Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A volta ao colexio será presencial e o próximo luns, como estaba previsto // O Sergas apura a vacinación dos nenos. Entre hoxe e mañá conta poñerlle a primeira dose a 36.000 rapaces de entre 7 e 9 anos // Entrevista co comité da factoría Alcoa de San Cibrao // Galicia recupera o emprego perdido pola pandemia. 04-01-2022

Galicia despide o ano cun sol e unhas temperaturas que non parece que esteamos en inverno. É pola influencia dun anticiclón centrado na Península. Nos ceos hai nubes altas que non impiden o paso do sol e as temperaturas mantéñense tan agradables coma onte, ou mesmo con máximas un pouco máis elevadas. En Ourense, Pontevedra ou Vigo van andar polos 20 graos. (31/12/2021)

Esta medianoite entran en vigor as novas medidas para tentar frear a sexta vaga da pandemia // A covid segue batendo o récord de contaxios día a día. Na última xornada sumáronse 5.700 infectados máis // Reproches entre a Xunta e o Goberno a conta do pacto de Alcoa cos traballadores // A loita contra a pandemia, presente tamén na cerimonia da translación dos restos do Apóstolo. 30-12-2021

Esta medianoite entran en vigor as novas medidas para tentar frear a sexta vaga da pandemia // Os contaxios volven marcar máximos históricos. Máis de 5.700 nun día // Reproches entre a Xunta e o Goberno na primeira xuntanza da comisión que vai vixiar que Alcoa cumpra o pactado cos traballadores // A loita contra a pandemia, presente tamén na cerimonia da translación dos restos do Apóstolo, na catedral de Santiago. 30-12-2021

Esta medianoite entran en vigor as novas medidas para tentar frear a sexta vaga da pandemia // Máis de 5.700 contaxios nun día // Reproches entre a Xunta e o Goberno na primeira xuntanza da comisión que vai vixiar que Alcoa cumpra o pactado cos traballadores // A loita contra a pandemia, presente tamén na cerimonia da translación dos restos do Apóstolo. 30-12-2021

Loce o sol en toda Galicia con aire cálido polo vento do sur. O anticiclón fixo descender as temperaturas nocturnas pero durante o día han continuar en aumento e despediremos o ano cos termómetros en valores máis propios doutras épocas do ano. 30-12-2021

Ceas ata a unha e fin de festa ás tres. A hostalería e o ocio nocturno dan por perdida unha das noites máis rendibles do ano // Hoxe comunícanse máis de 4.500 contaxios nunha xornada, a cifra máis elevada en toda a pandemia // O Sergas vai considerar suficiente para obter a baixa laboral o resultado positivo nun test de antíxenos // Antón Reixa di que a Medalla de Ouro de Belas Artes o anima a seguir co seu labor creativo. 29-12-2021

Ceas ata a unha e fin de festa ás tres. A hostalería e o ocio nocturno dan por perdida unha das noites máis rendibles do ano // A covid esténdense estes días moi rápido. Hoxe comunícanse máis de 4.500 contaxios nunha xornada, a cifra máis elevada en toda a pandemia // O Sergas vai considerar suficiente para obter a baixa laboral o resultado positivo nun test de antíxenos, mesmo feito na casa, sen necesidade de confirmalo cunha PCR // Antón Reixa di que a Medalla de Ouro de Belas Artes, concedida polo Ministerio de Cultura, o anima a seguir co seu labor creativo, no que leva máis de 40 anos. 29-12-2021

Día de orballada na fachada atlántica onde os ventos do sur arrastran ademais humidade. Pola tarde iranse abrindo máis claros sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense. As temperaturas seguirán moi agradables. As máximas oscilarán entre os 16 graos previstos en Lugo aos 19 que agardan en Ourense. 29-12-2021

A hostalería e o ocio nocturno dan por perdida unha das noites máis rendibles do ano // Hoxe comunícanse máis de 4.500 contaxios nunha xornada, a cifra máis elevada en toda a pandemia // O Sergas vai considerar suficiente para obter a baixa laboral o resultado positivo nun test de antíxenos // Antón Reixa di que a Medalla de Ouro de Belas Artes o anima a seguir co seu labor creativo. 29-12-2021

Hostalería e restauración só poderán estar abertos ata medianoite, agás venres e sábados, que pecharán á unha. O lecer nocturno, ás dúas // Os empresarios de discotecas e salas de festas rexeitan as limitacións // Hoxe comunicáronse case 3.500 contaxios novos, o número máis elevado de toda a pandemia // Comezan a poñerlle a dose de reforzo aos que teñen entre 40 e 49 anos. 28-12-2021

Hostalería e restauración só poderán estar abertos ata medianoite, agás venres e sábados, que pecharán á unha // Os empresarios de discotecas e salas de festas rexeitan as limitacións. Indican que provocarán que se fagan festas sen control // Hoxe comunicáronse case 3.500 contaxios novos, o número máis elevado de toda a pandemia // Comezan a poñerlle a dose de reforzo aos que teñen entre 40 e 49 anos. 28-12-2021

Hostalería e restauración só poderán estar abertos ata medianoite, agás venres e sábados, que pecharán á unha // Os empresarios de discotecas e salas de festas rexeitan as limitacións. Indican que provocarán que se fagan festas sen control // Hoxe comunicáronse case 3.500 contaxios novos, o número máis elevado de toda a pandemia // Comezan a poñerlle a dose de reforzo aos que teñen entre 40 e 49 anos. 28-12-2021

Seguimos con chuvias que son máis persistentes na fachada atlántica. No mar a alerta rebaixouse a amarela por ondas de 4 a 5 metros e refachos de case 100 km por hora en Punta Candieira en Cedeira. As temperaturas nocturnas foron moi altas. 28-12-2021

Hoxe vólvese rexistrar a cifra máis elevada de casos activos en toda a pandemia // Colas nos puntos nos que se fan test de antíxenos ou PCR // Os traballadores da factoría de Alcoa en San Cibrao decidirán mañá nun referendo se aceptan a proposta da empresa de parar a produción de aluminio durante dous anos // A bacía do río Limia, candidata a ser declarada a primeira Zona Vulnerable á contaminación por nitratos de Galicia. 17-12-2021

Nunca houbo tantos positivos por coronavirus en Galicia // Seguimos a ver colas nos puntos nos que se fan test de antíxenos ou PCR // Os traballadores da factoría de Alcoa en San Cibrao decidirán mañá nun referendo se aceptan a proposta da empresa de parar a produción de aluminio durante dous anos. 27-12-2021

Hoxe vólvese rexistrar a cifra máis elevada de casos activos en toda a pandemia // Seguimos a ver colas nos puntos nos que se fan test de antíxenos ou PCR // Os traballadores da factoría de Alcoa en San Cibrao decidirán mañá nun referendo se aceptan a proposta da empresa de parar a produción de aluminio durante dous anos. 27-12-2021

O peor segue no mar, con alerta laranxa e ondas de ata sete metros dende a Costa da Morte a Ribadeo. Xornada moi ventosa no litoral e zonas altas con refachos que xa superaron os 110 km por hora en Manzaneda. Mañá pasada por auga. 27-12-2021

Preparativos para a Noiteboa marcados pola covid // Novo récord de contaxios da pandemia // En marcha 24 puntos para probas diagnósticas sen cita previa // Acaba sen acordo a negociación sobre a parada temporal da factoría de Alcoa // O Belén de Valga leva 26 anos aproveitando o Nadal para presentar un resumo da actualidade do ano. 24-12-2021