Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

As probas serolóxicas confirman seis positivos entre os membros da exedición do Fuenlabrada, que siguen confinados nun hotel da Coruña. A Xunta e a comunidade de Madrid, abren expedientes para investigar si se incumpriu o protocolo deportivo de prevención de contaxios. 

//A Consellería de Sanidade decide poñer fin ao confinamento de Burela, o único concello que quedaba con restriccións para entrar ou sair, a raíz do brote de Covid-19 detectado na Mariña. Os casos activos alí baixan a 69, dez menos que o día anterior. Mantense o chamamento a extemar as precacións e evitar conductas sociais de risco.

// Os sindicatos do ensino comenzan diante da Consellería de Educación, en San Caetano, a mobilización contra o protocolo previsto para reemprender as clases presenciais o próximo curso. Consideran que as medidas non garanten a saúde de profesores e alumnos e delega a responsabilidade nos profesionais dos centros. (22/07/2020)

Illados no hotel da Coruña os 46 membros da expedición do Fuenlabrada. Esta tarde coñecerán o resultado dos test realizados polos técnicos do Sergas, logo de que oito deles deran positivo nunha proba realizada antes de emprender a viaxe para xogar co Deportivo. A Xunta e o Concello coruñés reclaman explicacións ós responsables da Liga e do equipo madrileño. 

//Os positivos detectados entre o Fuenlabrada obligan a suspender o partido co Deportivo, que quedou descendido matemáticamente a Segunda División B. O Lugo consegue a permanencia ao vencer ao Mirandés no Anxo Carro.

//O número de casos positivos de Covid-19 en Galicia baixa a 178, son 24 menos que o día anterior. Lugo é a área sanitaria con máis casos, 106, e a de Ferrol sigue libre de contaxios. 7 pacientes están hospitalizados e non hai ningún nas UCi. (21/07/2020)

O voto dos residentes ausentes agranda a maioría de Núñez Feijóo. O reconto provisional dá ao Partido Popular o escano en disputa por Pontevedra e suma un total de 42 deputados. Os socialistas quedan con 14, os mesmos que tiveron na pasada lexislatura. 

//Os casos activos de Covid-19 continúan á baixa, cun total de 202, cinco menos que onte. A Área sanitaria de Ferrol convírtese na primeira de Galicia libre de contaxios e Os brotes de Burela e Betanzos considéranse estabilizados ao non detectarse novos positivos. 

// Alivio na afección do Celta, ao lograr a salvación da categoría con apenas un empate ante o Español e gracias a unha combinación de resultados de equipos rivais. Para o Depor, a cita decisiva será esta noite ante o Fuenlabrada para seguir ou non na Segunda División. (20/07/2020)

A Xunta fai obrigatorio, tamén en Galicia, o uso da máscara ainda en situacións onde se poida garantir a distancia de seguridade. Os positvios relacionados co Brote de Covid-19 detectado en Betanzos ascenden a 10, logo de confirmarse un unico caso novo máis nas últimas horas, con 60 probas realizadas. En toda Galicia os casos activos baixan en tres, ata un total de 224.

// Rexeitamento frontal dos sindicatos do ensino ao plan deseñado pola consellería de educación para retomar as clases o próximo curso. Piden contratar máis persoal para reducir o número de alumnos por aula para garantir a distancia mínima entre eles, e anuncian mobilizacións.

//As principais compañías galegas e nacionais danse cita dende hoxe na nova edición da Mostra de Teatro de Ribadavia. Todolos espectáculos serán ao aire libre, e con aforo reducido. (17/07/2020)

Ascenden a 10 os positivos rexistrados relacionados co Brote de Covid-19 detectado en Betanzos, logo de confirmarse un unico caso novo máis nas últimas horas, con 60 probas realizadas. En toda Galicia os casos activos baixan en tres, ata un total de 224. A Xunta fai obligatorio, tamén en Galicia, o uso da máscara ainda en situacións onde se poda garantir a distancia de seguridade.

//Rexeitamento frontal dos sindicatos do ensino ao plan deseñado pola consellería e educación para retomar as clases o próximo curso. Piden contratar máis persoal para reducir o número de alumnos por aula para garantir a distancia mínima entre eles, e anuncian mobilizacións.

// As principais compañías galegas e nacionais danse cita dende hoxe na nova edición da MOstra de TEatro de Ribadavia. Todolos espectáculos serán ao aire libre, e con aforo reducido. (17/07/2020)

Baixa a incidencia da Covid en Galicia, pero medra o temor a novos andazos. O Concello de Betanzos suspendeu a feira quincenal prevista para hoxe tras detectarse nove positivos na vila // Os sindicatos retíranse da mesa sectorial que hoxe ía debater o protocolo da Xunta fronte á covid para o próximo curso escolar. Pais e mestres avisan da dificultade de cumprir as medidas que propón a administración // Hoxe é un día do Carme especial, sen celebracións multitudinarias nos portos nin apenas procesións marítimas. (16/07/2020)

Sanidade levanta as restriccións de desplazamento en todos os concellos da Mariña agás o de Burela, onde mantén a prohibición de entrar ou sair sen causa xustificada. Os casos activos do rebrote na comarca baixan a 151, 12 menos que onte, e hai 2 hospitalizados. 

.// Dúas persoas mortas ao colisionar o vehículo no que viaxaban contra a mediana da A-6 á altura de Abegondo: o condutor, de 19 anos, e a sua nai. Outra muller, que iba no asento traseiro, está ferida de gravidade. 

//A directiva do PP recibe en Madrid con aplausos a Núñez Feijóo. O vencedor das eleccións autonómicas pide aos líderes da sua formación que manteñan o partido centrado e temperado. E a fórmula, dixo, para vencer ao populismo como en Galicia. (15/07/20)

Sanidade levanta as restriccións de desplazamento en todos os concellos da Mariña agás o de Burela, onde mantén a prohibición de entrar ou sair sen causa xustificada. Os casos activos do rebrote na comarca baixan a 151, 12 menos que onte, e hai 2 hospitalizados. 

.// Dúas persoas mortas ao colisionar o vehículo no que viaxaban contra a mediana da A-6 á altura de Abegondo: o condutor, de 19 anos, e a sua nai. Outra muller, que iba no asento traseiro, está ferida de gravidade. 

//A directiva do PP recibe en Madrid con aplausos a Núñez Feijóo. O vencedor das eleccións autonómicas pide aos líderes da sua formación que manteñan o partido centrado e temperado. E a fórmula, dixo, para vencer ao populismo como en Galicia. (15/07/2020)

O brote de Covid 19 da Mariña rexistra 21 casos menos, agora os positivos son un total de 161, e non se detectou ningún novo nas últimas 24 horas. Sanidade da tamén por controlado o episodio de Beariz, detectado en tres persoas asintomáticas procedentes de México. 

.// Traballadores de Alcoa representan unha crucifixión en protesta pola intención da empresa de pechar a planta de Aluminio. Piden un aprazamento na negociación do Ere mentres dure a restrición de desprazamentos na comarca da Mariña. 

// Polémica en Cangas pola restrición de acceso en coche a varias praias para evitar aglomeracións. O aparcamento só se permite a veciños empadroados e veraneantes que residen no municipio. (14/07/20)

Catro anos máis de goberno para Alberto Núñez Feijóo. É o veredicto das urnas nunha atípica xornada electoral, marcada polas medidas para evitar contaxios. O candidato do PP iguala a Manuel Fraga cunha contundente cuarta maioría absoluta, con case o 48 por cento dos votos, e victoria nas catro provincias e nas sete principais ciudades // Os comicios tamén deixan outro resultado histórico: o do Bloque Nacionalista Galego que se converte en segunda forza política. Pasa de 6 a 19 deputados e supera o acadado en 1997 por Xosé Manuel Beiras. A candidata, Ana Pontón, que será a nova líder da oposición, agradeceu ás máis de trescentas mil persoas que lle deron a sua confianza // Os socialistas vense relegados, de novo, á tercera posición. A candidatura encabezada por Gonzalo Caballero apenas consegue un escano máis que hai catro anos, pese a que foran a forza máis votada nas xerais, e que o espazo político de En Marea queda sen representación. 13/07/20

Sanidade considera controlado o Brote da Mariña, no que se rexistran 17 novos casos, e declara a Burela como único foco quente de contaxios, de onde os veciños so poderán sair por motivos laborais ou sanitarios. Mantén con mobilidade reducida a seis concellos da costa e levanta as restriccións no resto da comarca // Os casos activos en toda Galicia ascenden a 256, dos que case 200 corresponden á area sanitaria de Lugo. En Beariz detéctanse catro contaxios. Os pacientes hospitalizados elévanse a oito, un deles ingresado na UCI do hospital de Vigo, cando se cumpre un mes dende o último falecemento por COVID-19 en Galicia // Os candidatos intensifican a actividade cos últimos actos antes do peche, as 12 da noite, da campaña electoral. Os 2.400 colexios electorais, preparados para cumprir, o domingo, o protocolo especial para garantir a seguridade de electores e membros das mesas. 10/07/20

Aumentan en 21 os casos de Covid-19 relacionados co brote da Mariña. no conxunto de Galicia os contaxios activos son 11 máis que onte. A área sanitaria de Lugo chega aos 190 positivos, un deles unha traballadora dunha residencia de maiores de Burela. A Xunta estuda limitar as restriccións de mobilidade a este concello, que concentra o 80 por cento dos casos // Os traballadores de Alcoa retoman as mobilizacións. Piden ao goberno que interveña xa a compañía para forzar á dirección a retirar o ERE ou a vender a Planta de Aluminio a outro inversor que manteña a producción // A Avogacía do Estado insiste en que os gastos de adquisición e mantenemento do Pazo de Meirás foron sufragados íntegramente con fondos públicos no xuizo que hoxe remata na Coruña sobre a titularidade do Edificio. 09/07/20

Nova subida de casos de Covid-19 en Galicia, 11 máis que onte. A área sanitaria de Lugo chega aos 190 positivos, un deles unha traballadora dunha residencia de maiores de Burela. A Xunta estuda limitar as restriccións de mobilidade a este concello, que concentra o 80 por cento dos casos // Os traballadores de Alcoa retoman as mobilizacións. Piden ao goberno que interveña xa a compañía para forzar á dirección a retirar o ERE ou a vender a Planta de Aluminio a outro inversor que manteña a producción // A Avogacía do Estado insiste en que os gastos de adquisición e mantenemento do Pazo de Meirás foron sufragados íntegramente con fondos públicos no xuizo que hoxe remata na Coruña sobre a titularidade do Edificio. 09/07/20