Non foi o gordo, pero celébranse igual os máis de quince millóns de euros que deixa un cuarto premio na Illa de Arousa // A proximidade das celebracións do Nadal dispara a demanda das probas de coronavirus // Unha veciña de Cortegada, en Ourense, confesa que matou un home co que levaba varios días vivindo // Moita animación nas prazas de abastos e mercados para a chegada da Noiteboa. O máis solicitado é o peixe e o marisco, aínda que os prezos están caros. 22-12-2021

Esta mañá viaxamos no primeiro tren de alta velocidade a Madrid en apenas dúas horas e cuarto.
Hoxe facemos o Telexornal desde esta estación ferroviaria de Ourense, que é desde agora a estación da alta velocidade de Galicia // Esta mañá viaxamos no primeiro tren de alta velocidade a Madrid en apenas dúas horas e cuarto // Unha estación nova na Gudiña vai atraer viaxeiros de Portugal // Lugo e Ferrol, dúas cidades que quedan afastadas do AVE // Folga de tres días nos centros de saúde de Oia, A Guarda e o Rosal. 21-12-2021
Ceo nubrado, con chuvias pola noite que irán entrando polo oeste. O vento vai soprar do sur con intervalos fortes e refachos moi fortes nas zonas altas. As temperaturas experimentarán un lixeiro a moderado ascenso. 21-12-2021
Hoxe facemos o Telexornal desde esta estación ferroviaria de Ourense, que é desde agora a estación da alta velocidade de Galicia // Esta mañá viaxamos no primeiro tren de alta velocidade a Madrid en apenas dúas horas e cuarto // A de Ourense é a estación de entrada do AVE a Galicia, unha estación que ten pendente remodelar o edificio de viaxeiros // Unha estación nova na Gudiña vai atraer viaxeiros de Portugal // Lugo e Ferrol, dúas cidades que quedan afastadas do AVE // Folga de tres días nos centros de saúde de Oia, A Guarda e o Rosal. 21-12-2021
O AVE entra en Galicia atravesando as montañas desde Sanabria a Ourense, un percorrido que se converteu nun dos máis difíciles de construír, con 16 anos de obras. O mesmo sucedera co tren convencional, que pasa pola mesma zona. As obras comezaron en 1927, e non rematarían ata 30 anos despois.
A influencia anticiclónica desaparece hoxe, co que os ceos van quedando parcialmente cubertos co avance do día, e chegan as precipitacións, máis probables na metade oeste e cara a noite, para continuar nos próximos días. As temperaturas mínimas ascenden moderadamente. 20-12-2021
Acontecemento histórico, así califican representantes institucionais dun e outro signo a chegada do AVE, que empeza mañá as viaxes comerciais entre Galicia e Madrid. // Os novos contaxios volven subir de 1.300 no último día, mentres se intensifican os cribados, e a taxa de positividade roza xa o 20 por cento. // Comeza a semana de maior actividade comercial no Porto pesqueiro de Vigo, con 200.000 quilos descargados esta mañanciña procedentes do Gran Sol, que viaxan arestora cara aos mercados centrais. // Confinados 15 xogadores e oito técnicos do Club Deportivo Lugo, ao dar positivos por Covid, nun gromo que obrigou a suspender o partido de liga co Almería. Todos os afectados están asintomáticos. 20-12-2021

A chegada as farmacias dos test gratuitos para nenos de 5 a 11 anos atrásase por problemas na distribución, Problemas que coiciden cun gran aumento na demanda de probas para detectar o virus. Sobre todo as de antíxenos, din os profesionais, empezan a escasear. // O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, arremete nun acto en Abegondo contra a vicepresidenta Nadia Calviño, trala discusión que mantiveron o mércores. Acusóuna de defraudadora fiscal. // A catro días para que empece o inverno, as predicións de AEMET din vai ser algo máis cálido e seco do que correspondería. Igual pasou con este outono, que notou os efectos do cambio climático. Canto aos próximos días, a partir do luns veñen as borrascas. 17-12-2021
Problemas de distribución retrasan a chegada as farmacias dos test gratuitos para nenos de 5 a 11 anos. A obriga do Certificado Covid exténdese a residencias ximnasios e eventos públicos e a Xunta prohíbe os cocteles navideños. // Nova xornada con máis de 1.200 novos contaxios rexistrados nun so día. A incidencia acumulada roza xa os 500 casos por 100.000 habitantes, que suporía entrar no nivel de risco extremo. // O Baixo Miño, novo destino turístico navegable. Unha ruta fluvial de balde comenzará a facer viaxes a partir de xeneiro, para promocionar o patrimonio das eurocidades transfronteirizas. // Os tres equipos galegos que xogaban a xornada da Copa, quedan eliminados da competición. O Celta, único que segue adiante, medirase co Atlético Baleares. 17-12-2021

Galicia continúa baixo influencia dun potente anticiclón, o que deixa un panorama de bancos de néboa matinais en zonas de interior e tempo seco e soleado. As temperaturas mínimas e sen cambios, mentres que as máximas sofren un lixeiro descenso. 17-12-2021
Ábrese unha nova ruta fluvial, de balde, para coñecer o patrimonio das eurocidades Tui-Valença e Salvaterra-Monçao. As viaxes no tramo baixo do río van comezar a finais de xaneiro e manteranse durante o verán.
O Tribunal Superior de Xustiza autoriza a esixencia do pasaporte covid en eventos concurridos, ademais de xinmasios e residencias, e prorroga o seu uso na hostalaría e os hospitais. // A Xunta desbota, de momento, ampliar as restricións para Nadal. // O arcebispo de Santiago convidou hoxe, persoalmente, ao Papa Francisco a visitar Santiago o próximo ano para celebrar o Ano Xacobeo.// En Pontevedra está en marcha o festival Novos Cinemas. Seis días adicados ao cine internacional nos que se proxectan traballos de 26 cineastas emerxentes. 16-12-2021
As altas presións continuan estacionarias traendo unha xornada máis estabilidade. Teremos ceos pouco nubrados en xeral, con néboas matinais, localmente persistentes. As temperaturas mínimas sen cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. 16-12-2021
O gromo entre médicos residentes do Hospital Clínico de Santiago suma xa 18 casos confirmados, todos vinculados a unha cea á que acudiron unhas 120 persoas. // Nova xornada con máis de 1.200 novos contaxios. Os casos activos chegan a cerca de 14.000. // Protesta da asociación de mulleres rurais de Galicia, nun hipermercado da Coruña pola situación do sector lácteo. Cargaron carros con productos das marcas que recomendan non mercar, por pagar aos productores por debaixo do precio de custe. // Desánimo do sector da hostalaría ante as cancelacións de ceas de empresa de nadal, que chegan xa ao 90 por cento das reservas. // Volve de novo a Galicia La Gran Consulta, a iniciativa de RTVE para coñecer de preto qué radiotelevisión queren os cidadáns. 16-12-2021