Enlaces accesibilidad
DEPORTES

O Celta é o segundo clube de Europa no que os xogadores da canteira disputan máis minutos co primeiro equipo

  • Considera necesario o investimento para consolidar o equipo e non pasar apuros en Primeira División
  • O programa Denominación de Orixe Celta incorpora nenos aos oito anos

Por
A canteira do Celta

Os xogadores da canteira do Celta figuran entre os que teñen máis posibilidade de acudir ao mercado, porque están no segundo equipo de entre as cinco grandes ligas europeas que máis minutos lles deixan disputar co primeiro plantel.

É a parte máis importante do clube dentro do que nós queremos conquerir

Para o presidente do Celta, Carlos Mouriño, a canteira "é a parte máis importante do clube dentro do que nós queremos conquerir, que son xogadores para o primeiro equipo".

Desde os 8 anos

Creado en 2018 o programa Denominación de Orixe Celta quere aproveitar os canteiráns no aspecto deportivo pero tamén no humano. O clube empeza a reforzarse aos oito anos. A eses nenos incúlcaselles a idea de que "vexan unha oportunidade de seguir no Celta", sostén o director deportivo Felipe Miñambres.

Hugo Mallo leva o escudo do Celta no peito dende moi pequeno, tamén foi canteirán e trata de inculcar a tradición aos que chegan novos.

" Non hai nada difícil, si sacrificio, traballo e, sobre todo, moita humildade"

Afouteza e humildade son as primeiras palabras que escoitan os canteiráns ao entrar no equipo e póñeno a proba no campo