Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 14/05/2021 14/05/2021 50:01

A pesca de baixura paralizou de novo a súa actividade nos portos de toda Galicia en sinal de protesta polo regulamento de control da pesca da Unión Europea.

O PSdeG sinala unha tendencia extrema á privatización das residencias de maiores en Galicia. Acusan á Xunta de connivencia cun modelo escurantista con deficiente atención ós usuarios.

Adolfo Domínguez reduce á metade os afectados en Ourense polo ERE. Despedirá 60 persoas e outras 40 vanse prexubilar

A Policía da por desartellado o principal grupo adicado á venda de heroína do noroeste de España. Usaban a toxicómanos en semi escravitude como gardas

Presentada a iniciativa "Defende Meirás" Ten como obxectivo lograr que os bens do Pazo consigan a mesma protección que ten o inmoble para evitar que a familia Franco poida leva-los. Os seus promotores aseguran que está nas mans da Xunta conseguilo.

Galicia Informativos
Más opciones