Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio 5 de Rtve
Semana Santa pasada por auga e hoxe un dos peores días. Tal é así que se suspenderon prácticamente tóda-las procesións da mañá, entrelas as de Ferrol e Viveiro, declaradas de interés turistico internacional e as da tarde van no mesmo camiño, porque as chuvias van continuar.
Estes días so se salvan as actividades que se celebran a cuberto. Por exemplo, as moitas festas gastronómicas.
Nas estradas non hai que lamentar ningún accidente grave. Iso sí, temos que dar conta dun
incendio rexistrado a pasada madrugada nunha vivenda, no concello coruñés de Sada, obrigou ao traslado dunha muller ao hospital e á atención médica doutras persoas no propio punto.
O lume afectou á planta baixa do inmoble situado na parroquia de Carnoedo.