O sol vainos acompañar toda a fin de semana, sobre todo nas comarcas situadas perto do Atlántico. No interior está máis anubrado. 13/03/14
Estabilizar o casco do "Santa Ana", afundido frontre á costa de Avilés, en Asturias. Ese é o obxectivo dos mergulladores que hoxe poden traballar en mellores condicións, gracias á melloría do tempo no mar.
Equipos especiais da Garda Civil súmanse hoxe ás tarefas para poder entrar no barco, en busca dos 6 mariñeiros desaparecidos.
A esta hora está previsto que unha representación da flota do cerco se entreviste co vicepresidente da Xunta. Queren que se renegocien as cotas de pesca en todo o Cantábrico. Unha reunión que conseguiron logo de que esta mañá volveran ao Parlamento. Onte protagonizaron un encerrro durante oito horas e unha batalla campal coa policía nos arredores do Pazo do Hórreo
Os peritos do accidente de Angrois inspeccionaron esta mañá o lugar do descarrilamento. Teñen que elaborar o informe preliminar que lles pediu o xuiz que instrúe o caso, que non descarta imputar a cargos do ADIF.
Agardan entregalo no prazo dun mes. (12/03/14)
Estabilizar o casco do "Santa Ana", afundido frontre á costa de Avilés, en Asturias. Ese é o obxectivo dos mergulladores que hoxe poden traballar en mellores condicións, gracias á melloría do tempo no mar.
Equipos especiais da Garda Civil súmanse hoxe ás tarefas para poder entrar no barco, en busca dos 6 mariñeiros desaparecidos.
A esta hora está previsto que unha representación da flota do cerco se entreviste co vicepresidente da Xunta. Queren que se renegocien as cotas de pesca en todo o Cantábrico. Unha reunión que conseguiron logo de que esta mañá volveran ao Parlamento. Onte protagonizaron un encerrro durante oito horas e unha batalla campal coa policía nos arredores do Pazo do Hórreo
A Xunta vai aprobar este mes un codigo ético para regular o comportamento dos cargos públicos e loitar contra a corrupción. AGE e BNG pedíronlle hoxe a Núñez Feijóo que destitúa aos 7 concelleiros do PP de Santiago que terán que declarar en xuizo oral acusados de prevaricación. Feijóo reiteroulles que eses concelleiros actuaron respaldados por 4 informes previos que avalaban a sua actuación. (12/03/14)
Estabilizar o casco do "Santa Ana", afundido frontre á costa de Avilés, en Asturias.
A esta hora está previsto que unha representación da flota do cerco se entreviste co vicepresidente da Xunta.
A Xunta vai aprobar este mes un código ético para regular o comportamento dos cargos públicos e loitar contra a corrupción. (12/03/14)
Seguimos aliados co bó tempo en Galicia. Segundo os meteorólogos este agasallo ímolo disfrutar polo menos ata a semana que ven. (12/03/14)
Sen visibilidade e co barco moi inestable aínda os mergulladores de Salvamento marítimo desistiron hoxe de seguir buscando os seis desaparecidos no naufraxio do Santa Ana. Mañá volverán avaliar a mellor maneira de entrar no pecio e preparar unha operación para estabilizalo // Esta tarde podería chegar á súa casa de Muros o segundo patrón do pesqueiro afundido. O único supervivente do naufraxio, que saía este mediodía do hospital de Avilés. Tamén en Muros é velado hoxe o cadáver doutro veciño da localidade, un dos dous corpos recuperados, logo do afundimento // O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, declarou esta mañá ante o fiscal de delitos económicos. Segundo explicou o propio Louzán a investigación céntrase no aluguer dun local comercial en Vigo, a nome seu e da súa muller, e se se axusta ou non ao prezo de mercado. 11/03/14
Sen visibilidade e co barco moi inestable aínda os mergulladores de Salvamento marítimo desistiron hoxe de seguir buscando os seis desaparecidos no naufraxio do Santa Ana. Mañá volverán avaliar a mellor maneira de entrar no pecio e preparar unha operación para estabilizalo // Esta tarde podería chegar á súa casa de Muros o segundo patrón do pesqueiro afundido. O único supervivente do naufraxio, que saía este mediodía do hospital de Avilés. Tamén en Muros é velado hoxe o cadáver doutro veciño da localidade, un dos dous corpos recuperados, logo do afundimento // Nace en Galicia unha Plataforma para reclamar a devolución do céntimo sanitario aos transportistas. As dúas Federacións galegas FETRAM, e FEGATRANS, que reúnen a 1500 empresas, calculan que na nosa comunidade o sector pode recuperar 150 millons de euros, mais os xuros legais pola aplicación dese imposto aos hidrocarburos. 11/03/14
Seguimos con ceos despexados e temperaturas agradables, que rondan os 20 graos en toda Galicia. Aínda que as mínimas baixaron algo. 11/03/14
Sen visibilidade e co barco moi inestable aínda os mergulladores de Salvamento marítimo desistiron hoxe de seguir buscando os seis desaparecidos no naufraxio do Santa Ana // Esta tarde podería chegar á súa casa de Muros o segundo patrón do pesqueiro afundido // Nace en Galicia unha Plataforma para reclamar a devolución do céntimo sanitario aos transportistas. 11/03/14
Buscan aos seis desaparecidos no naufraxio do Santa Ana, un pesqueiro de Muros que naufragou esta mañá fronte a costa asturiana. Salvamento maríritmo recuperou os corpos de dous mariñeiros, un deles muradán. Mentres continua hospitalizado en Áviles o único supervivinte, o patrón do arrastreiro tamén desta vila coruñesa // Desde hoxe tódolos profesionais de atención primaria poderán consultar por teléfono. Amplíase a pediatras, matronas, enfermeiros ou traballadores sociais este servizo, mediante o cal se fixeron xa 116.000 consultas cos médicos de cabeceira desde que se puxo en marcha en decembro // Ferrol centra os actos do Día da Clase Obreira Galega. No Institucional organizado polo Concello, con asistencia dos sindicatos UGT e Comisión Obreiras, un grupo de manifestantes interrompeu a intervención do Alcalde, con berros e protestas contra as políticas das administracións central, autonómica e local. 10/03/14
Buscan aos seis desaparecidos no naufraxio do Santa Ana, un pesqueiro de Muros que naufragou esta mañá fronte a costa asturiana. Salvamento maríritmo recuperou os corpos de dous mariñeiros, un deles muradán. Mentres continua hospitalizado en Áviles o único supervivinte, o patrón do arrastreiro tamén desta vila coruñesa // Desde hoxe tódolos profesionais de atención primaria poderán consultar por teléfono. Amplíase a pediatras, matronas, enfermeiros ou traballadores sociais este servizo, mediante o cal se fixeron xa 116.000 consultas cos médicos de cabeceira desde que se puxo en marcha en decembro // Preocupación entre os traballadores de Sargadelos en Cervo trala solicitude de concurso de acreedores por parte da empresa ceramista. Tanto os empregados como o consello de administración pensan que este emblema da cultura galega ten viabilidade e futuro empresarial. 10/03/14
Buscan aos seis desaparecidos no naufraxio do Santa Ana, un pesqueiro de Muros que naufragou esta mañá fronte a costa asturiana // Os mariñeiros do cerco levan as súas reivindicacións á catedral de Santiago // Desde hoxe tódolos profesionais de atención primaria poderán consultar por teléfono. 10/03/14
Seguimos con sol e temperaturas agradables, que acadarán valores por riba dos vinte graos en moitos puntos. 10/03/14
Protesta dos mariñeiros da flota do cerco na Coruña, pedindo un reparto da cota da xarda e do xurel que sexa por tripulante e non por barco // Declara no xulgado o xefe de maquinistas de Ourense que alertara sobre a perigosidade da curva de Angrois, ano e medio antes do accidente // Primeira fin de semana de sol, logo de tres meses de temporais. 07/03/14
Protesta dos mariñeiros da flota do cerco na Coruña, pedindo un reparto da cota da xarda e do xurel que sexa por tripulante e non por barco // Declara no xulgado o xefe de maquinistas de Ourense que alertara sobre a perigosidade da curva de Angrois, ano e medio antes do accidente // O exalcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, apórta no xulgado nova documentación sobre a súa imputación na Pokemon // Milleiros de mulleres fan múltiples esforzos e combinacións cada día para conciliar o coidado dos fillos co traballo // Rafiña, case descartado para o encontro de mañá en Balaídos contra o Atlético de Madrid. O Obradoiro recibe o domingo ao invicto Real Madrid, coas entradas esgotadas // Radio 3 homenaxea mañá en Vigo á canteira musical galega, unha das máis prolíficas da música española nos últimos anos. Vai ser a partir das doce do mediodía no auditorio Mar de Vigo, con entrada libre. 07/03/14
Protesta dos mariñeiros da flota do cerco na Coruña, pedindo un reparto da cota da xarda e do xurel que sexa por tripulante e non por barco // Declara no xulgado o xefe de maquinistas de Ourense que alertara sobre a perigosidade da curva de Angrois, ano e medio antes do accidente // Milleiros de mulleres fan múltiples esforzos e combinacións cada día para conciliar o coidado dos fillos co traballo // Rafiña, case descartado para o encontro de mañá en Balaídos contra o Atlético de Madrid. O Obradoiro recibe o domingo ao invicto Real Madrid, coas entradas esgotadas // Radio 3 homenaxea mañá en Vigo á canteira musical galega, unha das máis prolíficas da música española nos últimos anos. Vai ser a partir das doce do mediodía no auditorio Mar de Vigo, con entrada libre. 07/03/14
Primeira fin de semana de sol, logo de tres meses de temporais. 07/03/14
Os mariñeiros e armadores da flota de cerco de toda Galicia reclamaron hoxe en Vigo, un reparto das cotas de xurelo e xarda segundo o número de tripulantes de cada barco. A protesta saldouse con tres detidos, unha carga policial na entrada do porto pesqueiro e lanzamento de pedras no edificio da Xunta // A Xunta aproba a incorporación do libro dixital ao ensino público. A partir do próximo curso estará dispoñible unha plataforma de contidos gratuitos. Irase imprantando progresivamente co obxetivo de chegar nos próximos tres anos a 22.000 alumnos. Suporá un aforro de catro millóns de euros // O emblemático grupo Sargadelos solicita o concurso de acredores debido ós problemas financieiros da empresa, que esta a sufrir unha baixada nas vendas equiparable a outras do sector. Os xestores confían en conservar cen postos de traballo e a rede de tendas, porque o deseño da marca é a mellor arma para competir. 06/03/14
Os mariñeiros e armadores da flota de cerco de toda Galicia reclamaron hoxe en Vigo, un reparto das cotas de xurelo e xarda segundo o número de tripulantes de cada barco. A protesta saldouse con tres detidos, unha carga policial na entrada do porto pesqueiro e lanzamento de pedras no edificio da Xunta // A Xunta aproba a incorporación do libro dixital ao ensino público. A partir do próximo curso estará dispoñible unha plataforma de contidos gratuitos. Irase imprantando progresivamente co obxetivo de chegar nos próximos tres anos a 22.000 alumnos. Suporá un aforro de catro millóns de euros // Ingresa en prisión un veciño da Coruña acusado de presuntos delictos de tenza de pornografía infantil e corrupción de menores. O home foi detido tras levar o seu ordenador a arranxar. No taller avisaron á policía ao comprobar que o aparato contiña numeroso material de contido pornográfico protagonizado por menores. 06/03/14
As protestas da flota do cerco de toda Galicia en Vigo sáldanse con tres detidos e unha carga policial no porto // A Xunta aproba a incorporación do libro dixital ao ensino público // Ingresa en prisión un veciño da Coruña acusado de presuntos delictos de tenza de pornografía infantil e corrupción de menores. 06/03/14