Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Recuperamos a influencia anticiclónica con ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, tan son nubes baixas no norte de Lugo poden deixar algunha chuvia feble. Temperaturas mínimas en ascenso e a máximas tamén máis altas, sobre todo nas rías Baixas, con 27 graos en Vigo. 06-10-22

O xuizo do Alvia queda aprazado ata dentro dunha semana, trala declaración do maquinista, Francisco José Garzón, que dixo que cando ocorreu o sinistro non había sinais de advertencia na curva de Angrois e rematou volvendo pedir perdón ás vítimas. // A Comisión Europea rectifica e permite agora a actividade nas zonas con calados inferiores a 400 metros. Anunciouno o ministro Luís Planas na clausura de Conxemar. // o Edificio Impulso Verde, no barrio ecolóxico da Garaballa, en Lugo, a primeira construcción pública de Galicia realizada íntegramente con madeira galega. Emite un 90 por cento menos de C02 que outros semellantes construidos de formigón ou aceiro. // As persoas con parálise cerebral celebran o Día Mundial cunha campaña de reivindicación para que se respecten as suas preferencias e a tomar decisións sobre a sua vida. 06-10-22

O xuizo do Alvia queda aprazado ata dentro dunha semana, trala declaración do maquinista, Francisco José Garzón, que dixo que cando ocorreu o sinistro non había sinais de advertencia na curva de Angrois e rematou volvendo pedir perdón ás vítimas. // A Comisión Europea rectifica e permite agora a actividade nas zonas con calados inferiores a 400 metros. Anunciouno o ministro Luís Planas na clausura de Conxemar. // O edificio Impulso Verde, no barrio ecolóxico da Garaballa, en Lugo, a primeira construcción pública de Galicia realizada íntegramente con madeira galega. Emite un 90 por cento menos de C02 que outros semellantes construidos de formigón ou aceiro. // As persoas con parálise cerebral celebran o Día Mundial cunha campaña de reivindicación para que se respecten as suas preferencias e a tomar decisións sobre a sua vida. 06-10-22

Francisco José Garzón, o maquinista do Alvia sinistrado na curva de Angrois pide perdón a sua declaración como acusado no xuízo que se está a celebrar en Santiago. // O Teatro Colón da Coruña acolle esta noite a estrea de Avanoa, o primeiro musical de producción 100% coruñesa. A obra, con fins solidarios, é unha reflexión sobre o abuso dos medios dixitais na nosa sociedade. 06-10-22

Mantense a influencia das altas presións, aínda que unha fronte pouco activa se vai achegando polo noroeste coa entrada de nubes baixas que deixan chuvascos no norte das provincias da Coruña e Lugo. As temperaturas mínimas sen cambios mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. 05-10-22

Na primeira sesión do xuizo do accidente do Alvia. a xuiza rexeita a maioría das cuestións previas, e admite como proba un video de Adif que as vítimas consideran un intento por ocultar a sua responsabilidade. // Axentes de policía blindan a seguridade na Coruña, para o cumio hispano alemán que esta tarde encabezan o presidente do goberno Pedro Sánchez e o Canciller Olaf Scholz. Tratarán sobre medidas conxuntas para afrontar a crise enerxética e mellorar a seguridade europea. // O ministro Luís Planas confirma a presentación ante a Xustiza europea do recurso contra o veto a pesca de fondo. Non aclara si pedirá tamén a suspensión cautelar da medida para evitar que a partir do domingo medio milleiro de barcos teñan que abandonzar as zonas protexidas do Atlántico. 05-10-22

Na primeira sesión do xuizo do accidente do Alvia. a xuiza rexeita a maioría das cuestións previas, e admite como proba un video de Adif que as vítimas consideran un intento por ocultar a sua responsabilidade. // Axentes de policía blindan a seguridade na Coruña, para o cumio hispano alemán que esta tarde encabezan o presidente do goberno Pedro Sánchez e o Canciller Olaf Scholz. Tratarán sobre medidas conxuntas para afrontar a crise enerxética e mellorar a seguridade europea. // O ministro Luís Planas confirma a presentación ante a Xustiza europea do recursos contra o veto da pesca de fondo. Non aclara si pedirá tamén a suspensión cautelar da medida para evitar que a partir do domingo medio milleiro de barcos teñan que abandonzar as zonas protexidas do Atlántico. 05-10-22

Tensión e protestas dos letrados no inicio do xuizo do accidente do Alvia, co maquinista e o ex xefe de seguridade de Adif no banco dos acusados. A xuiza admite como proba un video que as vítimas consideran un intento por ocultar a responsabilidade da administración. // O comenzo do xuízo estivo tamén presente na sesión de control no Parlamento. O presidente Rueda destacou que está axudando a que se faga xustiza, mentres a portavoz do BNG censurou a populares e socialistas por vetar durante 9 anos unha investigación parlamentaria. // 05-10-22

Mantense a influencia das altas presións, aínda que o vento de compoñente oeste trouxo humidade a toda a franxa costeira con brétemas nas comarcas atlánticas. As temperaturas máximas quedan sen cambios no interior e descenden no resto. 04-10-2022

Todo preparado para a vista xudicial máis multitudinaria da historia en Galicia. Estas instalacións da Cidade da Cultura, en Santiago, acollerán a partir de mañá O xuizo do accidente do Alvia, no que perderon a vida 80 persoas e más de 140 resultaron feridas. // En Vigo arranca a feria internacional de pesca conxelada, con Máis de 700 expositores , que Destacan a fortaleza e as boas perspectivas do sector mar industria. Na inauguración, A Xunta amosa o seu apoio ao goberno central nas iniciativas para frear o veto europeo á pesca de arrastre. // Véspera de San Froilán e arranc en Lugo a festa máis concorrida do outono en Galicia. Actividades culturais e concertos gratuítos animan a cidade, co protagonismo habitrual para as barracas e as tradicionais casetas do polvo. 04-10-2022

Todo preparado para a vista xudicial máis multitudinaria da historia en Galicia. Estas instalacións da Cidade da Cultura, en Santiago, acollerán a partir de mañá O xuizo do accidente do Alvia, no que perderon a vida 80 persoas e más de 140 resultaron feridas. // En Vigo arranca a feria internacional de pesca conxelada, con Máis de 700 expositores que destacan a fortaleza e as boas perspectivas do sector mar industria. // Véspera de San Froilán, comenza en Lugo a festa máis concorrida do outono en Galicia. Actividades culturais e concertos gratuítos animan a cidade, co protagonismo habitrual para as barracas e as tradicionais casetas do polvo. 04-10-2022

Máis dun centro de avogados representarán, a partir de mañ no xuizo que comenza en Santiago, aos 446 perxudicados polo accidente do Alvia no que perderon a vida 80 persoas e máis de 140 resultaron feridas. // A Coruña ultima tamén a preparación do o cumio hispano-alemán que se celebrará mañá na cidade, encabezado polo presidente do Goberno Pedro Sánchez e polo canciller alemán Olaf Scholz. 04-10-2022

Chega unha masa de aire cálido en superficie, que deixa un día de tempo seco e ceos pouco nubrados ou despexados, As temperaturas experimentan un lixeiro ascenso con valores en xeral elevados para a época do ano. 03-10-22

As vítimas reclaman que se faga xustiza, ante o arranque, este mércores en Santiago, do xuizo polo accidente do Alvia en Angrois. Hoxe os afectados pediron ante o Congreso, en Madrid, a dimisión da ex ministra Ana Pastor. // Expertos internacionais e representantes da industria analizan no congreso de Conxemar en Vigo a situación do sector pesqueiro, ante o veto da UE que o goberno español pretende deixar sen efecto mediante un recurso pola vía xudicial. // Qué efecto produce a música nos nosos xenes. É o que trata de averiguar un singular experimento, en Santiago, con mostras tomadas a voluntarios antes e despois dun concerto. // Vitoria do Celta, con moito sufrimento, ante o Betis, en Balaídos. O canteirán Gabri Veiga confírmase como unha das figuras do equipo. 03-10-22

Reclamación de que se faga xustiza por parte das vítimas ante o arranque, este mércores en Santiago, do xuizo polo accidente do Alvia en Angrois, que se saldou con 80 persoas e 140 feridas. Hoxe os afectados pediron ante o Congreso, en Madrid, a dimisión da ex ministra Ana Pastor. // Expertos internacionais e representantes das industrias analizan no congreso de Conxemar a situación do sector pesqueiro ante o veto da UE que o goberno español pretende deixar sen efecto mediante un recurso pola vía xudicial.

// Qué efecto produce a música nos nosos xenes. É o que trata de averiguar un singular experimento en Santiago, con mostras tomadas a voluntarios antes e despois dun concerto da Real Filharmonía. // Vitoria do Celta, con moito sufrimento, ante o Betis, en Balaídos. O canteirán Gabri Veiga confírmase como unha das figuras do equipo. Na segunda, o Lugo cae derrotado na sua visita a Ibiza. // 03-10-22

O futuro da pesca, a debate en Conxemar, o congreso do sector que arranca hoxe en Vigo, coa ollada posta no veto da UE a 87 áreas do Atlántico. A representante do Goberno Central confia en que o recurso xudicial permita suspéndelo. // A Xunta e a Asociación de Mulleres con Discapacidade presentan unha campaña interactiva para implicar á sociedade na loita contra a violencia sexual nese colectivo. Son catro pezas audiovisuais con guións que xorden das experiencias de mulleres con discapacidade, que en Galicia son unhas 125 mil. // 03-10-22

Hoxe o anticiclón dos Azores vai entrando en forma de cuña sobre Galicia. Bancos de néboa matinais en comarcas de interior foron dando paso a ceos con alternancia de nubes e claros. As temperaturas máximas ascenden lixeiramente, 30-09-22

A boa sintonía entre Mariano Rajoy e Felipe González, dous antigos inquilinos da Moncloa, volve deixarse sentir no Foro da Illa da Toxa. Ambos comparten opinións e receitas sobre cómo afrontar o futuro. // Os conselleiros de Pesca de cinco comunidades, entre elas Galicia, fan unha fronte común contra o veto da Unión Europea á Pesca de Fondo. Instan ao goberno central a que presente un recurso contra esa normativa. //  Comeza con bo pe a andaina dos equipos galegos de baloncesto no regreso da competición na ACB. O Obradoiro, con dificultades na casa fronte ao Zagoza e os lugueses con comodidade na sua visita á Murcia.// Maxia, danza e funambulismo a cargo de artistas galegos, no espectáculo Inventio, que hoxe se estrea en Ferrol, co Camiño de Santiago como fío conductor. 30-09-22