Toda Galicia segue baixo o forte temporal de auga e vento. (15/09/15)
Milleiros de gandeiros participaron en Santiago e Lugo en manifestacións para reclamar mellores prezos para o leite que producen. Mentres, os tractores seguen a bloquear centros comerciais en Santiago. Nesta cidade e en Lugo, continúan interrompendo o trafico en determinados puntos // A Xunta aproba axudas para os gandeiros que teñan solicitado prestamos para ampliar as granxas ou teñan contratado a mozos. Durante dous anos, non pagarán xuros nin amortización de capital. O Consello tamén dispuxo axudas para a reforma de cociñas e baños en vivendas, con axudas de ata o 40 % do custe do cambio // Hoxe volveron ó colexio 200.000 escolares de infantil e primaria. Despois de dous meses de vacacións, foi un dia para reencontros, ou presentacións, de compañeiros e profesores, e de comezar a adaptarse á rutina de clases, transporte e comedores. 10/09/15

Milleiros de gandeiros participaron en Santiago e Lugo en manifestacións para reclamar mellores prezos para o leite que producen // A Xunta aproba axudas para os gandeiros que teñan solicitado prestamos para ampliar as granxas ou teñan contratado a mozos // Hoxe volveron ao colexio 200.000 escolares de infantil e primaria. 10/09/15
Esta tarde, abriranse claros. As temperaturas, apenas sofren cambios. Para mañá venres, agárdanse choivas. 10/09/15
O Presidente da Xunta confía en que saian resultados positivos da reunión DE mañá no Ministerio entre administración, produtores de leite, industria e distribución. Díxoo logo de recibir aos gandeiros que protestan cos seus tractores PEDINDO un prezo para o leite en orixe que lles cubra os custes de produción // No polígono do Tambre, en Santiago, un grupo de manifestantes levan dende onte atrancando a entrada do almacén da cadea de distribución Día // A normativa de seguridade nos Rallyes podería cambiar, logo do tráxico sinistro de Carral, no que faleceron 7 persoas e 16 quedaron feridas. 09/09/15
A situación pola que pasan os produtores de leite, é tratada nunha reunión entre representantes dos gandeiros e a Xunta. O Presidente, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola Conselleira de Medio Rural, recibiu a representantes dos principais sindicatos agrarios, das cooperativas, e das organizacións de produtores que lle expoñen as súas reivindicacións, dun prezo que lles cubra os custes de producción // A normativa de seguridade nos Rallyes podería cambiar, logo do tráxico sinistro de Carral, no que faleceron 7 persoas e 16 quedaron feridas. A Federación Internacional de Automobilismo, que vai esixir maior coordinación nas probas para cumprir a regulamentación, algo que ata agora non sempre pasaba // Os xulgados de Vigo e A Coruña creados para atender casos de afectados por participacións preferentes manterán a súa actividade ata o 31 de decembro. Así o confirmou o director xeral de xustiza, alegando o elevado número de asuntos que se manteñen por resolver. 09/09/15
A situación pola que pasan os produtores de leite, é tratada nunha reunión entre representantes dos gandeiros e a Xunta // A normativa de seguridade nos Rallyes podería cambiar, logo do tráxico sinistro de Carral, no que faleceron 7 persoas e 16 quedaron feridas // Os xulgados de Vigo e A Coruña creados para atender casos de afectados por participacións preferentes manterán a sua actividade ata o 31 de decembro. 09/09/15
No tempo, temos ceos anubrados con algunhas choivas febles na parte oeste. Iso é asi porque desde o Atlántico entra unha pequena fronte, que trae esas pingueiras. 09/09/15
A protesta dos gandeiros polos baixos prezos do leite chegou ata Santiago, onde fixeron un reparto gratuíto de produto recentemente muxido, diante dun centro comercial. Unha acción simbólica para chamar a atención sobre a situación económica que atravesan, e para denunciar a práctica das grandes superficies, que venden o leite por debaixo do prezo de custe // A protesta está protagonizada por uns 3.000 mil tractores. Con ela insisten en pedir medidas das administracións para paliar a crise que, din, está levando a centos de granxas ao borde da quebra. A marcha dos vehículos agrícolas pola cidade está a causar problemas de tráfico // Un neno, ferido grave no accidente do rali de Carral evoluciona favorablemente, xunto a outros 2 adultos, vítimas tamén do mesmo sinistro. Outro adulto segue grave. 08/09/15
A protesta dos gandeiros polos baixos prezos do leite chegou ata Santiago, onde fixeron un reparto gratuíto de produto, recén muxido, diante dun centro comercial. Unha acción simbólica para chamar a atención sobre a situación económica que atravesan, e para denunciar a práctica das grandes superficies, que venden o leite por debaixo do prezo de custe // A protesta está protagonizada por uns 3.000 mil tractores. Con ela insisten en pedir medidas das administracións para paliar a crise que, din, está levando a centos de granxas ao borde da quebra. A marcha dos vehículos agrícolas pola cidade está a causar problemas de tráfico // Un neno, ferido grave no accidente do rali de Carral evoluciona favorablemente, xunto a outros 2 adultos, vítimas tamén do mesmo sinistro. 08/09/15
A protesta dos gandeiros polos baixos prezos do leite chegou ata Santiago, onde fixeron un reparto gratuíto de produto, recén muxido, diante dun centro comercial // A protesta está protagonizada por uns 3.000 mil tractores // Un neno, ferido grave no accidente do rali de Carral evoluciona favorablemente, xunto a outros 2 adultos, vítimas tamén do mesmo sinistro. 08/09/15
Comezaron a aumentar as nubes polo oeste e esta tarde serán xeralizadas en toda Galicia. Estamos nunha situación na que o anticiclón perde algo de forza, e por iso as temperaturas máximas baixan respecto destes días de atrás. 08/09/15
Esta tarde reciben sepultura, en cemiterios coruñeses de Carral e Cambre, as 6 vítimas, iniciais do accidente do rally de Carral do pasado sábado. Das dezaseis persoas que resultaran feridas, só 4 seguen hospitalizadas. Dúas están graves, un neno, e un adulto // 5.000 tractores chegan a Santiago para unha nova protesta polos baixos prezos do leite. Prevén manterse na capital galega durante catro días, á espera dos resultados da xuntanza deste xoves en Madrid, entre o sector e o ministerio de agricultura // Detido en Vigo un home en relación coa morte da súa parella, unha muller de 46 anos, de nacionalidade brasileira. Segundo a Policía, o detido, un vigués ,de 31 anos,presentouse en comisaría dicindo que discutira coa súa noiva, e que a matara accidentalmente. 07/09/15

, iniciais do accidente do rally de Carral do pasado sábado // 5.000 tractores chegan a Santiago para unha nova protesta polos baixos prezos do leite // Detido en Vigo un home en relación coa morte da súa parella, unha muller de 46 anos. 07/09/15
En canto ó tempo, segue o anticiclón, con ceos despexados, en xeral. Sen embargo, esta tarde pode haber algunha tormenta no sur de Galicia. 07/09/15
A muralla de Lugo segue rodeada de tractores. Máis de 1000 tractoristas pasaron a noite ó pé da muralla onde continúan concentrados. Piden que as administración lles expliquen as medidas para paliar a crise de prezos do leite // O Delegado do Goberno di que, nas próximas horas, podería haber detencións polo incendio da pasada fin de semana e inicio desta que calcinou máis de tres mil hectáreas na zona ourensá da Limia // O estaleiro Armón de Vigo vai construír un buque de investigación pesqueira e oceanográfica para Arxentina por uns 25 millóns de euros. Foi a única oferta que se presentou ao concurso público do Instituto de Investigación e Desenvolvemento Pesqueiro de aquel país. 04/09/15
A muralla de Lugo segue rodeada de tractores. Máis de 1000 tractoristas pasaron a noite ó pé da muralla onde continúan concentrados. Piden que as administración lles expliquen as medidas para paliar a crise de prezos do leite // Unha multitudinaria manifestación recorreu as rúas de Vigo, en defensa da sanidade pública. Os manifestantes expresaron o seu descontento coa xestión sanitaria na area de Vigo trala posta en funcionamento do novo hospital // O Delegado do Goberno di que, nas próximas horas, podería haber detencións polo incendio na pasada fin de semana e inicio desta que calcinou máis de tres mil hectáreas na zona ourensá da Limia. O Presidente da Xunta reuniuse hoxe cos alcaldes de Cualedro, Xinzo, Trasmiras e Baltar e anuncioulles axudas económicas para paliar os efectos do lume nas infraestructuras públicas e propiedades privadas. 04/09/15
A muralla de Lugo segue rodeada de tractores // Unha multitudinaria manifestación recorreu as rúas de Vigo, en defensa da sanidade pública // O Delegado do Goberno di que, nas próximas horas, podería haber detencións polo incendio de Cualedro. 04/09/15