Hostalería e restauración só poderán estar abertos ata medianoite, agás venres e sábados, que pecharán á unha // Os empresarios de discotecas e salas de festas rexeitan as limitacións. Indican que provocarán que se fagan festas sen control // Hoxe comunicáronse case 3.500 contaxios novos, o número máis elevado de toda a pandemia // Comezan a poñerlle a dose de reforzo aos que teñen entre 40 e 49 anos. 28-12-2021
Desde hai 26 anos reflicte a actualidade do ano que acaba en clave de humor. Deste 2021 recolle o volcán de La Palma, a pandemia, o rei emérito, Trum, Ana Peleteiro e as Tanxugueiras.
Os preparativos da cea desta Noiteboa están marcados polas restricións ante o incremento disparado de casos de covid // Encaramos esta Noiteboa cun novo récord de contaxios da pandemia // A Xunta puxo en marcha 24 puntos para probas diagnósticas da covid de xeito gratuíto e sen cita previa // Acaba sen acordo a negociación entre Alcoa e o comité de empresa sobre a parada temporal da factoría durante dous anos // O Belén artesanal con movemento de Valga leva 26 anos aproveitando o Nadal para presentar un resumo da actualidade do ano. 24-12-2021
Os preparativos da cea desta Noiteboa están marcados pola covid // Encaramos esta Noiteboa cun novo récord de contaxios da pandemia // A Xunta puxo en marcha 24 puntos para probas diagnósticas da covid de xeito gratuíto e sen cita previa // Acaba sen acordo a negociación entre Alcoa e o comité de empresa sobre a parada temporal da factoría durante dous anos // O Belén artesanal con movemento de Valga leva 26 anos aproveitando o Nadal para presentar un resumo da actualidade do ano. 24-12-2021
Galicia rexistra ás portas do Nadal a cifra máis alta de contaxios desde o inicio da pandemia // Ante a perspectiva das reunións familiares dispárase a demanda de test de antíxenos e PCR // O desabastecemento de test de antíxenos nas farmacias // Falamos en directo coas Tanxugueiras. 23--12-2021
Durante o día amainan as chuvias, pero esta próxima noite chegará unha segunda fronte que cruzará toda Galicia desde a costa cara o interior. No litoral da Coruña e Pontevedra hai temporal e por iso actívase a alerta laranxa nesa zona desde as primeiras horas desta tarde. 23-12-2021
As Tanxugueiras estiveron hoxe en RTVE na presentación do seu tema Terra, que competirá con outros 13 candidatos no Benidorm Fest, a finais de xaneiro, para representar a España no festival de Eurovisión. Falamos con elas no Telexornal.
Galicia rexistra ás portas do Nadal a cifra máis alta de contaxios desde o inicio da pandemia. Case 2.300 na última xornada // Mañá é Noiteboa e ante a perspectiva das reunións familiares dispárase a demanda de test de antíxenos e PCR // O interese por facerse probas está a provocar o desabastecemento de test de antíxenos nas farmacias // Falamos en directo coas Tanxugueiras 23-12-2021
Galicia rexistra ás portas do Nadal a cifra máis alta de contaxios desde o inicio da pandemia. Case 2.300 na última xornada // Mañá é Noiteboa e ante a perspectiva das reunións familiares dispárase a demanda de test de antíxenos e PCR // O interese por facerse probas está a provocar o desabastecemento de test de antíxenos nas farmacias // Falamos en directo coas Tanxugueiras, que están en Madrid na presentación do Festival de Benidorm, do que sairá a representación española para Eurovisión. 23-12-2021
Son dun cuarto premio vendido a maior parte en participacións para unha viaxe de fin de curso do instituto. En Caldas de Reis tocaron sete millóns e medio. No resto de Galicia repartíronse beliscos.
Case 16 millóns dun cuarto premio na Illa de Arousa // En puntos de cribado coma o de Vigo había que esperar hoxe máis de hora e media para facer unha PCR // Unha veciña de Cortegada confesa que matou un home que coñeceu por internet // Peixe e marisco, o máis demandado nas prazas para a Noiteboa. 22-12-2021
Á espera da chegada dunha fronte pola noite, que traerá chuvia forte, sobre todo no litoral atlántico, seguimos na influencia do vento do sur. Un aire morno e húmido que eleva as temperaturas. 22-12-2021
Non foi o gordo, pero celébranse igual os máis de quince millóns de euros que deixa un cuarto premio na Illa de Arousa // A proximidade das celebracións do Nadal dispara a demanda das probas de coronavirus // Unha veciña de Cortegada, en Ourense, confesa que matou un home co que levaba varios días vivindo // Moita animación nas prazas de abastos e mercados para a chegada da Noiteboa. O máis solicitado é o peixe e o marisco, aínda que os prezos están caros. 22-12-2021
Non foi o gordo, pero celébranse igual os máis de quince millóns de euros que deixa un cuarto premio na Illa de Arousa // A proximidade das celebracións do Nadal dispara a demanda das probas de coronavirus // Unha veciña de Cortegada, en Ourense, confesa que matou un home co que levaba varios días vivindo // Moita animación nas prazas de abastos e mercados para a chegada da Noiteboa. O máis solicitado é o peixe e o marisco, aínda que os prezos están caros. 22-12-2021
Esta mañá viaxamos no primeiro tren de alta velocidade a Madrid en apenas dúas horas e cuarto.
Hoxe facemos o Telexornal desde esta estación ferroviaria de Ourense, que é desde agora a estación da alta velocidade de Galicia // Esta mañá viaxamos no primeiro tren de alta velocidade a Madrid en apenas dúas horas e cuarto // Unha estación nova na Gudiña vai atraer viaxeiros de Portugal // Lugo e Ferrol, dúas cidades que quedan afastadas do AVE // Folga de tres días nos centros de saúde de Oia, A Guarda e o Rosal. 21-12-2021
Ceo nubrado, con chuvias pola noite que irán entrando polo oeste. O vento vai soprar do sur con intervalos fortes e refachos moi fortes nas zonas altas. As temperaturas experimentarán un lixeiro a moderado ascenso. 21-12-2021
Hoxe facemos o Telexornal desde esta estación ferroviaria de Ourense, que é desde agora a estación da alta velocidade de Galicia // Esta mañá viaxamos no primeiro tren de alta velocidade a Madrid en apenas dúas horas e cuarto // A de Ourense é a estación de entrada do AVE a Galicia, unha estación que ten pendente remodelar o edificio de viaxeiros // Unha estación nova na Gudiña vai atraer viaxeiros de Portugal // Lugo e Ferrol, dúas cidades que quedan afastadas do AVE // Folga de tres días nos centros de saúde de Oia, A Guarda e o Rosal. 21-12-2021
O AVE entra en Galicia atravesando as montañas desde Sanabria a Ourense, un percorrido que se converteu nun dos máis difíciles de construír, con 16 anos de obras. O mesmo sucedera co tren convencional, que pasa pola mesma zona. As obras comezaron en 1927, e non rematarían ata 30 anos despois.