Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A policía ampliou a Galicia a busca do home da parella sospeitosa de ter asasinado, en Oviedo, a un neno de dous anos, fillo da muller.  El é orixinario da Coruña, e o seu nome  é Daniel Fuentes Varela, segundo fontes da investigación. A busca dos dous céntrase na  zona de Málaga, logo de que, perto de Oviedo, fora localizado o cadáver do neno, a principios de semana, ao carón dunha vía do tren.

  Satisfacción na afección do celta e todo o mundo futbolístico galego, logo de que o xogador celeste Nolito fora  convocado  para o próximo partido da Selección, fronte a Bielorrusia. 

    19.000 familias numerosas en Galicia poderán beneficiarse de descontos no transporte metropolitano.  Reducións dun 20% para as de tres fillos e ata o 50% para as que de cinco ou máis. (07/11/14)

Despois dunha noite de moita chuvia este venres comezou con ceos bastante despexados que nos deixaron ver o sol. 

As temperaturas mínimas subiron e as máximas mantéñense en torno os 14-16 graos. (07/11/14)

A policía ampliou a Galicia a busca do home da parella sospeitosa de ter asasinado, en Oviedo, a un neno de dous anos, fillo da muller.  Él é orixinario da Coruña, e o seu nome  é Daniel Fuentes Varela, segundo fontes da investigación. A busca dos dous céntrase na  zona de Málaga, logo de que, perto de Oviedo, fora localizado o cadáver do neno, a principios de semana, ao carón dunha vía do tren.

  Satisfacción na afección do celta e todo o mundo futbolístico galego, logo de que o xogador celeste Nolito fora  convocado  para o próximo partido da Selección, fronte a Bielorrusia. 

    19.000 familias numerosas en Galicia poderán beneficiarse de descontos no transporte metropolitano. Reducións dun 20% para as de tres fillos e ata o 50% para as que de cinco ou máis. (07/11/14)

A policía ampliou a Galicia a busca do home da parella sospeitosa de ter asasinado, en Oviedo, a un neno de dous anos, fillo da muller.

  Satisfacción na afección do celta logo de que o xogador celeste Nolito fora  convocado  para o próximo partido da selección.

    19.000 familias numerosas en Galicia poderán beneficiarse de descontos no transporte metropolitano. (07/11/14)

Escenas de ledicia e de cariño familiar, na casa de Becerreá en Lugo onde descansa xa Teresa Romero, a primeira persoa infectada de ébola, fóra de África.

 Teresa dixo hoxe que xa  puido comer o caldo e a empanada que lle preparou súa nai.

    A Xunta destina 4 millóns de euros a un programa para reter a investigadores galegos.  Ofreceralles contratos estables de 5 anos de duración.

  En Consello tamén aprobou unha estratexia para a integración social da poboación xitana, con  90 medidas entre as que destaca mellorar a educación dos nenos deste colectivo

 O 90% dos casos de violencia infantil son detecta dos polos profesionais sanitarios. 

A Xunta e máis o consello galego de enfermaría preparan unha guía dirixida o persoal sanitario para actuar en caso de malos tratos infantís. (06/11/14)

Primeira comparecencia pública de Teresa Romero, a auxiliar de enfermeiría galega que superou o ébola // Case catro horas estiveron reunidos o presidente da Xunta e mais o líder dos socialistas galegos // Abanca obtivo uns beneficios de 474 millóns de euros, nos nove primeiros meses do ano. 05/11/14 

A inxente cantidade de raios que caeron en moitas zonas de Galicia é o efecto máis destacado do temporal na xornada de hoxe. Descargaron máis de mil sobre terra, pero en total rexistráronse por riba de seis mil, a maioría deles sobre o mar // O paro subiu en Galicia en outubro en 5.800 persoas, cunha porcentaxe do 2,45%, superior á media estatal. O incremento notouse sobre todo no sector servizos e na agricultura polo fin da campaña de verán; baixou na industria. Tamén baixou o número de afiliados á seguridade social en case 4.000 persoas // A biblioteca da cidade da cultura conta a partir de hoxe con sesenta e nove incunables. Son uns fondos cedidos por Abanca  ademais de outros 3500 valiosos libros editados entre os séculos XV e principios do XX. 04/11/14 

A inxente cantidade de raios que caeron en moitas zonas de Galicia é o efecto máis destacado do temporal na xornada de hoxe. Descargaron máis de mil sobre terra, pero en total rexistráronse por riba de seis mil, a maioría deles sobre o mar // O paro subiu en Galicia en outubro en 5.800 persoas, cunha porcentaxe do 2,45%, superior á media estatal. O incremento notouse sobre todo no sector servizos e na agricultura polo fin da campaña de verán; baixou na industria. Tamén baixou o número de afiliados á seguridade social en case 4.000 persoas // A biblioteca da cidade da cultura conta a partir de hoxe con sesenta e  nove incunables. Son uns fondos cedidos por Abanca  ademais de outros 3500 valiosos libros editados entre os séculos XV e principios do XX. 04/11/14 

A inxente cantidade de raios que caeron en moitas zonas de Galicia é o efecto máis destacado do temporal na xornada de hoxe // O paro subiu en Galicia en outubro en 5.800 persoas, cunha porcentaxe do 2,45%, superior á media estatal // A biblioteca da cidade da cultura conta a partir de hoxe con sesenta e nove incunables. 04/11/14

A borrasca que nos está a afectar deixou xa intensas precipitacións. Na zona coruñesa de Boiro acadáronse os 70 litros por metro cadrado. En Cedeira, tamén na costa coruñesa, o vento superou os 130 km/hora e as temperaturas baixaron dez graos, respecto ás que tiñamos hai unha semana // Arden dúas casas en Betanzos esta madrugada. Ao parecer un cepo de madeira que quedou prendido toda a noite nunha lareira, puido ser a causa do lume. Hai dous feridos leves entre eles a filla do dono das vivendas // O tamaño dos barcos que constrúen os estaleiros galegos estalles a impedir aproveitar os beneficios fiscais do novo Tax Lease, autorizado pola Unión Europea.  Mentres os vascos están a fabricar xa buques duns 40 millóns de custe, os de Vigo aínda non conseguiron ningún contrato novo con este sistema. 03/11/14

A borrasca que nos está a afectar deixou xa intensas precipitacións. Na zona coruñesa de Boiro acadáronse os 70 litros por metro cadrado. En Cedeira, tamén na costa coruñesa, o vento superou os 130 km/hora e as temperaturas baixaron dez graos, respecto ás que tiñamos hai unha semana // O consello de contas pide mais medios e material para poder previr a corrupción, no caso de que este órgano fiscalizador do sector publico asuma ese novo cometido // A busca de saídas laborais está a mudar a demanda de estudos superiores. Cada vez son máis os que optan pola formación profesional. A FP duplicou o número de alumnos nos últimos cinco anos chegando aos cincuenta mil. 03/11/14

A borrasca que nos está a afectar deixou xa intensas precipitacións // O consello de contas pide mais medios e material para poder previr a corrupción // A busca de saídas laborais está a mudar a demanda de estudos superiores. Cada vez son máis os que optan pola formación profesional. 03/11/14 

Precipitacións xeneralizadas e descenso das temperaturas. Ese é o resumo do prognóstico do tempo. Pola noite, as chuvias quedarán en forma de chuvascos  intermitentes. 03/11/14

A Xunta confirma o interese da multinacional Gestamp por establecer en Ferrol unha factoría de torres para aeroxeneradores mariños. Aproveitaría instalacións de Navantia agora sen uso. De materializarse, o proxecto suporía un investimento de 100 millóns de euros e a creación duns 700 postos de traballo // Os cemiterios de toda Galicia reciben hoxe os útimos retoques para os días do ano nos que reciben máis visitas. A colocación das flores nos nichos e panteóns é outra das esceas que se repiten por toda a nosa xeografía. Rosas e crisantemos son as máis demandadas, nunha data na que soben considerablemente de prezo // 3 persoas están ingresadas, en estado grave, en Ourense, debido á inxestión de cogomelos velenosos. Trátase dun matrimonio e o seu fillo, veciños de Seixalbo. Foron hospitalizados, logo de consumir algún exemplar do xénero Amanitas. Teñen moi danados o fígado e os riles. 31/10/14

Os cemiterios de toda Galicia reciben hoxe os últimos retoques para os días do ano nos que reciben máis visitas. A colocación das flores nos nichos e panteóns é outra das escenas que se repiten por toda a nosa xeografía. Rosas e crisantemos son as máis demandadas, nunha data na que soben considerablemente de prezo // A Xunta confirma o interese da multinacional Gestamp por establecer en Ferrol unha factoría de torres para aeroxeneradores mariños. Aproveitaría instalacións de Navantia agora sen uso. De materializarse, o proxecto suporía un investimento de 100 millóns de euros e a creación duns 700 postos de traballo // Riazor prepárase para recibir ao Getafe esta noite. O Dépor quere aproveitar a boa racha que lle permitiu sumar puntos nos dous últimos encontros e manterse alonxados da parte baixa da táboa. Mentres, o Celta xa está en Barcelona onde adestrará esta tarde antes do difícil compromiso de mañá ante o Barça do seu extécnico Luís Enrique. 31/10/14 

Os cemiterios de toda Galicia reciben hoxe os últimos retoques para os días do ano nos que reciben máis visitas // A Xunta confirma o interese da multinacional Gestamp por establecer en Ferrol unha factoría de torres para aeroxeneradores mariños // Riazor prepárase para recibir ao Getafe, mentres o Celta xa está en Barcelona para o difícil compromiso de mañá ante o Barça. 31/10/14