Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os prezos seguen subindo. O dato do IPC que coñecemos hoxe sitúa a inflación de España preto do 11 por cento // As familias das vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo piden axuda a empresas e particulares // Aves rapaces voan de novo tras meses de recuperación // Entrevistamos a un experto en toponimia, o lingüista Vicente Feijoo 29-07-22

Reunión “cordial” entre Sánchez e Rueda na Moncloa, con compromisos de investimentos en proxectos industriais // A EPA reflicte a creación de 13.800 empregos en Galicia entre abril e xuño // Un incendio en Castrelo de Miño activou esta noite o nivel dous de risco pola súa proximidade ás vivendas // O presidente do Celta acusa a Denís Suárez de traizoar e desprestixiar o club. 28-07-22

Ceos nubrados e algunha chuvia lixeira e ocasional pola mañá, máis probable no noroeste. Ábrense claros a partir do mediodía. As temperaturas mínimas seguen igual e as máximas, en lixeiro descenso 28-07-22

 Alfonso Rueda reclámalle a Sánchez axudas para os afectados polos incendios, medidas para mellorar a sanidade ou que o AVE chega a toda Galicia, na súa primeira reunión na Moncloa // A EPA reflicte a creación de 13.800 empregos en Galicia entre abril e xuño // Un incendio en Castrelo de Miño activou esta noite o nivel dous de risco pola súa proximidade ás vivendas // O presidente do Celta acusa a Denís Suárez de traizoar e desprestixiar o club 28-07-22

Alfonso Rueda reclámalle a Sánchez axudas para os afectados polos incendios, medidas para mellorar a sanidade ou que o AVE chega a toda Galicia, na súa primeira reunión na Moncloa // A Enquisa de Poboación Activa reflicte a creación de 13.800 empregos en Galicia entre abril e xuño // Un incendio en Castrelo de Miño activou esta noite o nivel dous de risco pola súa proximidade ás vivendas // O presidente do Celta acusa a Denís Suárez de traizoar e desprestixiar o club. Admite que se equivocou con Santi Mina. 28-07-22

Prisión preventiva para o detido no Porriño por, presuntamente, secuestrar e abusar sexualmente dunha exparella durante seis días // Alfonso Rueda salienta o consenso coa oposición sobre as cuestións que lle vai plantexar a Sánchez // O alcalde de Ourense gobernará con só 3 concelleiros os 10 meses que quedan da lexislatura // O Lugo confirma unha nova fichaxe, a do defensa Néider Lozano // Cinco grandes esculturas do artista Manolo Paz para reivindicar Galicia e a súa paisaxe 27-07-22

Mañá nubradas en Lugo e A Coruña. Ao longo do día toda Galicia pasa a estar con ceos despexados. As temperaturas lixeiramente máis baixas ca onte, ao redor os 25 graos de máxima, agás Ourense, onde poden chegar aos 30 27-07-22

Prisión preventiva para o detido nun piso do centro do Porriño por, presuntamente, secuestrar e abusar sexualmente dunha exparella durante seis días // Alfonso Rueda salienta o consenso coa oposición sobre as cuestións que lle vai plantexar a Sánchez // O alcalde de Ourense gobernará con só 3 concelleiros os 10 meses que quedan da lexislatura // Cinco grandes esculturas do artista Manolo Paz para reivindicar Galicia e a súa paisaxe 27-07-22

 Prisión preventiva para o detido nun piso do centro do Porriño por, presuntamente, secuestrar e abusar sexualmente dunha exparella durante seis días // Alfonso Rueda salienta o consenso coa oposición sobre as cuestións que lle vai plantexar a Sánchez // O alcalde de Ourense gobernará con só tres concelleiros os 10 meses que quedan da lexislatura // Cinco grandes esculturas do artista Manolo Paz para reivindicar Galicia e a súa paisaxe 27-07-22

A falta de chuvia preocupa en varias zonas de Galicia. En Ourense, as explotacións gandeiras teñen que usar cisternas para asegurarlles a auga ás vacas // Os empresarios galegos auguran un outono con dificultades económicas pola caída da demanda, as limitacións ao consumo de gas e á inflación // O alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jácome, de Democracia Ourensá, anunciou que racha o pacto de goberno co PP, tanto no Concello como na Deputación // Fomentar o talento feminino na música. É o obxectivo do programa "Descúbreas" da Deputación de Pontevedra, que axuda a mozas, de entre 16 e 30 anos, nos seus primeiros pasos no sector da música 26-07-22

Un anticiclón procedente do norte deixa ceos nubrados, especialmente na Coruña e Lugo. Nesa parte, as temperaturas non superarán os 24º. Canto máis ao sur, os ceos estarán máis despexados. En Pontevedra e Ourense as temperaturas andarán polos 30 graos de máxima 26-07-22

Os empresarios galegos auguran un outono con dificultades económicas // En Ourense, as explotacións gandeiras teñen que usar cisternas para asegurarlles a auga ás vacas // Catro incendios forestais seguen activos en Galicia, pero xa todos están estabilizados ou controlados // Iago Aspas, o xogador emblema do Celta, amplía o seu contrato co club dúas tempadas máis 26-07-22

Os empresarios galegos auguran un outono con dificultades económicas // En Ourense, as explotacións gandeiras teñen que usar cisternas para asegurarlles a auga ás vacas // Catro incendios forestais seguen activos en Galicia, pero xa todos están estabilizados ou controlados // Iago Aspas amplía o seu contrato co Celta dúas tempadas máis 26-07-22

Hai 50 anos morría no exilio no Brasil, Xosé Velo, coautor do secuestro do transatlántico "Santa María", para chamar a atención da opinión pública internacional.

Cadrando co 50 cabodano de Velo, publícase un libro cin escritos deste mestre de Celanova, que nunca abandonou a loita antifranquista.

O rei Filipe VI preside en Santiago a ofenda nacional ao Apóstolo // Hoxe é o Día de Galicia, festivo, e o ambiente está especialmente animado en Santiago // O BNG reivindica unha saída da crise xusta. O PSdeG propón reformar o Estatuto de autonomía // Sete incendios forestais continúan activos en Galicia, pero a Xunta xa da por estabilizado o gran lume de Valdeorras, 25-07-22

A semana comezou cunha mañá algo nubrada, por unha fronte pouco activa, que entrou pola zona norte de Galicia. A medida que avanza o día, vólvese máis solleiro e despexado, pero non demasiado caloroso, con temperaturas máximas en torno aos 25 graos, agás Ourense, onde poden superar os 30 graos. 25-07-22

 

 O rei Filipe VI preside en Santiago, por terceiro ano consecutivo, a ofenda nacional ao Apóstolo // Hoxe é o Día de Galicia, festivo, e o ambiente está especialmente animado en Santiago // O BNG reivindica unha saída da crise xusta. O PSdeG propón reformar o Estatuto de Autonomía // A Xunta da por estabilizado o gran incendio de Valdeorras, mentres seguen activos os do Courel e o que afecta ó parque natural do Invernadeiro. 25-07-22

O rei Filipe VI preside en Santiago, por terceiro ano consecutivo, a ofenda nacional ao Apóstolo // Hoxe é o Día de Galicia, festivo, e o ambiente está especialmente animado en Santiago // O BNG reivindica unha saída da crise xusta. O PSdeG propón reformar o Estatuto de Autonomía // A Xunta da por estabilizado o gran incendio de Valdeorras, mentres seguen activos os do Courel e o que afecta ó parque natural do Invernadeiro. 25-07-22

Perimetrados xa os incendios do Courel e Valdeorras, os equipos de extinción traballan agora para estabilizalos, tras batir o record de superfice queimada en Galicia. Mentres, segue sen control no Parque Natural do INvernadeiro, en Ourense. // Comezan en Santiago as Festas do Apóstolo con numerosas actividades programadas para os próximos días, nos que está previsto que se congregue a maior afluencia de peregrinos e tamén de turistas. Os establecentos rexistran unha ocupación por riba dos anos previos á pandemia. 22/07/22

Abundantes nubes pola mañá, que irán retrocedendo ata quedar o ceo despexado pola tarde, especialmente na metade sur. As temperaturas máximas descenden e quedan entre os vinte graos da Coruña e os trinta de Ourense. O vento seguirá soprando do norte e nordés, con máis forza no litoral atlántico. 22-07-22