Recollemos hoxe as reaccións á posibilidade de converter baixos comerciais en vivendas. Unha reforma aprobada pola Xunta e que de momento conta co visto bo de arquitectos e inmobiliarias.
Polo demais, fin de semana previa ó inicio do curso escolar. Hoxe inaugurouse xa o ano universitario
Primeiras reaccións ó anuncio da xunta de modificar as normas de habitabilidade co fin de que miles de baixos baleiros pasen a ser vivendas. As sensacións son boas aínda que desde o sector inmobiliario cren que debería haber máis garantías para que os baixos se destinen a aluguer, que é o que escasea. E evitar así que pasan a usarse como segundas vivendas ou como residencias temporais para turistas especialmente en grandes cidades.
Tampouco o ven mal os comerciantes. Pensan que é unha boa solución para as rúas menos transitadas, as que acumulan máis baixos sen actividade. Eles prefiren traballar nas zonas céntricas
- Enfrontamento entre socialistas e PP na Deputación de Pontevedra.
O actual Goberno acusa de despilfarro ó anterior executivo de coalición; o PSOE sinala que o actual presidente convertiu a institución nunha sucursal da Xunta.
- Barbadás e Ourense únense pra demandar á Xunta un transporte metropolitano.
Nos próximos días os rexedores solicitaran unha reuniion de traballo co goberno autonómico á que convidaran a asistir todos os alcaldes da comarca
- Comisións Obreiras tamén se sumará ás mobilizacións no ensino se a conselleira non negocia a reducción da xornada pra o profesorado.
A tres días do comezo do curso este sindicto critica que se eliminen 54 unidades e 72 postos de traballo nas etapas de infantil e primaria.
- En Vigo, acto de apertura do curso universitario.
O reitor Manuel Reigosa reivindicou a rendabilidade do investimento que se realiza na universidade... dixo que non hai que ve-lo como un gasto
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula o contrato de Cespa, a concesionaria de recollida de refugallos da Coruña na que se tería xestado a suposta trama corrupta do sindicato de limpeza STL.
Sobre a posible aplicación dunha taxa turística en Santiago, o presidente da Xunta lembra que o sector turístico pide máis información e que a lei que regularía esta taxa non afectaría unicamente á capital de Galicia.
Na Coruña, xa é obrigatorio limpar con auga os ouriños dos cans na vía pública. a ordenanza quedou aprobada onte no primeiro pleno da cidade.
Preocupación en Valdoviño polo aspecto e cheiro do encoro de As Forcadas que abastece á comarca de Ferrolterra. os veciños da zona queixanse de que non poden facer uso do encoro pra actividades de ocio, xa que non é apto pro baño ou pra pesca.
A Xunta actualiza o calendario ve vacinas para os bebes e empezará a administrar a primeira dose contra o rotavirus. Acordo adoptado no consello semanal que tamén aprobou o decreto coas normas que permiten transformar os baixos comerciais en vivendas.
Primeiro foi o sindicato Anpe, agora é a CIG a que da un ultimatum a Educación pra evitar unha folga do profesorado: insta a consellría a que presente este mes unha proposta de redución de horario. Por certo, o luns, a raiña Letizia participará na inauguración do curso escolar nun colexio de Sigüeiro.
O tempo.
Hoxe con risco de treboadas pola tarde en gran parte de Galicia.
Varios asuntos de calado hoxe no Consello da Xunta. O goberno galego aprobou o decreto que flexibiliza as condicións para converter baixos comerciais en vivendas. Ademais, remitirá á Cámara a nova lei de Calidade Alimentaria. E un anuncio: Galicia empezará o 1 de outubro a vacinar a poboación infantil fronte ó rotavirus. Seremos tamén a primeira comunidade en administrar unha vacina tetra-valente contra o meningo-coco para todos os nacidos a partir do un de xuño deste 2023.
Nueva Pescanova pretende prescindir dun cento de traballadores nas oficinas de Chapela e Madrid. En plena negociación dabanca pra vender a unha firma canadense o 80 por cento da compañía, a dirección presenta este ERE.
E a catro días pra o comezo do curso escolar a Xunta, ante as críticas dos sinddicatos, mantén que non hai reducción de profesores. Pero en moitos colexios hai protestas e en varios da Costa da morte xa anuncian un boicot ó inicio das clases.
E saiban que continúa a busca de dous homes desaparecidos en Abadín e Pol. Primeiro, de 82 anos está en paradoiro descoñecido desde o luns. A desaparición do segundo, de 72 anos, foi comunicada este martes.
O tempo.
Hoxe agardamos nubes de tipo medio e alto; chuvascos treboentos pola tarde no interior e temperaturas sen cambios.
Cando as familias xa están metidas na conta atrás pro inicio do novo curso escolar, continúa o baile de cifras sobre as ratios na aula entre a Consellería de Educación, as ANPAs e os sindicatos. Polémica ademais ó redor dos comedores escolares, nun día no que soubemos que Nueva Pescanova presenta un ERE para extinguir ó redor de cen contratos en Redondela e Madrid.
Sanidade presenta a sua estratexia para implicarse na loita contra o cambio climatico.
Pretende reducir ata 2030 un 60 por cento as emisións de CO2. Unha tarefa na que pretende implicar tanto o persoal do Sergas como os pacientes.
O BNG levará ao Parlamento a posta en marcha dun escudo social para protexer ós cidadáns ante a crise de prezos.
Tras unha reunión da interparlamentaria nacionlista Ana Pontón fixouse como inmediatos retos lograr que Galicia non se baixe do tren das nacións e liderar o futuro goberno autonóico.
Os traballadores do estaleiro Metalships levaron hoxe a súa protesta a Moaña.
Concentráronse ante as instalacións do grupo Rodman. Levan unha semana de folga polo despedimento de 7 compañeiros.
Avanza a renovación do corredor ferroviario entre Lugo e Ourense.
Máis da metade do novo túnel do Oural xa está feito. Avanza a un ritmo de 45 metros por semana.
O tempo. pola tarde haberá máis nubes pero non se agardan chuvias.
Ás portas do comezo escolar, A Federación de ANPAS de COmpostela e a concellería de Educación buscarán retomar a posta en marcha do Consello Escolar Municipal. Un órgano que non se convoca desde o ano 2011.
- Santiago contará con nova depuradora en maio de 2026. O goberno licitou o contrato pras obras, logo de incluir o incremento dos prezos e os gastos non imprevistos.
-O persoal de limpezas de Correos na provincia da Coruña comeza unha folga indefinida en protesta polos incumprimentos salariais e laborais da concesionaria. A partir das 11 concentraránse na sede de Correos en Santiago.
-Santiago acollerá o ECAI, o congreso de intelixencia artificial máis importante de Europa. Será en outubro do ano que vén.
-o BNG da Coruña levará mañá a pleno a feira do libro. Considera o goberno local non estivo á altura da cidade literaria