición legais para conseguir un mellor prezo do leite. O BNG considera demasiado inconcreto o texto e reclamou a Feijóo una acción máis decidida // Alta hospitalaria para un dos catro feridos no Rally da Coruña. Os demáis seguen ingresados e evolucionan favorablemente. 16/09/15
Desaparecen as choivas e o vento segue soprando forte na costa da Coruña e Lugo. 16/09/15
Temporal de auga e vento, que afecta sobre todo á costa sur da Coruña e ao litoral de Pontevedra.
Os gandeiros seguen bloqueando industrias de transformación de leite e consideran insuficiente o anuncio dalgunhas industrias e distribuidoras de pagarlles 2 céntimos máis por litro.
Día grande das festas da Virxe do Cristal, en Vilanova dos Infantes, Celanova. A imaxe actual da Virxe é unha réplica da que roubaron cando asasinaron ao párroco, hai seis meses. (15/09/15)
O primeiro temporal de final de verán chega con moita auga e vento, e afecta sobre todo á costa sur da Coruña e ao litoral de Pontevedra. Rexistráronse 100 litros por metro cuadrado na Barbanza e ventos de 100 kms por hora en Cedeira.
Os gandeiros seguen bloqueando industrias de transformación de leite, como medida de presión para conseguir mellores prezos. Consideran insuficiente o anuncio dalgunhas industrias e distribuidoras de pagarlles 2 céntimos máis por litro; eles piden 6 céntimos.
200 mil alumnos de Eso, Bacharelato e FP comezan hoxe o curso, coa novidade de implantarse a Lomce.
O Deportivo conseguiu en Madrid a súa primeira vitoria da temporada, derrotando ao Rayo Vallecano por 1 a 3.
Día grande das festas da Virxe do Cristal, en Vilanova dos Infantes, Celanova, e frustración entre os veciños por non poder sacala en procesión por mor da choiva. A imaxe é unha réplica da que roubaron cando asasinaron ao párroco, hai seis meses. (15/09/15)
Primeiro temporal de final de verán con moita auga e vento, e afecta sobre todo á costa sur da Coruña e ao litoral de Pontevedra.
Os gandeiros seguen bloqueando industrias de transformación de leite. Consideran insuficiente o anuncio dalgunhas industrias e distribuidoras de pagarlles 2 céntimos máis por litro.
200 mil alumnos de Eso, Bacharelato e FP comezan hoxe o curso, coa novidade de implantarse a Lomce.
O Deportivo conseguiu en Madrid a súa primeira vitoria da temporada, derrotando ao Rayo Vallecano por 1 a 3. (15/09/15)
Toda Galicia segue baixo o forte temporal de auga e vento. (15/09/15)
Os gandeiros tiran máis de 200 mil litros de leite ao non poderen almacenalo, unha vez que se negan a entregarllo ás industrias.
Vegalsa e Mercadona anucian que van subir os prezos de leite dende este mes e a industria Leite Celta di que retira os contratos á braixa que prevía presentarlles aos ganderios para os próximos meses.
A Xunta destina millón e medio de euros para mellorar a ponte romana de Ourense e o da contorna, para darlle maior atractivo turístico e como emblema da cidade. (14/09/15)
Os gandeiros tiran 200 mil litros de leite ao non teren capacidade para almacenalo, unha vez que se negan a entregarllo ás industrias como protesta polos baixos presos
Os tractores bloquean a entrada de leite ás plantas transformadoras. Quedan sen recoller uns 6 millóns de litros de leite ao día en toda Galicia.
Pasa a disposición xudicial o principal sospeitoso de matar a unha peregrina estadounidense que facía o Camiño de Santiago, cerca de Astorga. El declárase inocente.
A Xunta destina millón e medio de euros para mellorar a ponte romana de Ourense e o da contorna, para darlle maior atractivo turístico e como emblema da cidade.
O Celta desperdicia unha vantaxe de dous goles ante o Las Palmas, que xogaba con dez desde os primeiros minutos. Ía gañando 3 goles a 1, e o Las Palmas acaboulle empatando.
En Segunda, o Lugo gañoulle ao Almeria.
O Porto de Vigo espera bater a marca histórica do número de cruceiristas, que ten recibido a cidade nun mes de setembro. (14/09/15)
Os gandeiros tiran 200 mil litros de leite ao non teren capacidade para almacenalo, unha vez que se negan a entregarllo ás industrias como protesta polos baixos prezos.
Os tractores bloquean a entrada de leite ás plantas transformadoras. Quedan sen recoller uns 6 millóns de litros de leite ao día en toda Galicia.
Pasa a disposición xudicial o principal sospeitoso de matar a unha peregrina estadounidense que facía o Camiño de Santiago, cerca de Astorga. El declárase inocente.
A Xunta destina millón e medio de euros para mellorar a ponte romana de Ourense e o da contorna, para darlle maior atractivo turístico e como emblema da cidade.
O Celta desperdicia unha vantaxe de dous goles ante o Las Palmas, que xogaba con 10 desde os primeiros minutos. Ía gañando 3 goles a 1, e o Las Palmas acaboulle empatando.
En Segunda, o Lugo gañoulle ao Almeria. (14/09/15)
Ceos cubertos, á espera esta noite dunha fronte de choivas que chega polo Atlántico. (14/09/15)
Os gandeiros,que durante esta semana atrancaron o tráfico en Santiago, empezaron a retirar os tractores, pero acordaron novas medidas, de presión, pra esixir mellores prezos, para o leite. Farán unha folga de entrega , e impedirán,a entrada e saída de produto, en industrias e almacéns // O grupo de distribución DIA estuda emprender accións legais contra a administración polo bloqueo, durante catro días, do seu centro loxístico para toda Galicia, situado en Santiago // O garda civil que lle disparou ó batería do exgrupo Los Piratas prestou declaración no xulgado de Ponteareas. 11/09/15
Os gandeiros,que durante esta semana atrancaron o tráfico en Santiago, empezaron a retirar os tractores, pero acordaron novas medidas, de presión,pra esixir mellores prezos, para o leite. Farán unha folga de entrega , e impedirán,a entrada e saída de produto,en industrias e almacéns // O grupo de distribución DIA estuda emprender accións legais contra a administración polo bloqueo, durante catro días, do seu centro loxístico para toda Galicia, situado en Santiago. Tamén contra os responsables do bloqueo, que lles está a causar, din , perdas de 3 millóns de euros diarios // O garda civil que lle disparou ó batería do exgrupo Los Piratas di no xulgado de Ponteareas, que investiga a morte do musico, que o fixo porque temeu pola vida do outro garda. A parella da garda civil acudira ó domicilio da vítima, atendendo unha chamada da familia. 11/09/15
Os gandeiros farán unha folga de entrega, e impedirán,a entrada e saída de produto, en industrias e almacéns // O grupo de distribución DIA estuda emprender accións legais contra a administración polo bloqueo, durante catro días, do seu centro loxístico para toda Galicia, situado en Santiago // O garda civil que lle disparou ó batería do exgrupo Los Piratas prestou declaración no xulgado de Ponteareas. 11/09/15
Esta tarde vai chover na zona oeste da provincia da Coruña, porque entra unha borrasca desde o Atlántico. 11/09/15
Milleiros de gandeiros participaron en Santiago e Lugo en manifestacións para reclamar mellores prezos para o leite que producen. Mentres, os tractores seguen a bloquear centros comerciais en Santiago. Nesta cidade e en Lugo, continúan interrompendo o trafico en determinados puntos // A Xunta aproba axudas para os gandeiros que teñan solicitado prestamos para ampliar as granxas ou teñan contratado a mozos. Durante dous anos, non pagarán xuros nin amortización de capital. O Consello tamén dispuxo axudas para a reforma de cociñas e baños en vivendas, con axudas de ata o 40 % do custe do cambio // Hoxe volveron ó colexio 200.000 escolares de infantil e primaria. Despois de dous meses de vacacións, foi un dia para reencontros, ou presentacións, de compañeiros e profesores, e de comezar a adaptarse á rutina de clases, transporte e comedores. 10/09/15
Milleiros de gandeiros participaron en Santiago e Lugo en manifestacións para reclamar mellores prezos para o leite que producen. Mentres, os tractores seguen a bloquear centros comerciais en Santiago. Nesta cidade e en Lugo, continúan interrompendo o trafico en determinados puntos // A Xunta aproba axudas para os gandeiros que teñan solicitado prestamos para ampliar as granxas ou teñan contratado a mozos. Durante dous anos, non pagarán xuros nin amortización de capital. O Consello tamén dispuxo axudas para a reforma de cociñas e baños en vivendas, con axudas de ata o 40 % do custe do cambio // Hoxe volveron ó colexio 200.000 escolares de infantil e primaria. Despois de dous meses de vacacións, foi un dia para reencontros, ou presentacións, de compañeiros e profesores, e de comezar a adaptarse á rutina de clases, transporte e comedores. 10/09/15
Milleiros de gandeiros participaron en Santiago e Lugo en manifestacións para reclamar mellores prezos para o leite que producen // A Xunta aproba axudas para os gandeiros que teñan solicitado prestamos para ampliar as granxas ou teñan contratado a mozos // Hoxe volveron ao colexio 200.000 escolares de infantil e primaria. 10/09/15
Esta tarde, abriranse claros. As temperaturas, apenas sofren cambios. Para mañá venres, agárdanse choivas. 10/09/15
O Presidente da Xunta confía en que saian resultados positivos da reunión DE mañá no Ministerio entre administración, produtores de leite, industria e distribución. Díxoo logo de recibir aos gandeiros que protestan cos seus tractores PEDINDO un prezo para o leite en orixe que lles cubra os custes de produción // No polígono do Tambre, en Santiago, un grupo de manifestantes levan dende onte atrancando a entrada do almacén da cadea de distribución Día // A normativa de seguridade nos Rallyes podería cambiar, logo do tráxico sinistro de Carral, no que faleceron 7 persoas e 16 quedaron feridas. 09/09/15
A situación pola que pasan os produtores de leite, é tratada nunha reunión entre representantes dos gandeiros e a Xunta. O Presidente, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola Conselleira de Medio Rural, recibiu a representantes dos principais sindicatos agrarios, das cooperativas, e das organizacións de produtores que lle expoñen as súas reivindicacións, dun prezo que lles cubra os custes de producción // A normativa de seguridade nos Rallyes podería cambiar, logo do tráxico sinistro de Carral, no que faleceron 7 persoas e 16 quedaron feridas. A Federación Internacional de Automobilismo, que vai esixir maior coordinación nas probas para cumprir a regulamentación, algo que ata agora non sempre pasaba // Os xulgados de Vigo e A Coruña creados para atender casos de afectados por participacións preferentes manterán a súa actividade ata o 31 de decembro. Así o confirmou o director xeral de xustiza, alegando o elevado número de asuntos que se manteñen por resolver. 09/09/15