A crise dos microchips non da tregua á factoría Stellantis de Vigo, que debe parar de novo esta fin de semana, por problemas de subministros. No que vai de ano as xornadas perdidas supuxeron producir uns cen mil vehículos menos.. // A Xunta súmase ás rebaixas do imposto de Patrimonio. A bonificación actual deste tributo, que é do 25 por cento na nos comunidade, pasará a ser do 50 por cento. // Novos emprendedores que dan a coñecer as suas ideas empresariais e avalían as suas posibilidades de negocio. É o Pont Up Store, que abre as suas portas en Pontevedra. // A película O home e o can, do director coruñés Ángel de la Cruz, inaugura o Festival Internacional de Cine de Ourense. Loitará por gañar o festival con outra película galega, o Corpo Aberto, de Ángeles Huerta. 23-09-22
O anticiclón vaise debilitando. Pola tarde medrarán nubes de evolución nas montañas de Ourense e en xeral ao final do día os ceos han quedar cubertos en toda a comunidade. As temperaturas empezan a baixar polo litoral atlántico e mantéñense sen cambios no resto. 22-09-22
Os peregrinos rexistrados no que vai de ano xa superan aos de 2019, polo que este 2022 convértese no record da historia do Camiño de Santiago. Hoxe mesmo a oficina do peregrino conta con superar as 350.000 compostelas entregadas. // Comenzan os traballos para desmantelar os restos do viaduto do Castro, na A-6.En Pedrafita, o desvío habilitado para evitar a travesía polo casco urbano suscita queixas entre os condutores de camións. // A Avogacía do estado reclama á Familia Franco máis de 500 obxetos do interior do Pazo de Meirás non incluidos ata agora no inventario oficial de bens mobles. Algúns, di, son documentos de gran valor histórico e patrimonial. // Valdoviño ten o primeiro museo adicado en España a este deporte. Promovido polo concello, coa participación das escolas locais, ofrece unha colección de táboas de todo o mundo. 22-09-22
Os peregrinos rexistrados no que vai de ano xa superan aos de 2019, polo que este 2022 convértese no record da historia do Camiño de Santiago. Hoxe mesmo a oficina do peregrino conta con superar as 350.000 compostelas entregadas. // Comenzan os traballos para desmantelar os restos do viaduto do Castro, na A-6. En Pedrafita, o desvío habilitado para evitar a travesía polo casco urbano suscita queixas entre os condutores de camións. // A Avogacía do estado reclama á Familia Franco máis de 500 obxetos do interior do Pazo de Meirás non incluidos ata agora no inventario oficial de bens mobles. Algúns, di, son documentos de gran valor histórico e patrimonial. // Coñecemos o Océano Surf de Valdoviño, o primeiro museo adicado en España a este deporte. Promovido polo concello coa participación das escolas locais, garda unha colección de táboas de todo o mundo e unha recopilación da historia do surf. 22-09-22
2022 xa é o ano con máis peregrinos da historia do camiño de Santiago. O número de compostelas entregadas acaba de superar ás de 2019, que tiña o record anterior, e hoxe mesmo contan con chegar as 350.000. // O Consello da Xunta autoriza a instalación a 10 quilómetros da costa da Coruña do que será o primeiro Parque eólico Mariño de Galicia // 22-09-22
Nova xornada de sol e calor con grandes oscilacións térmicas. Polo tarde volverán medrar nubes de evolución en zonas altas de Pontevedra e Ourense. As temperaturas seguen altas para a a época do ano. 21-09-22
No comenzo do novo curso, aumentan as queixas de mal funcionamento do transporte escolar. So na comarca de Santiago hai 12 centros que denuncian incumprimentos de horarios e alumnos que quedan tirados nas paradas. // Representantes dos armadores e das comunidades autónomas afectadas polo veto á pesca de fondo mantiveron un encontro en Madrid, coa ollada posta nun recurso xudicial á prohibición establecida por Bruxelas. // O Alzheimer afecta xa a unhas 70.000 persoas en Galicia. No Día Mundial da enfermidade, as asociacións de afectados piden que a sanidade pública se ocupe tamén da atención ás familias. // As adegas da Ribeira Sacra colleitan, nos últimos seis días de vendima, preto de dous millóns de quilos de uva, sobre todo da variedade principal , a mencía que presenta unha boa calidade. 21-09-22
No comenzo do novo curso, aumentan as queixas de mal funcionamento do transporte escolar. So na comarca de Santiago hai 12 centros que denuncian incumprimentos de horarios e alumnos que quedan tirados nas paradas. // Representantes dos armadores e das comunidades autónomas afectadas polo veto á pesca de fondo mantiveron un encontro en Madrid, coa ollada posta nun recurso xudicial á prohibición establecida por Bruxelas. // O Alzheimer afecta xa a unhas 70.000 persoas en Galicia. No Día Mundial da enfermidade, as asociacións de afectados piden que a sanidade pública se ocupe tamén da atención ás familias. // As adegas da Ribeira Sacra colleitan, nos últimos seis días de vendima, preto de dous millóns de quilos de uva, sobre todo da variedade principal , a mencía que presenta unha boa calidade, na denominación que practica a Viticultura heroica 21-09-22
Aumentan as queixas de pais na comarca de Santiago por problemas no funcionamento do transporte escolar con horarios que non se cumpren, prazas insuficientes e alumnos que quedan tirados nas paradas. // Galicia opta a albergar a sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial. A candidatura foi anunciada oficialmente polo presidente da Xunta en Santiago, tras inaugurar o supercomputador Finisterrae III. // 21-09-22
Algunhas nubes baixas e néboas no interior de Lugo pola mañá. Pola tarde, medrarán nubes de evolución no sur de ourense onde non se descarta algunha treboada ocasional e algun chuvasco illado. As temperaturas descenderán algo na metade norte, con máximas entre os 21 graos na Mariña aos 33 de Ourense 20-09-22
Mobilación do sector pesqueiro contra o peche de 87 zonas do Atlántico aprobado por Bruxelas, para entrar en vigor dentro de 20 días. O Goberno Central pedirá a Comisión Europea que revise a decisión, que a Xunta califica de “absolutamente perxudicial” para Galicia. // O goberno central autoriza o peche definitivo de dous dos catro grupos da central Térmica Das Pontes. Os traballadores emprazan a Endesa a poñer en marcha o plan de investimentos anunciado. // Logo dun verán cos meses máis calurosos dende que hai rexistros, a axencia estatal de meteoroloxía pronostica que o outono seguirá a mesma tendencia: temperaturas máis altas e menos precipitacións do habitual. // Converter o bagazo das uvas nun fertilizante de alto valor mediante a axuda de vermes. É a aposta dunha adega do Rosal que leva a cabo un proxecto en colaboración coa Universidade de Vigo para mellorar a calidade do solo e favorecer a biodiversidade. //. 20-09-22
Mobilación do sector pesqueiro contra o peche de 87 zonas do Atlántico aprobado por Bruxelas, para entrar en vigor dentro de 20 días. O Goberno Central pedirá a Comisión Europea que revise a decisión. // O goberno central autoriza o peche definitivo de dous dos catro grupos da central Térmica Das Pontes. Os traballadores emprazan a Endesa a poñer en marcha o plan de investimentos anunciado. // Logo dun verán cos meses máis calurosos dende que hai rexistros, a axencia estatal de meteoroloxía pronostica que o outono seguirá a mesma tendencia: temperaturas máis altas e menos precipitacións do habitual. // Converter o bagazo das uvas nun fertilizante de alto valor mediante a axuda de vermes. É a aposta dunha adega do Rosal que leva a cabo un proxecto en colaboración coa Universidade de Vigo para mellorar a calidade do solo. //. 20-09-22
O sector da Pesca mobilízase, cos máximos responsables da Xunta e expertos xuristas, contra o peche de 87 zonas do Atlántico aprobado por Bruxelas para entrar en vigor dentro de 20 días.. // O Sergas fai público o informe de acontecementos adversos trala vacinación contra a Covid, no que se rexistraron 20 casos mortais entre as máis 6 millóns 700 mil doses administradas. // 20-09-22
Última semana de verán con sol e altas temperaturas durante o día. A noite, máis fresca con mínimas por debaixo dos dez graos. As temperaturas máximas oscilarán entre os 25 graos previstos na Coruña aos 29 de Pontevedra. 19-09-22
Tallas de madeira, ornamentos litúrxicos, e ata máis de 150 pezas, intervidas pola garda civil nunha operación contra o roubo de arte sacra. A investigación céntrase nun grupo que actuaba en igrexas e casas particulares de varias provincias españolas e o norte de Portugal. // O presidente da Xunta aproveita a celebración dos seus primeiros cen días á fronte do goberno para anunciar un aumento no bono de axuda para material escolar, que pasa de 50 a 75 euros por neno. // Un godello especial coas uvas afumadas polo incendio forestal. É o proxecto dunha adega da denominación de orixe Valdeorras, con varias hectareas afectadas polo lume deste verán. // María Casares, a estrela de orixe galega do cine francés, recibe a homenaxe da semana de Cine de Lugo, Xunto con Margarita Ledo e Darío Xohan Cabana. Exhibiranse máis de 130 filmes de distintas nacionalidades e xéneros, desde os debuxos animados ata as curtas ou documentais, // 19-09-22.
Máis de 150 pezas, intervidas pola garda civil nunha operación contra o roubo de arte sacra. A investigación céntrase nun grupo que actuaba en igrexas e casas particulares de varias provincias españolas e o norte de Portugal. // O presidente da Xunta anuncia un aumento no bono de axuda para material escolar, que pasa de 50 a 75 euros por neno. // Un godello especial coas uvas afumadas polo incendio forestal. É o proxecto dunha adega da denominación de orixe Valdeorras, con varias hectareas afectadas polo lume. // María Casares, a estrela de orixe galega do cine francés, recibe a homenaxe da semana de Cine de Lugo, Xunto con Margarita Ledo e Darío Xohan Cabana. Exhibiranse máis de 130 filmes de distintas nacionalidades e xéneros. 19-09-22
Máis de 150 pezas de arte sacra, intervidas en Pontevedra e Ourense nunha operación da Garda Civil contra o tráfico de obxetos procedentes de roubos en igrexas, pazos e vivendas. Os investigadores piden colaboración para identificar a procedencia dalgunhas obras. // Polémica pola xestión dos fondos adicados a loitar contra a Covid. Os socialistas piden unha comisión de Investigación para aclarar o destino de 159 millóns transferidos polo goberno central á Xunta que, aseguran, non foron empregados para este fin. // 19-09-22
Recuperamos a nfluencia anticiclónica, tras un comenzo do día con nubes baixas, os ceos quedan pouco nubrados ou despexados. As temperaturas mínimas descenderon lixeiramente pero as máximas tenden a subir. O vento soprará do nordés, con refachos fortes entre Estaca de Bares e Fisterra. 16-09-22
Profundo malestar no sector pesqueiro, trala decisión da Comisión europea de facer efectiva a prohibición da pesca de fondo en 87 áreas, moitas de gran interese para a frota galega. Os armadores advirten que centos de barcos están abocados ao paro. // Por sorpresa, o futbolista vigués Santi Mina presentouse ante a audiencia de Almería. A acusación pedía que ingresara en prisión para cumprir a pena á que foi condenado por abuso sexual. O tribunal acordou que siga en liberdade mentres se estuda o seu recurso, // Histórico achado en Galicia dun novo mineral. Investigadores da Universidade de Santiago identifican a ermeloíta como nova especie, a partir dunha pedra atopada no monte Ermelo, entre os concellos de Moaña e Bueu. // As excavacións no antigo convento das clarisas de Pontevedra sorprenden aos arqueólogos. Achádegos de Enterramentos, e construccións descoñecidas que permitirán coñecer mellor cómo foi a vida intramuros nos seus sete séculos de historia.. 16-09-22