Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 15/04/21 15/04/2021 50:10

Preocupación polos casos da variante brasileña en Vigo. A maioría en xente nova e sen contacto entre si. Vanse facer cribados a menores de 30 anos.

Os restaurantes ultiman os preparativos pra cumpri-los requisitos que lles permitirán abrir, dende mañá venres, ata as 11 da noite. Finalmente terán unha semana máis pra poñer en marcha os sistemas de control de CO2.

AETINAPE denuncia a paradoxa dos barcos atuneiros. As tripulacións están compostas por tripulantes bascos e galegos. Os de Euzkadi están a ser vacinados, pero os galegos non.

O servizo de vixilancia aduaneira estrea hoxe un novo patrulleiro. O Cóndor é o de maior eslora da súa clase, e ten unha autonomía de 2 mil millas, o que lle permite estadías máis longas no mar. Unha das súas prioridades será o narcotráfico

As víctimas de Angrois presentaron no Tribunal Superior de Xustiza de Madrid un recurso contra a decisión do Ministerio de Transportes de non renova-la comisión de investigación de accidentes.

Mobilización dos traballadores de Aluibérica. Están en Madrid, ás portas do Ministerio de INdustria, pra reclamarlle que a SEPI tome o control da empresa.

Mentres, o comité de empresa de Repsol na Coruña busca apoios políticos pra paralizar o expediente de regulación de emprego que a compañía presentou pra un terzo do cadro de persoal.

Galicia Informativos
Más opciones