Galicia Informativos   Informativo Galicia - 02/07/2015 02/07/2015 50:13

-Rexistro xudicial na Deputación de Lugo. Axentes da UDEF acompañaron á secretaria do xulgado número un, que dirixe Pilar de Lara, para reclamar información relativa ós contratos e a relación de postos de traballo desde o ano 2003.

-O paro baixa no mes de xuño en Galicia en case 8.000 persoas. Galicia foi unha das comunidades nas que mais baixou o desemprego: mais dun punto por riba da media estatal.

-No concello de Ferrol, o BNG permite que o PP obteña mais representación nos órganismos públicos, ó votar en contra do equipo de goberno de Ferrol en Común e do Psoe.

-Reunión entre o alcalde de Santiago, Martiño Noriega e o arzebispo compostelán, Julián Barrio, que os dous cualificaron de cordial. Julián Barrio non cree que a ausencia do goberno local de actos relixiosos, como a Ofrenda ó Apóstolo, enturbie as relacions coa igrexa.

Galicia Informativos
Más opciones