Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 23/01/22 23/01/2022 30:06

Os colectivos ecoloxistas estudan o impacto que pode ter a última sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula a repotenciación dun parque eólico na Costa da Morte. Cren que pode significar a suspensión de todos aqueles que sigan o mesmo modelo de tramitación.

O campo galego maniféstase hoxe en Madrid para reclamar prezos xustos polos seus produtos.

Medra a presión hospitalaria. Hai 41 persoas máis con coronavirus ingresadas en Galicia. Pola contra, caen os novos contaxios detectados e o número total de casos activos, que rolda os 75.600. Datos desta fin de semana que parecen confirmar que transitamos polo pico da sexta onda. Así o cren expertos coma o epidemiólogo Francisco Caamaño, con quen falamos hoxe no tempo da entrevista

Galicia Informativos
Más opciones