Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 12/05/21 12/05/2021 49:59

Hoxe celébrase o día internacional da enfermería, unha xornada que tras dun ano de pandemia as atopa cansas, queimadas, e coa sensación de que as autoridades non as valoran axeitadamente.

Novo repunte dos casos activos en Galicia. Volvemos ter máis de 3 mil persoas contaxiadas, logo dunha xornada na que se duplicaron as deteccións de novos casos

No Parlamento, o presidente Núñez Feijóo afirmou que os responsables da crise industrial de Galicia son o PSOE e BNG. A oposición acusouno de buscar sempre culpables fóra.

Aprazada dous días máis a folga en Alcoa, despois de recibir a carta que o Goberno central enviou a Alcoa para ofrecerse a mediar na venda da fábrica de aluminio.

O delegado do Goberno pide á Xunta que acelere a declaración BIC do mobiliario do Pazo de Meirás. Hai máis marxe despois de que un xulgado da Coruña  suspendera o prazo dun mes que dera para realizar a mudanza.

A Real Academia Galega e a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán homenaxean á escritora no centenario do seu falecemento. Animan a ler a obra de Pardo Bazán pola audacia e modernidade do seu pensamento.

No tempo. continúan as chuvias, pero pola trde serán máis illadas e ocasionais.

Galicia Informativos
Más opciones