Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Outra noite de lume que se ceba na provincia de Ourense, con risco para as vivendas en Boborás e O Irixo. Arestora hai catro incendios activos en Galicia pero evolucionan ben e poderían quedar estabilizados nas próximas horas. No que vai de ano, as hectáreas queimadas rondan as 40.000. // Dificultades para atender as solicitudes de asilo e permisos de residencia a extranxeiros. Na oficina da Coruña a saturación fai que non se dean citas ata o ano que ven // A subdelegación do goberno anuncia reforzos para axilizar a tramitación. // O aumento das temperaturas e a contaminación están detrás da baixada da produción de marisco detectada nos últimos anos. As mariscadoras denuncian a constante reducción de capturas, á espera de estudos concluíntes. 11-08-2022

As primeiras chuvias febles axudan xa a na loita contra o lume, nunha xornada na que se recrudece a actividade incendiaria. 30 patrullas militares comezan a Operación Centinela deste ano para vixiar os montes, especialmente en zonas de difícil acceso. //  O Carballiño conseguíu o obxetivo de elaborar a tapa de polvo máis grande do mundo, ao bater o seu propio, conseguido en 2019 con 500 quilos. Nesta ocasión chegaron a 515, coa participación de 30 polbeiros e polbeiras, que tardaron 11 minutos na elaboración. // O Turismo Termal regresa con forza, tralos dous anos de parón pola pandemia. As reservas nos balnearios de Ourense superan para este mes o 70 por cento, anque os clientes optan polos servizos máis económicos ante o aumento da inflación.  10-08-22

Toda Galicia está en alerta por treboadas. Os primeiros chuvascos poden vir acompañados de sarabia e serán máis probables e xeralizados a partir do mediodía para remitir durante a noite. O anticiclón afástase e as temperaturas continuan altas e mesmo poden subir algo. 10-08-22

Reparto de auga engarrafada aos veciños de Ribadavia, como solución de emerxencia ante os cortes da auga da traída, ante unha seca que é xa histórica. Ata 70 concellos teñen implantadas restricións ao consumo. // a actividade incendiaria recrudeceuse nas últimas horas, con ata oito lumes activos, que chegaron a poñer en perigo núcleos habitados, entre eles nas Pontes, onde se declararon dous focos case simultaneos. // Comerciantes e hostaleiros amosan discrepancias e dúbidas sobre a eficacia da normativa no primeiro día de entrada en vigor do Plan de Aforro Enerxético. A limitación do aire acondicionado e o apagado de escaparates e edificios públicos son as primeiras medidas, desde a pasada medianoite. // 10-08-22

A Xunta non recorrerá o decreto de aforro enerxético, con medidas de limitación de temperatura para o aire acondicionado para comercios, oficinas e establecementos públicos, que entran esta noite en vigor. // Case dous séculos tardamos en coñecer a historia de Isabel Zendal, considerada a primeira enfermeira en misión internacional. Nada na localidade coruñesa de Ordes, foi a única muller da Expedición Balmis, para levar a primeira vacina da historia a América. // A gran cita internacional co mundo do comic, Viñetas desde o Atlántico cumpre 25 anos, na Coruña, cun repaso á sua historia. E coma sempre, exposicións, conferencias e sinaturas a cargo de artistas consagrados, xunto co descubrimento de novos valores. 09-08-22

Volve activarse a alerta por calor en parte de Ourense, onde se chegará os 38º, e en zonas de Lugo e A Coruña, con ata 35º de máxima. Bancos de neboa no interior e na costa atlántica. Pola tarde nubes de evolución no interior que poden deixar alguns pequenos chuvascos illados. 09-08-22

Portas automáticas e limitación de temperatura para o aire acondicionado. Medidas de aforro enerxético para comercios, oficinas e establecementos de hostalaría que entran en vigor esta noite. A Xunta, di que, a diferenza de Madrid, non recorrerá o decreto pero lamenta a falla de consenso. // Controlados os incendios dos últimos días, a preocupación trasládase á costa. As mariscadoras advirten de que os residuos forestais tralo lume na Barbanza poden acabar provocando unha gran mortandade de Ameixa e Berberecho. // Un ascensor panorámico, de deseño futurista, para conectar a parte máis baixa da cidade de Vigo coa nova estación intermodal e o centro comercial Vialia. Será Unha estrutura denominada Halo, e da que hoxe se colocou a primeira pedra. // 09-08-22

A brétema procedente da ría axuda a dar por estabilizado o incendio de Boiro, que arrasou 2.200 hectáreas durante a fin de semana, e eleva a máis de 4.000 hectáreas a superficie queimada só na primeira semana de agosto.// O Goberno Central non cambiará o decreto de aforro enerxético pese a petición da retirada por parte de cinco comunidades autónomas entre elas Galicia. // A apicultura é un sector en auxe en Galicia, con cada vez máis as iniciativas arredor das abellas e do mel. Unha pequena productora ofrece mesmo a posibilidade de apadriñar unha colmea. // Triunfo total dos participantes galegos no campionato do mundo de Piraguismo en Canadá. Catro medallas, tres de ouro e unha de prata, con protagonismo para nomes consagrados como Carlos Arévalo e Teresa Portela. 08-08-2022

Situación intermedia entre a baixa térmica e o anticiclón, que afecta especialmente as zonas do interior, con bancos de néboa matinais que deixarán trás de si ceos nubrados pola tarde, con posibilidade de pequenos chuvascos dispersos. No resto de Galicia, ceos mais despexados, e intervalos fortes de vento no norte. 08-08-2022

Estabilizado o lume en Boiro, que arrasou 2.200 hetáreas durante a fin de semana. A brétema procedente da ría axuda nas tarefas de extinción a un dispositivo con 134 brigadas e numerosos medios aereos. // oOgoberno central convoca ás comunidades autónomas para explicarlles o Plan de Aforro enerxético, que inclúe medidas de limitación de temperaturas máximas e mínimas en lugares públicos e restricións á iluminación. A Xunta amósase en contra. // Desfrutar da praia, cantar e facer amigos. Son as actividades que enchen o día a día dos preto de 11.000 nenos que participan este verán nos campamenos xuvenís públicos organizados pola Xunta. non faltan complementos como, Tirolina bicicleta ou petanca. 08-08-2022

Segue a loita con Medios aereos e terrestres contra o incendio declarado entre Caldas e Vilagarcía, o máis grave dos que están activos agora en Galicia. Levan ardido máis de 450 hectáreas. // Xa son 40 os concellos en prealerta polo risco de seca. Din que a situación aínda é sostible, pero advirten do perigo de que, se continúa sen chover, os caudais que abastecen aos depósitos municipais queden baixo mínimos. // O Lugo presentou a súa nova camiseta para a próxima tempada na Segunda División. Aposta por un cambio, mudando as tradicionais raias verticiais por cadros de cor branca e vermella e con franxas azuis nos costados. // A música en directo é a gran protagonista da oferta cultural do verán, con máis dunha ducia de festivais só nesta fin de semana. O prato forte chega mañá a Vigo có concerto de Sting. 05-08-22

Ceos anuabados na metade norte de Galicia, que poderían deixar choivas febles, e un pequeno descenso xeneralizado das temperaturas, nun día no que se activa tamén a alerta na costa noroeste por ventos de forza 7. 05-08-22

Medios aereos e terrestres intensifican a loita contra o lume entre Caldas e Vilagarcía, onde levan ardido máis de 450 hectáreas. Os veciños desaloxados puideron xa regresar ás suas casas. //  Os técnicos do centro de Investigación de Lourizán califican de moderado o daño sofrido polos solos dos montes do Courel e a Comarca de Valdeorras. // Estrella López-Pardo toma posesión como nova xerente do Servizo Galego de Saúde. O conselleiro de Sanidade recoñece que a a situación e especialmente crítica na area de Pontevedra, pola falla de especialistas. // A escaseza de precipitacións leva xa a 40 concellos á situación de prealerta pola seca. O Rosal, no Baixo Miño, limita o consumo de auga a 300 litros diarios por vivenda 05-08-22

Medios aereos e terrestres intensifican a loita contra o lume entre Caldas e Vilagarcía, onde levan ardido máis de 450 hectáreas, logo dunha noite de perigo para núcleos habitados. Os veciños desaloxados puideron xa regresar. // Os técnicos do centro de Investigación de Lourizán califican de moderado o daño sofrido polos solos dos montes do Courel e a Comarca de Valdeorras. // Estrella López-Pardo toma posesión como nova xerente do Servizo Galego de Saúde, en sustitución de José Flores. O conselleiro de Sanidade recoñece que a a situación e especialmente crítica na area de Pontevedra, pola falla de especialistas. // A escaseza de precipitacións leva xa a 40 concellos á situación de prealerta pola seca. O Rosal, no Baixo Miño, súmase ás medidas de restrición e limita o consumo de auga a 300 litros diarios por vivenda 05-08-22

Os servizos de extinción conseguen frear o avance das lapas en Verín, onde xa non hai vivendas ameazadas, logo dunha noite de intensa loita, e cunhas 600 hectáreas queimadas. // O Presidente da Xunta critica as medidas do Plan de Aforro Enerxético do Goberno Central, por consideralas inconcretas e que do cumprimento se teñan que encarga ás comunidades autónomas. // Difundir os beneficios da lactancia materna e facela máis visble. É o obxetivo da xuntanza en Pontevedra dun grupo de nais, para celebrar a semana mundial da lactancia materna. // Boa música, gastronomía e praia. É a carta de presentación do Son Rías Baixas, o festival de Bueu que se celébra esta fin de semana. Tres días de concertos con protagonistas como Rels B. ou a banda La M.O.D.A. ademáis de artistas locais como Bala ou Grande Amore. 04-08-22