Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

As adegas máis representativas comezan hoxe unha nova tempada de visitas enoturísticas, aproveitando a ponte de San Xosé e a relaxación das restricións anticovid. No Ribeiro fano ademáis estreando un selo que garante a máxima seguridade para os visitantes e as guías

250.000 galegos recibirán a vacina de AstraZeneca, a que está a causar os efectos secundarios máis agudos. Das case 290.000 doses de vacinas da covid administradas en Galicia, máis do 80 por cento son de Pfizer, a máis efectiva.

As máscaras, as PCR, os xeles hidroalcólicos e outros elementos fóronse facendo cotiáns ao longo deste tempo no que a pandemia mudou as nosas vidas. Cambiou o noso día a día, a forma de socializarnos e mesmo de traballar

O gran confinamento que seguiu á chegada da pandemia foi a primeira ameaza á vida cotiá. Ao pouco, saltaba a alarma nas residencias de anciáns, onde vive o colectivo máis vulnerable.

En plena pandemia, unhas eleccións autonómicas. Verán especial, Nadal raro, e non puidemos librarnos dunha terceira vaga que agora estamos a superar grazas, en boa parte, á chegada das vacinas