Enlaces accesibilidad

Destrozos na exposición de Santiago sobre refuxiados que morreron tentando chegar a Europa

  • Varios paneis da mostra apareceron escachados en dúas noites da fin de semana
  • Concello compostelán e organizacións humanitarias falan de acto vandálico inspirado por grupos de extrema dereita

Por
Atacada exposición de refuxiados

Dos trece paneis colocados na Alameda de Santiago para lembrar aos migrantes mortos cando trataban de acceder a Europa dende o sur, só quedan oito e tres deles presentan danos.

Os ataques repetíronse dúas noites seguidas

Os catro primeiros foron atacados na noite do venres e os outros tres, na seguinte, cando se retirou a vixilancia policial.
 "Estivo a policía ata as 5 da mañá pero, en canto se retiraron, apareceron outros tres paneis totalmente destrozados", sinala Mila Castro, concelleira de Políticas Sociais
A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou hoxe unha declaración que será levada ao próximo pleno en defensa dos migrantes e de rexeitamento á xenofobia e o racismo.

Odio ou vandalismo?

Concello e organizacións humanitarias din que detrás do ataque está o discurso de determinados grupos que propagan estas ideoloxías.
Para a concelleira de Políticas Sociais, é o discurso da extrema dereita. "É un acto vandálico, pero non casual. É provocado polos discursos dos grupos de extrema dereita que ataca a este colectivo vulnerable. "
 

É un acto vandálico, pero non casual, provocado polo discurso da extrema dereita que ataca a este colectivo vulnerable. 

A exposición recolle a lista de 40.555 mortes documentadas de persoas que pereceron tratando de atravesar o Mediterráneo ou o Atlántico ou de cruzar outras fronteiras, camiño de países europeos, segundo datos recollidos pola organización das Nacións Unidas, UNITED.

Miguel Fernández, da Rede Galega de Apoio ao Migrante, dí que é preciso "pPoñerlle nome a eses números, que saibamos que detrás deses números hai unha persoa coma ti e coma min", apunta ao xornalista.

Que saibamos que detrás deses números hai unha persoa coma ti e coma min

Varios dos paneis tiveron que ser retirados para reparalos, antes da inauguraciòn da mostra este vindeiro xoves.

Noticias

anterior siguiente