Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 06/12/21 06/12/2021 30:03

A cidade de ourense supera hoxe os 1000 casos por cen mil habitantes a 14 días.
A media da comunidade é de 310, con case 8.600 doentes de coronavirus, e un cento máis de hospitalizados que o pasado luns. Os sanitarios piden precaución nestes días de máis relacións sociais.

A sociedade galega de psiquiatría alerta de carencias de persoal e de camas
Din que precisaríamos o dobre dos 300 profesionais dos que dispón o Sergas pra situarnos na media europea. A carencia provoca citas moi breves e demasiado espaciadas.

A matanza nos fogares perde terreo pola falta de mans no rural
As encargas de porcos pra cebar caeron notablemente nos últimos anos. Porén, pervive a festa en moitas casas entorno á elaboración de embutidos.

Ourense acolle a mostra "Terra de soños" da fotógrafa Cristina García Rodero
A galardoada fotoxornalista documentou a vida nos hospitais e centros de acollida de mulleres da rexión india de Anantapur, pra dar voz ós máis esquecidos.

Galicia Informativos
Más opciones