A fronte que pasou de madrugada abandonou xa Galicia deixando ceos con claros, combinados con chuvascos dispersos e ocasionais, máis frecuentes na metade oeste. As temperaturas ascenden lixeiramente. 15-11-22
Aumento record do prezo dos alimentos en Galicia, de case un 15 por cento respecto ao ano pasado. O IPC de outubro, publicado hoxe, segue por riba da media do conxunto de España, ainda que modera a sua suba grazas ao descenso da electricidade. // A caída do viaduto do Castro, na A-6, foi debido ao desgaste dos materiais e a reparacións inaxeitadas, segundo a investigación do ministerio de Transportes. // A Xunta xustifica que os Puntos de Atención Continuada funcionen en ocasións sen contar coa presenza de médicos ante a carencia de profesionais. // Un home perdeu a vida e outro resultou ferido ao nafragar a embarcación na que andaban á pesca da robaliza en Estaba de Bares. // 15-11-22
Aumento record do prezo dos alimentos en Galicia, de case un 15 por cento respecto ao ano pasado. O IPC de outubro, publicado hoxe, segue por riba da media do conxunto de España, ainda que modera a sua suba grazas ao descenso da electricidade. // A caída do viaduto do Castro, na A-6, foi debido a combinación do desgaste dos materiais con reparacións inaxeitadas, segundo a investigación levada a cab polo ministerio de Transportes. // A Xunta xustifica que os Puntos de Atención Continuada funcionen en ocasións sen contar coa presenza de médicos ante a carencia de profesionais. A Area Sanitaria de Pontevedra Salnés dará formación especial as enfermeiras para atender emerxencias. // Un home perdeu a vida e outro resultou ferido ao nafragar a embarcación na que andaban á pesca da robaliza en Estaba de Bares. // 15-11-22
A suba de prezos confirma a sua moderación no mes de outubro, grazas ao descenso da electricidade, ainda que a inflación segue en Galicia por riba da media de España. // Décima sesión do xuízo polo accidente do Alvia, cunha única declaración: a dun inspector de seguridade de ADIF que sostén que non constaba ningún aviso sobre a perigosidade da curva de Angrois. // A caída do viaducto do Castro na Autovía A-6 preto de Pedrafita tivo varias causas: Un desgaste do formigón co paso do tempo maior do previsto, xunto co uso de demolición con auga nas obras de reparación. 15-11-22
Haberá outra marea negra?
Cada día, un cento de mercantes circulan polo corredor marítimo fronte á costa galega. Os protocolos deixan en mans do director xeral da Mariña Mercante a decisión última sobre que facer cun buque con problemas
Nunca Máis, o movemento que cambiou a visión sobre os galegos
A catástrofe do Prestige provocou as maiores mobilizacións da historia de Galicia. O berro de indignación asentouse como marca contra as inxustizas
Seis días de novembro. A cronoloxía do naufraxio
Os veciños de Muxía chegaron a ver a silueta do Prestige apenas a tres millas da costa. O buque acabou afundido tras provocar unha marea negra que afectou a máis de 3.000 quilómetros de litoral.
Dende Muxía, na zona cero daquela catastrofe, no Parador da Costa da Morte, inaugurado oficialmente hai apenas unhas semanas, facemos un informativo especial para lembrar os 20 anos da catástrofe do Prestige. // José Luis López Sors, entón Director Xeral da Mariña Mercante, acusado e absolto no xuizo, mantén, nunha entrevista concedida a TVE que a prioridade era evitar que o petroleiro embarrancara na costa causando unha contaminación maior. // A catástrofe provocou as maiores mobilizacións da nosa historia, articuladas en torno á plataforma Nunca Máis, Moitos dos protagonistas coinciden e que aquela reacción colectiva cambiou a percepción de Galicia. // Os efectos da marea negra son hoxe case imperceptibles, pero daquela poideron ser menores. Os científicos láianse de que non se lles tivera en conta a hora de tomar as decisións. 14-11-2022
Cúmprense 20 anos da catástrofe do Prestige, que comenzou ben cerca do Parador da Costa da Morte en Muxía, dende onde facermos hoxe un informativo especial sobre o aniversario. //. // O goberno de España presentou hoxe recurso no Tribunal de Xustiza da Unión Europa contra o veto a pesca de fondo, que afecta a 87 zonas do Atlántico onde deixou de faenar a frota galega. // Normalidade na primeira xornada de paro convocada pola Plataforma en Defensa do transporte e da que se desmarcan as principais asociacións de transportistas de Galicia. 14-11-2022
O sol acompaña nos magostos que se celebran aproveitando o día festivo en moitas localidades galegas e en cidades coma Ourense. As temperaturas acompañan con máximas que mesmo superaron os 20 graos. Así comeza unha fin de semana que se agarda seca e solleira. 11-11-22
Medidas para actuar frente a un episodio de contaminación mariña como o do Prestige, do que este domingo se cumpren 20 anos. No porto de Laxe, equipos da Xunta fan un simulacro de accidente cun verquido no mar.. // no xuízo do accidente do Alvia, declaración hoxe doutro responsable de ADIF, que defendeu os cambios introducidos no dispositivo de seguiridade da vía. // Funcionarios da prisión da Lama denuncian un incidente no que varios presos tentaron facerse co control dun módulo, e no que un traballador resultou ferido. // O Museo de Arte Contemporánea de Vigo celébrao con tres exposicións e actividades durante a fin de semana o seu 20 aniversario, como referente do panorama máis actual da plástica dende o ámbito local ao internacional. // 11-11-22
Medidas para actuar frente a un episodio de contaminación mariña como o do Prestige, do que este domingo se cumpren 20 anos. No porto de Laxe, equipos da Xunta fan un simulacro de accidente cun verquido no mar.. // no xuízo do accidente do Alvia, declaración hoxe doutro responsable de ADIF, que defendeu os cambios introducidos no dispositivo de seguiridade da vía. // Funcionarios da prisión da Lama denuncian un incidente no que varios presos tentaron facerse co control dun módulo, e no que un traballador resultou ferido. // O Museo de Arte Contemporánea de Vigo celébrao con tres exposicións e actividades durante a fin de semana o seu 20 aniversario, como referente do panorama máis actual da plástica dende o ámbito local ao internacional. // 11-11-22
Equipos de emerxencia actúan para frear un verquido accidental moi contaminante no mar. É un simulacro organizado hoxe polos efectivos da Xunta en Laxe, na mesma Costa que sofríu a maior catásfrote ecolóxica da nosa historia trala chamada de auxilio do Prestige, da que este domingo se cumpren 20 anos.. // Sanidade abre hoxe a autocita para todos aqueles maiores de sesenta anos que queiran poñerse a cuarta dose de reforzo da vacina da Covid e que non acudiron ás citas programadas polo Sergas. // Ante o incremento de casos de gripe e infeccións respiratorias, especialmente na área de Vigo, a consellería insiste en que non se está a rexistrar un coplapso nas urxencias pediátricas do Hospital Álvaro Cunqueiro,// 11-11-22
O anticiclón vai gañando terreo. Pola tarde abriranse máis claros. O vento sopra do sur co que aumentan as temperaturas. As máximas mesmo chegan aos 20 graos. Tempo seco que continuará alomenos ata o domingo. 10-11-22
Ana Baneira, coruñesa de 24 anos, permanece en paradoiro descoñecido tras ser detida en Irán, nunha das protestas contra o réxime dos Aiatolas, segundo a axencia de activistas polos dereitos humanos dese país. // o xuízo polo accidente do Alvia celebra unha nova sesión coa testemuña dun alto cargo de Adif que descargou a responsabilidade dos posibles riscos na curva de Angrois sobre a compañía RENFE. // Recargar as caldeiras da calefacción central este outono custaralles case o dobre ás comunidades veciñais polo incremento do prezo do litro do gasóleo. // Moita cantidade e de boa calidade, así din que está a ser o xénero que atopa a frota das rías Baixas que sae a procura da centola, un dos mariscos máis prezados nas mesas de Nadal. 10-11-22
Ana Baneira, coruñesa de 24 anos, permanece en paradoiro descoñecido tras ser detida en Irán, nunha das protestas contra o réxime dos Aiatolas, segundo a axencia de activistas polos dereitos humanos dese país. // o xuízo polo accidente do Alvia celebra unha nova sesión coa testemuña dun alto cargo de Adif que descargou a responsabilidade dos posibles riscos na curva de Angrois sobre a compañía RENFE. // Recargar as caldeiras da calefacción central este outono custaralles case o dobre ás comunidades veciñais polo incremento do prezo do litro do gasóleo. // Moita cantidade e de boa calidade, así din que está a ser o xénero que atopa a frota das rías Baixas que sae a procura da centola, un dos mariscos máis prezados nas mesas de Nadal, na campaña que acaba de comenzar. 10-11-22
Nova xornada de xuizo do accidente do Alvia, coa declaración dun alto cargo de ADIF que resta importancia ao feito de non ter conectado o sistema ERTMS e atribúe a responsabilidade ao maquinista. // Segue a elevada incidencia de casos de gripe e infeccións respiratorias. A área sanitaria de Vigo é a que máis o está a notar. // Innovar na produción de moluscos e conseguir que os procesos de transformación sexan máis sostibles e intelixentes. Ese é o reto da nova unidade mixta impulsada en Cambados pola patronal da conserva e o grupo Angulas de Aguinaga. //10-11-22
Xornada de transición cara a influencia anticiclónica de momento con poucos cambios nas temperaturas. O vento amaina e mellora a situación no mar onde xa se desactivou a alerta. 09-11-22
Chuvascos con precipitacións intermitentes e localmente intensas, nun día con refachos fortes de vento que tenden a diminuir. Baixa a nivel amarelo a alerta na costa por temporal. 08-11-2022