A boa sintonía entre Mariano Rajoy e Felipe González, dous antigos inquilinos da Moncloa, volve deixarse sentir no Foro da Illa da Toxa. Ambos comparten opinións e receitas sobre cómo afrontar o futuro. // Os conselleiros de Pesca de cinco comunidades, entre elas Galicia, fan unha fronte común contra o veto da Unión Europea á Pesca de Fondo. Instan ao goberno central a que presente un recurso contra esa normativa. // Comeza con bo pe a andaina dos equipos galegos de baloncesto no regreso da competición na ACB. O Obradoiro, con dificultades na casa fronte ao Zagoza e os lugueses con comodidade na sua visita á Murcia.// Maxia, danza e funambulismo a cargo de artistas galegos, no espectáculo Inventio, que hoxe se estrea en Ferrol, co Camiño de Santiago como fío conductor. 30-09-22
A actualidade nacional e internacional vista por Mariano Rajoy e Felipe González, dous antigos inquilinos da Moncloa, xa retirados da política activa, comparten no Foro da Illa da Toxa opinións e receitas sobre cómo afrontar o futuro. // No Foro, Alberto Núñez Feijóo arremeteu contra o que cualificou de "populismo fiscal" e invasión de competencias das comunidades autonomas por parte do Goberno Central. // 30-09-22
Hoxe recibimos unha nova fronte que deixa ceos nubrados e chubascos xeneralizados, máis frecuentes e intensos pola mañá, para ir moderándose conforme avanza o día. As temperaturas sofren un lixeiro descenso con máximas que non pasan dos 17 graos en Santiago ou 19 na Coruña. Ventos do noroeste frouxos en xeral. 29-09-22
A Illa da Toxa congrega a responsables políticos, algúns en activo e outros retirados, para debater sobre os desafíos da actualidade, coa ollada posta no ameaza que representa a Guerra de Ucraína para a seguridade mundial. // A presenza de toxina mantén a mariscadores e bateeiros dende comenzo do verán sen poder traballar, especialmente na Ría de Pontevedra. Practicamente toda esta ría está pechada para a extracción de moluscos, unha situación que afecta tamén a depuradoras e conserveiras. // Termatalia, A Feira internacional adicada a o turismo termal, comenza en Ourense co Uruguai, como país convidado. Os profesionais do sector poñen os produtos e servizos que ofrecen a disposición de empresas e a administracións. O gran reto dos balnearios, din, é solucionar a falta de persoal cualificado. 29-09-22
A Illa da Toxa congrega a responsables políticos, algúns en activo e outros retirados, para debater sobre os desafíos da actualidade, coa ollada posta no ameaza que representa a Guerra de Ucraína para a seguridade mundial.// A presenza de toxina mantén a mariscadores e bateeiros dende comenzo do verán sen poder traballar, especialmente na Ría de Pontevedra. Practicamente toda esta ría está pechada para a extracción de moluscos, unha situación que afecta tamén a depuradoras e conserveiras. // Termatalia, A Feira internacional adicada a o turismo termal, comenza en Ourense co Uruguai, como país convidado. Os profesionais do sector poñen os produtos e servizos que ofrecen a disposición de empresas e a administracións. O gran reto dos balnearios, din, é solucionar a falta de persoal cualificado. 29-09-22
A inflación dá un respiro, ao situarse en setembro no nove por cento interanual, despois de tres meses por riba do 10 por cento. Unha moderación que se debe sobre todo a baixada dos prezos da electricidade e tamen o abaratamento dos carburantes. //A inflación asfixia aos comedores escolares xestionados polas Anpas. Os pais fan malabarismos para afrontar a suba dos prezos dos alimentos pese a todo tiveron que subir o prezo do comedor un dez por cento máis co ano pasado.// 29-09-22
Chega unha nova fronte que deixr moita humidade e algo de auga na metade norte. Chuvias máis dispersas e menos frecuentes polo sur. Cantidades pouco importantes. As temperaturas máximas baixan sobre todo nas provincias de Ourense e Pontevedra. 28-09-22
Portugal e Galicia, unidas por Alta Velocidade a partir de 2030. O goberno portugués presenta o proxecto da liña que irá de Lisboa ata Coruña, e que reducirá a unha hora a viaxe de Vigo a Porto. // A conselleira do Mar dixo que a Xunta recorrerá ese veto, se non o fai o goberno Central. Cualificou de Cafrada a normativa aprobada pola Unión Europea, que pode supoñer unha perda de 800 millóns de euros para a nosa comunidade. // Unha investigación da Universidade de Santiago indica que mediante a Balneoterapia os pacientes con depresión obteñen en dúas semanas unha mellora na calidade do sono e a sensación anímica. // Sangue artificial, extraterrestres e moito humor negro. É o Galicia Freaky Film Festival, que volve hoxe a Vigo coas produccións máis peculiares de fantasía e ciencia ficción e o terror. Entre as programadas nesta edición, as primeiras películas de Peter Jackson. 28-09-22
Portugal e Galicia, unidas por Alta Velocidade a partir de 2030. O goberno portugués presenta o proxecto da liña que irá de Lisboa ata Coruña, e que reducirá a unha hora a viaxe de Vigo a Porto. // A conselleira do Mar dixo que a Xunta recorrerá ese veto, se non o fai o goberno Central. Cualificou de Cafrada a normativa aprobada pola Unión Europea, que pode supoñer unha perda de 800 millóns de euros para a nosa comunidade. //. Unha investigación da Universidade de Santiago indica que mediante a Balneoterapia os pacientes con depresión obteñen en dúas semanas unha mellora na calidade do sono e a sensación anímica. // Sangue artificial, extraterrestres e moito humor negro. É o Galicia Freaky Film Festival, que volve hoxe a Vigo coas produccións máis peculiares de fantasía e ciencia ficción e o terror. Entre as programadas nesta edición, as primeiras películas de Peter Jackson. 28-09-22
Os encoros seguen sen recuperar o déficit acumulado durante os últimos meses, con precipitacións entre o 40 e o 50 por cento por debaixo do habitual. As areas urbanas de Vigo e Pontevedra son as que máis preocupan. // A Xunta pide unha moratoria de dous meses contra a prohibición da pesca de fondo en 87 zonas do atlántico aprobada pola comisión europea a partir do nove de outubro. // 28-09-22
As chuvias febles que caeron esta mañá nas provincias de Lugo e A Coruña remitirán pola tarde agás no terzo norte nun día de nubes e máis claros canto máis ao sur. As temperaturas mínimas subiron e as máximas continuan sen cambios. 27-09-22
Nova rebaixa fiscal anunciada polo presidente da Xunta. Consistirá en deflactar os tres primeiros tramos do tramos de IRPF, con efecto retroactivo. A oposición destaca que beneficia sobre todo as maiores rendas, mentres se desatende aos que mais sofren a inflación. // O sector pesqueiro advirte da grave situación á que se enfrenta, ante a negativa da Unión Europea a dar marcha atrás a prohibición de faenar en 87 importes caladoiros do Atlántico. Din que están en perigo uns 3.000 empregos directos en Galicia, // O estudo da OCU sitúa a Vigo como a cidade coa cesta da compra máis barata de España. Os prezos da alimentación experimentan unha suba media do 15 por cento no último ano. // A Tinta Femia, a variedade autóctona propia da comarca do Morrazo, e concretamnete da paroquia de Cela en Bueu, coa vendima prácticamente rematada. Apenas prodúcense uns poucos milleiros de botellas para autoconsumo e para servir nos furanchos. 27-09-22
Nova rebaixa fiscal anunciada polo presidente da Xunta. Consistirá en deflactar os tres primeiros tramos do tramos de IRPF, con efecto retroactivo. A oposición destaca que beneficia sobre todo as maiores rendas. // O sector pesqueiro advirte da grave situación á que se enfrenta, ante a negativa da Unión Europea a dar marcha atrás a prohibición de faenar en 87 zonas do Atlántico. Din que están en perigo uns 3.000 empregos directos. // O estudo da OCU sitúa a Vigo como a cidade coa cesta da compra máis barata de España. Os prezos da alimentación experimentan unha suba media do 15 por cento no último ano. // A Tinta Femia, a variedade autóctona propia da paroquia de Cela en Bueu, coa vendima prácticamente rematada. Apenas prodúcense uns poucos milleiros de botellas para autoconsumo e para servir nos furanchos. 27-09-22
A Xunta rebaixará o imposto da renda a todos os contribuintes no tramo inferior a 35 mil euros. anunciouno o Presidente Alfonso Rueda no Parlamento. // O veto á pesca a partir do próximo día 9 non se suspende, , e non se revisará ata novembro, en caso de que haxa datos científicos que o avalen. Así se constatou na xuntanza dos ministros de Pesca da Unión Europea en Bruxelas// 27-09-22
Xornada transitoriamente anticiclónica con intervalos nubosos e ceos máis despexados polo sur, que cara a noite poderían deixar algunhas chuvias febles no extremo norte. As temperaturas poderían subir, con máximas entre os 20 graos da Coruña e os 25 de Ourense. 26-09-22
Nieves Cabo, a usuaria dunha residencia de Santiago que xa fora a primeira en recibir a vacina da Covid, hai dous anos estreaba hoxe a cuarta dose. E o arranque en Galicia da vacina de reforzo, que inmuniza tamén da variante ómicron, e que se ofrece conxuntamente coa da gripe. // O comisario europeo de Pesca amosouse disposto a revisar a decisión de vetar a pesca de fondo, só a partir de novos informes en novembro. // 27 estrelas michelín e 160 expositores, no Forum gastronómico que reúne na Coruña a profesionais da hostalaría do noroeste peninsular. Moncho Méndez do Restaurante Millo, galardoado como mellor cociñeiro galego. // Máxima rivalidade, tamén lonxe do fútbol profesional. Máis de 10.000 espectadores na última edición do Novo Derbi, entre o Celta B e o Deportivo, con reparto final de puntos, e moita emoción 26-09-22
Nieves Cabo, a usuaria dunha residencia de Santiago que xa fora a primeira en recibir a vacina da Covid, hai dous anos estreaba hoxe a cuarta dose. E o arranque en Galicia da vacina de reforzo, que inmuniza tamén da variante ómicron, e que se ofrece conxuntamente coa da gripe. // O comisario europeo de Pesca amosouse disposto a revisar a decisión de vetar a pesca de fondo, só a partir de novos informes en novembro. // 27 estrelas michelín e 160 expositores, no Forum gastronómico que reúne na Coruña a profesionais da hostalaría do noroeste peninsular. Moncho Méndez do Restaurante Millo, galardoado como mellor cociñeiro galego. // Máxima rivalidade, tamén lonxe do fútbol profesional. Máis de 10.000 espectadores na última edición do Novo Derbi, entre o Celta B e o Deportivo, que acabou con reparto final de puntos 29-06-22
A cuarta dose da Covid chega as residencias de Maiores, como anticipo da administración a outros grupos de idade, a partir do 10 e Outubo. A vacinación, conxunta coa da gripe. // O consello de ministros de Pesca da Unión Europea aborda hoxe a petición conxunta dos gobernos de España, Francia e Irlanda para que suspenda a aplicación do regulamento que veta as artes de pesca de fondo en 87 zonas protexidas do Atlántico. // 29-09-22
Damos a benvida ao outono coa chegada dunha fronte pouco activa polo noroeste. Ceos parcialmente nubrados en xeral e algunhas chuvias intermitentes no terzo norte, máis probables e frecuentes cara ao final da tarde. As temperaturas mínimas ascenden, pero as máximas sufren un descenso. 23-09-22
A crise dos microchips non da tregua á factoría Stellantis de Vigo, que debe parar de novo esta fin de semana, por problemas de subministros. No que vai de ano as xornadas perdidas supuxeron producir uns cen mil vehículos menos.. //. O Presidente Alfonso Rueda anuncia que a bonificación do Imposto de Patrimonio, que actualmente e do 25 por cento na nos comunidade, pasará a ser do 50 por cento. // Novos emprendedores que dan a coñecer as suas ideas empresariais e avalían as suas posibilidades de negocio. É o Pont Up Store, que abre as suas portas en Pontevedra cos 39 proxectos seleccionados entre 150 candidatos. // A película O home e o can, do director coruñés Ángel de la Cruz, inaugura o Festival Internacional de Cine de Ourense. Loitará por gañar o festival con outra película galega, o Corpo Aberto, de Ángeles Huerta. 23-09-22