Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Alberto Nuñez Feijoo acusou a Pachi Vazquez de deixarse arrastrar pola actitude de Alternativa Galega de Esquerdas e pediulle que dialogue. Vazquez, a sua vez, acusouno de ocultar un informe do consello de contas sobre o deficit de 2010 // A Axencia Tributaria embargou en Vilagarcía de Arousa bens vencellados ó narcotráfico na Operación Manzano que comenzou en 2012 ó detectar o nivel de vida dun veciño desempregado. 15/05/13

Alberto Nuñez Feijoo acusou a Pachi Vazquez de deixarse arrastrar pola actitude de AGE e pediulle que dialogue. Vazquez, a sua vez, acusouno de ocultar un informe do consello de contas sobre o deficit de 2010. Nunha bronca sesion parlamentaria, Yolanda Diaz, preguntoulle a Feijóo se chamara ao Sergas para que non se lle fixera a autopsia ao chofer da Xunta que fora man dereita de Dorado // O Alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco anunciou que pedirá amparo ao Consello do Poder Xudicial se a xuíza que instrúe a operación Pokemon non levanta o segredo do sumario. Orozco calificou de infamia as acusacións de que cobrou subornos da empres concesionaria do guindastre municipal // O xuízo contra Novagalicia Banco pola comercialización de participacións preferentes xa ten data. Vaise celebrar en setembro. Foi a Fiscalía Superior de Galicia quen presentou unha demanda colectiva contra a entidade bancaria para dar solución a este problema que afecta a milleiros de galegos. 15/05/13

Alberto Nuñez Feijoo acusou a Pachi Vazquez de deixarse arrastrar pola actitude de Alternativa Galega de Esquerdas e pediulle que dialogue. Vazquez, a sua vez, acusouno de ocultar un informe do consello de contas sobre o deficit de 2010 // O Alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco anunciou que pedirá amparo ao Consello do Poder Xudicial se a xuíza que instrúe a operación Pokemon non levanta o segredo do sumario. 15/05/13

Un borrasca que está agora mesmo sobre Irlanda vaise ir achegando a nós e con ela as chuvias e sobre un descenso das temperaturas. Cada día un pouco máis. 15/05/13

Un Farmacéutico ourensán, de Chandrexa de Queixa, foi detido pola Garda Civil acusado de estafarlle supostamente ao Sergas máis de 9.000 euros. Ao parecer facía encargos dos medicamentos que sabía que se consumían na súa zona e logo cobráballos á sanidade pública,ainda que os supostos enfermos non os pasasen recoller // O alcalde de Lugo, imputado na Operación Pokemon, negou hoxe rotundamente recibir subornos da empresa do guindastre municipal a cambio da concesión do servizo. Un xornal recolle o último auto desta macroinvestigación no que a xuíza instructora sospeita de presuntos pagos mensuais ó rexedor e o exconcelleiro Fernández Liñares. 14/05/13

Un Farmacéutico ourensán, de Chandrexa de Queixa, foi detido pola Garda Civil acusado de estafarlle supostamente ao Sergas máis de 9.000 euros // As comunicacións por tren e por autovía van ser máis fluidas entre Galicia e Portugal. Para o tren que une Vigo e Porto xa servirá un billete único, a partir do 1 de xullo e, dentro de tres anos, a viaxe durará unha hora menos ao rematarse a electrificación desta vía transfronteiriza // Celta e Deportivo seguen queixandose das arbitraxes da ultima xornada, que complican a permanencia dos dous eqipos. O xuiz de liña que anulou o gol legal do Celta ante o Betis foi amonestado retirandoo do proximo partido que tiña asignado. Na Coruña lamentan un gol semellante mal anulado en Valladolid, e o empate do posible rival pola permanencia, o Granada, no ultimo segundo do desconto ante a Real Sociedad. 14/05/13

Un Farmacéutico ourensán, de Chandrexa de Queixa, foi detido pola Garda Civil acusado de estafarlle supostamente ao Sergas máis de 9.000 euros // As comunicacións por tren e por autovía van ser máis fluidas entre Galicia e Portugal // Celta e Deportivo seguen queixandose das arbitraxes da ultima xornada, que complican a permanencia dos dous equipos. 14/05/13

Os principais bancos acreedores concedéronlle a Pescanova un préstamo duns 50 millóns de euros para poder realizar pagos urxentes e evitar a quebra.A condición que lle pón a banca á empresa pesqueira é ter prioridade para cobrar fronte ao resto dos acreedores. Ese novo préstamo destinarase a pago a proveedores e traballadores para que as empresas do grupo poidan seguir funcionando // Máis de setecentos postos de atención están preparados para apoiar aos contribuintes galegos na declaración da renda. A campaña presencial comeza hoxe e durará ata ao 1 de xullo e para ser atendido nun destes postos hai que pedir cita. 13/05/13

A Xunta quere crear tres mil cincocentas novas prazas en escolas infantís para nenos de entre cero e tres anos. O Presidente Núñez Feijóo lembrou que, na pasada lexislatura, se crearon en toda Galicia tres mil novas prazas para atender a estes nenos pequenos // O Grupo Parlamentario Popular ten previsto enviarlles hoxe aos outros grupos esa proposta de recortar de 75 a 61o número de deputados. O seu portavoz destaca que se trata de cumprir unha promesa electoral. A oposición amósase en contra por que o considera un pretexto do PP para reducir a proporcionalidade da Cámara // Celta e Deportivo afrontan con complicacion a recta final da Liga trala ultima xornada. O arbitro anuloulles aos vigueses un gol contra o Betis, co que perderon pola minima, e quedan ao borde da Segunda. Ao Depor tamen lle anularon un gol legal en Valladolid, onde perderon igualmente por 0 a 1.Queda a dous puntos da permanencia. 13/05/13

A Xunta quere crear tres mil cincocentas novas prazas en escolas infantís para nenos de entre cero e tres anos // O Grupo Parlamentario Popular ten previsto enviarlles hoxe aos outros grupos esa proposta de recortar de 75 a 61o número de deputados // Celta e Deportivo afrontan con complicacion a recta final da Liga trala ultima xornada. 13/05/13

Comezamos semana con sol e con temperaturas que hoxe poden subir algo máis sobre todo polo sur. O anticiclón que nos acompaño nos últimos días vaI ir dando paso a unha borrasca, tal como nos conta xa Martín Barreiro. 13/05/13

Satisfacción entre os milleiros de propietarios de vivendas ao carón do litoral que agora van poder ser legalizadas, a raiz da lei aprobada // O Consello da Xunta puxo en marcha os Grupos de Emerxencias Supramunicipais que terán entre os seus cometidos combater os incendios forestais. O Goberno tamén destionou 10 millons de euros a un programa de internacionalización das PYMES. 10/05/13

Satisfacción entre os milleiros de propietarios de vivendas ao carón do litoral que agora van poder ser legalizadas, a raiz da lei aprobada, no Congreso dos Deputados. Onde hai diferenzas de valoración é respecto á posible legalización de industrias coma ENCE, situadas ao carón da costa e que agora ven aberta a posibilidade de prórroga da súa autorización // Concluido o estudo das lamas do fondo da Ría do Burgo. Agora esa análise servirá para redactar o proxecto para a súa recuperación ambiental. A limpeza e dragado podería comezar a finais do ano que ven // O Consello da Xunta puxo en marcha os Grupos de Emerxencias Supramunicipais que se van ocupar das que se produzan en todo o territorio, e tamén de combater os incendios forestais. 10/05/13

Satisfacción entre os milleiros de propietarios de vivendas ao carón do litoral que agora van poder ser legalizadas, a raiz da lei aprobada, no Congreso dos Deputados // O Consello da Xunta puxo en marcha os Grupos de Emerxencias Supramunicipais que se van ocupar das que se produzan en todo o territorio, e tamén de combater os incendios forestais. 10/05/13

O sol e o vento do norte marcan esta xornada de venres. Sen apenas nubes notamos temperaturas mínimas algo máis baixas cas destes días. As máximas quedarán en torno os dezasete graos na meirande parte de Galicia. 10/05/13

Milleiros de persoas participaron nas manifestacións que acompañaron, esta mañá, á folga convocada en tódolos niveis do ensino contra a política educativa do Goberno Central // O Congreso aprobará esta tarde a reforma da lei de costas, que en Galicia legalizará unas oito mil vivendas. Tamen abre á porta a que ENCE quede na Ría de Pontevedra máis aló de 2018. 09/05/13

Moitas aulas baleiras hoxe e outras con poucos alumnos. Son os efectos da folga contra a política educativa do Goberno e a reforma plantexada polo Ministro Wert. Unha folga acompañada por manifestacións que tiveron lugar este mediodía nas principais cidades e en máis dunha ducia de vilas e nas que participaron milleiros de persoas // Os fabricantes galegos de conserva ven perigar 10 mil empregos no sector en Galicia se se eliminan os aranceis á importacion de atun deTailandia, que é o primeiro productor mundial. Acaban de pedirlle o ministro de Pesca, que os defenda ante Bruselas // O Congreso aprobará esta tarde a reforma da lei de costas, que en Galicia legalizará unas 8 mil vivendas. Tamen abre á porta a que ENCE quede na Ría de Pontevedra máis aló de 2018 // O Celta xogou unha boa primeira parte, pero xusto no inicio da segunda o Atletico de Madrid marcou o primeiro dos 3 goles, cos que deixa aos celestes a un paso de segunda division. 09/05/13

Moitas aulas baleiras hoxe e outras con poucos alumnos. Son os efectos da folga contra a política educativa do Goberno e a reforma plantexada polo Ministro Wert // O Congreso aprobará esta tarde a reforma da lei de costas. En Galicia legalizará unas 8 mil vivendas. 09/05/13

A predicciòn do tempo anuncia que comeza a restablecerse a influencia anticiclónica. Esta tarde empezaranse a abrir claros ao tempo que soben as temperaturas máximas pero baixan as mínimas. 09/05/13