Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Aproveitando os raios de sol, e pese as temperaturas por debaixo dos dez graos esta mañá, hai bañistas que non perdoan o chapuzón diario en Riazor. nunha xornada marcada polas xeadas no interior e os ceos despexados en xeral. // Polémica entre os grupos políticos pola situación dos servizos sanitarios. O Partido Popular acusa a oposición utilizala para desgastar á Xunta. // Xornada negativas para Lugo e Celta. Con tres derrotas consecutivas, os de Fran Justo colócanse penúltimos na táboa ao perderen ante o Villareal B. Mentres, o Celta perde ante o Mallorca. 23-01-23

Hoxe quedamos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, cunha fronte pouco activa rozando a Comunidade. Predomimio de ceos nubrados con orballos ocasionais durante o día, algo máis activos á noite e máis probables ao norte. 20-01-23

Os últimos solpores da Europa, xunto co enoturismo ou a gastronomía, Son os reclamos que destaca Galicia en FITUR, o certame internacional onde está presente cun stand de máis de mil metros cadrados. // Algúns ríos están ainda en alerta por risco de desbordamento, e no mar parte da frota quedou amarrada un día máis, Só saíron alguns barcos, que acadaron poucas capturas. // O capitán do Lugo, Xavi Torres, apartado do equipo ao ser condenado por amañar o resultado dun partido hai dez anos, cando xogaba no Betis. // Cinco murais pintados en Galicia, entre os cen mellores do mundo, segundo a plataforma de referencia en arte urbano Street Art Cities. 20-01-23

Os últimos solpores da Europa, xunto co enoturismo ou a gastronomía, Son os reclamos que destaca Galicia en FITUR, o certame internacional onde está presente cun stand de máis de mil metros cadrados, e con medio cento de presentacións de recursos e novidades. // algúns ríos están ainda en alerta por risco de desbordamento, e no mar parte da frota quedou amarrada un día máis, ainda que sen avisos. Só saíron alguns barcos, que acadaron poucas capturas. // O capitán do Lugo, Xavi Torres, apartado do equipo ao ser condenado por amañar o resultado dun partido hai dez anos, cando xogaba no Betis. É a primeira condena en España por corrupción deportiva. // Cinco murais pintados en Galicia, entre os cen mellores do mundo, segundo a plataforma de referencia en arte urbano Street Art Cities. O lucense Diego As, que triunfou o ano pasado, repite con outra obra pintada en Lugo 20-01-23

A gastronomía, o enoturismo, as maravillas naturais, ou os últimos solpores da Europa occidental. Son os reclamos de Galicia para conquistar FITUR, o certame internacional que que hoxe visitou o presidente da Xunta. // O PP comezou hoxe en Ferrol unha serie de mobilizacións para reclamarlle ao Goberno central que modifique a lei do "Só si é si". // Xavi Torres, capitán do CD Lugo, condenado a dez meses de cárcere e dous anos de inhabilitación por perder adrede hai dez anos cando xogaba no Betis. // Cinco murais pintados en Galicia están entre os cen mellores do mundo, segundo unha páxina de internet. Nuns días, coñecerase o gañador por votación. 20-01-23

As temperaturas mínimas continuaron sen moitos cambios con valores baixo cero en moitos puntos. Si notaremos durante o día que as máximas empezan a recuperarse. Na costa rondarán os 14 graos e no interior algo máis baixas en torno aos 10. 19-01-23

A neve convértese en atractivo turístico nas zonas de montaña, como Cabeza de Manzaneda, onde se traballa para abrir a pista de esquí. A circulación nas estradas volve á normalidade. // O Sergas estuda recorrer a médicos no último ano do Mir para cubrir vacantes. Colectivos médicos cuestionan a legalidade da fórmula. // Galicia mantense por riba da media do conxunto de España en Doazón de órganos, con 128 doantes en 2022, que permitiron realizar case 300 transplantes. // O Sindicato Unificado de Policía denuncia un déficit de máis de 300 efectivos en Galicia. Din que os  incidentes nocturnos aumentaron un 50 por cento con respecto ó ano pasado . 19-01-23

A neve convértese en atractivo turístico nas zonas de montaña, como Cabeza de Manzaneda, onde se traballa para abrir a pista de esquí. A circulación nas estradas volve á normalidade. // O Sergas estuda recorrer a médicos no último ano do Mir para cubrir vacantes. Colectivos médicos cuestionan a legalidade da fórmula. // Galicia mantense por riba da media do conxunto de España en Doazón de órganos, con 128 doantes en 2022, que permitiron realizar case 300 transplantes.// 450 médicos galegos aspiran a especializarse polo sistema MIR nas probas que se celebran este sábado en Santiago e Vigo. 19-01-23

Tralo paso de Fien, unha nova fronte trae mais chuvia nas próximas horas. O abondoso caudal que os ríos aportan ás desembocaduras preocupa xa aos mariscadores. // A situación normalizouse tamén nas estradas, co transporte escolar restablecido nas zonas de montaña. // Un perito critica no xuízo do Alvia a avaliación de riscos na liña ferroviaria. Considera que causa do accidente foi que non se protexeron os riscos de velocidade na curva. // 450 médicos galegos aspiran a especializarse polo sistema MIR nas probas que se celebran este sábado en Santiago e Vigo. 19-01-23

Unha masa de aire ártico marítimo fixo baixar ainda máis os termómetros con xeadas importantes no interior e con temperaturas que caeron ata os 6 graos negativos na Veiga en Ourense. Máis frío que se notará sobre todo durante o día. 18-01-23

O temporal deixa cerca de 1.400 incidencias, a maioría por caídas de obxetos. Ás complicacións para o tráfico súmase tamén en moitos puntos o xeo. // A neve convértese en protagonista da xornada nas estradas, provocando grandes retencións a primeira hora da mañá. Na A-6 e na A-8 chegaron a prohibir o paso de vehículos pesados. // Alcaldes socialistas e do BNG forman unha fronte para denunciar o deterioro dos servizos na área sanitaria de Pontevedra-Salnés. // A Xunta reclama as esculturas que foron roubadas hai décadas do mosteiro de Carboeiro, en Silleda e que actualmente están no Museo Marés dependente do concello de Barcelona. 18-01-23

Dificultades para circular por algunhas estradas a causa da neve. Algúns núcleos das montañas de Lugo e Ourense con problemas para o acceso. // O Miño ao seu paso pola cidade de Lugo supera xa o nivel de desbordamento. // Alcaldes socialistas e do BNG forman unha fronte para denunciar o deterioro dos servizos na área sanitaria de Pontevedra-Salnés. Reclaman melloras nas condicións laborais dos médicos para que se cuban as prazas vacantes. // A Xunta reclama as esculturas que foron roubadas hai décadas do mosteiro de Carboeiro, en Silleda, e das que un investigador galego descobríu o seu paradoiro actual: están no Museo Marés dependente do concello de Barcelona que xa se amosou disposto a devolvelas. 18-01-23

As máquinas traballan para despexar as estradas, en alerta por neve en prácticamente todo o interior de Galicia. Cortes puntuais de tráfico e restricións ao paso de camións Na A-6 a altura do Corgo e en Pedrafita. // En Begonte a baixada do nivel da auga permitíu o regreso dos veciños que tiveron que ser desaloxados, algúns en motos de auga, polo desbordamento do río Ladra. // A Xunta agarda que as esculturas roubadas do mosteiro de C-arboeiro, en Silleda, volvan pronto ó seu lugar orixinal. Tal como descobríu un investigador galego, están no museo Marés, do -oncello de Barcelona. 18-01-23

Baixa a cota de neve a en torno os 300 metros de altitude. Nas montañas de Lugo e Ourense pódense acumular ata 20 centímetros. O temporal irá a máis con chuvias que poden vir acompañadas de saraiba e aparato e eléctrico e alerta vermella na costa da Coruña por ondas de máis de 8 metros. 17-01-23

Veciños de Begonte, rescatados en balsas das suas casas anegadas. O temporal deixa ao seu paso un rastro con máis de 700 de incidencias. // A neve chega xa as zonas de montaña de Lugo e Ourense, onde foi suspendido o transporte escolar. // Dúas aldeas de Valdeorras cuns 40 veciños permanecen illadas debido a un desprendemento na única estrada de acceso. // O perito xudicial critica no xuizo polo accidente do Alvia que Adif non fixera ningún estudo específico de perigosidade na curva de Angrois. // Fretadas en Vigo ás tres novas embarcacións patrulleiras da Axencia Europea de Control da Pesca que se encargarán dos labores de inspección en augas do Atlántico e o Mediterraneo. .17-01-23

Dificultades nas estradas por desprendementos e caídas de árbores e danos no tendido eléctrico. O temporal deixa ao seu paso máis de 700 de incidencias. // en Valdeorras, dúas aldeas cuns 40 veciños permanecen illadas debido a un desprendemento na única estrada de acceso ás súas vivendas. // O perito xudicial critica no xuizo polo accidente do Alvia que Adif non fixera ningún estudo específico de perigosidade na curva de Angrois. // Fretadas en Vigo tres novas patrulleiras da Axencia Europea de Control da Pesca que se encargarán dos labores de inspección en augas do Atlántico e o Mediterraneo. 17-01-23

O temporal deixa un rastro de casa anegadas, dificultades nas estradas e centos de incidencias. // A costa en alerta bermella, alerta laranxa por neve nas zonas de montaña, e unha vintena de ríos con avisos por desbordamento. // Xuízo en Santiago pola morte dun menor a mans do seu tío, ocorrida hai dous anos. A defensa do acusado pide a libre absolución alegando que foi producto dun brote psicótico, mentres a acusación pide prisión permanente revisable. // 17-01-23

Comeza a semana con temporal de chuvia e forte vento e con suba de temperaturas. A partir de mañá entrada de Fien, outra fronte de aire frío procedente de Francia que ademáis de endurecer as condicions no mar, fará baixar os termómetros a baixo cero en moitos puntos. 16-01-23

Arbores arrincadas en Ferrol, son efectos da borrasca Gerard que se deixa notar, con refachos de vento que chegaron xa a superar os 160 kilometros por hora e ondas de ata 7 metros. // A polémica en relación coa medidas sobre o aborto en Castela e León trasládase a Galicia. Os populares descartan cambios no protocolo actual da nosa comunidade // Comenza en Vigo a desmontaxe dos adornos e atraccións de nadal, tras case dous meses, onde a ocupación hoteleira acadou unha media do 90%. // Os sanitarios advirten dunha pandemia silenciosa pola cada vez ver maior resistencia das bacterias aos antibióticos, e advirten de non gardar os sobrantes ao rematar un tratamento. 16-01-23

Fronte cálida, con nubes baixas durante toda a xornada, con orballos na metade oeste e apertura de tímidos claros no norte e leste. Pola noite chegará unha fronte fría que deixará chuvias máis intensas, que se moverán de oeste a leste. 10/01/2023