Buscando alivio á beira do mar. Así estaba a praia de Samil, en Vigo, xa a media mañá, ante a chegada das temperaturas máis altas no que vai de verán. As Rías Baixas, xunto co val do Miño, en Ourense están en Alerta amarela. // Os casos activos de Covid que contabiliza o Sergas, seguen a aumentar, hoxe chegan a 17.730, con 1.520 novos contaxios. En cambio descenden e os pacientes ingresados, son 860, 14 menos, e 36 están nas UCI. // En Vigo comezou o Festival do peixe, SEAFEST. Unha iniciativa da Cooperativa de armadores centrada na gastronomía do mar que reafirma a cidade como capital europea da pesca. Catorce cociñeiros presentan especialidades elaboradas coas principais especies que comercializan as frotas no porto do Berbés. 08-07-2022
Calor máis abafante terana en Ourense e nas rías Baixas, sobre todo hoxe e mañá con temperaturas ao redor dos 35 graos. O domingo lixeiro descenso térmico por esas zonas, pero no resto continuará a suba de temperaturas. Unha situación que se manterá con poucos durante toda a próxima semana. 08-07-2022
Miles de bañistas enchen as praias, como esta de Samil, en Vigo, a media mañá. O mellor xeito de afrontar a chegada das temperaturas máis altas no que vai de verán, e que levan a poñer as Rías Baixas, xunto co val do Miño, en Ourense, en Alerta amarela. // Descenso sen precedentes na producción de marisco na Ria de Arousa. Así o denuncian mariscadores e ecoloxístas nun informe que fala de caída á metade nos últimos 20 anos en especies como a ameixa e de case o 80 por cento do berberecho. // A incorporación de Oscar Rodríguez, cedido polo Sevilla, entre as novidades do Celta para a próxima tempada. O Club intensifica as negociacións no mercado de fichaxes A espera de poder anunciar a Luca de la Torre como novo xogador. 08-07-2022
Miles de bañistas enchen as praias, como esta de Samil, en Vigo, a media mañá. O mellor xeito de afrontar a chegada das temperaturas máis altas no que vai de verán, e que levan a poñer as Rías Baixas, xunto co val do Miño, en Ourense, en Alerta amarela. // Descenso sen precedentes na producción de marisco na Ria de Arousa. Así o denuncian mariscadores e ecoloxístas nun informe que fala de caída á metade nos últimos 20 anos en especies como a ameixa e de case o 80 por cento do berberecho. // A incorporación de Oscar Rodríguez, cedido polo Sevilla, entre as novidades do Celta para a próxima tempada. O Club intensifica as negociacións no mercado de fichaxes A espera de poder anunciar a Luca de la Torre como novo xogador. 08-07-2022
o buque escola Juan Sebastián Elcano, no porto da Coruña. Está aquí dentro da sua xira mundial para celebrar o quinto centenario da primeira circunnavegación da Terra. // Os casos activos aumentan hoxe a 16.789, case mil máis que onte, ao rexistrarse 1.646 novos contaxios. Os pacientes hospitalizados suben a 874, dos que 35 están nas Uci. // As cidades de Santiago, A Coruña e Vigo seguiran este verán sen conexión directa por AVE. Anunciouno a compañía Renfe que culpa do atraso á Talgo, COLAS a empresa encargada de fabricar os novos trens Avril que ían cubrir ese servizo. // 07-07-22
Hoxe aumenta a estabilidade atmosférica, o que permite ceos despexados en prácticamente toda Galicia, agás na Mariña, e as temperaturas continúan en ascenso, con máximas que van dende os 24 graos da Coruña aos 35 de Ourense. 07-07-22
O buque escola Juan Sebastián Elcano, a xoia da Armada española, recala no porto da Coruña, como remate da sua xira mundial para celebrar o quinto centenario da primeira circunnavegación da Terra. // Naufraxio dun veleiro, esta madrugada, en Malpica, que se saldou coa morte dunha muller de 66 anos que ia a bordo, e resultou afogada. O outro tripulante, un home da mesma idade, puido ser rescatado. // A compañia Talgo atribue a causas de forza maior o atraso na fabricación dos tresn Avril que permitirían a chegada prevista da Alta Velocidade as cidades Galegas este verán. Renfe estuda penalizar á construtora ferroviaria por incumplimento de contrato. // // 07-07-22
Protestas en Vigo e e A Coruña convocadas polos sindicatos UGT e Comisións Obreiras, en defensa dunha negociación salarial para evitar a caída do poder adquisitivo dos traballadores, ante o aumento da inflación. // Os casos activos de Covid contabilizados polo Sergas soben hoxe a cerca de 16.000. Tamén continúa o incremento de hospitalizacións, ata un total de 858 pacientes ingresados. //. // O Buque Escola da Armada Juan Sebastián Elcano xa está na Coruña, nunha escala do cruceiro de instrucción, último dos que conmemoran o quinto centenario da primeira circunnavegación da terra. 06-07-2022
Ceos con alternancia de nubes e claros no terzo norte, con máis nubes e algún orballo na Mariña, e pouco nubrado ou despexado no resto. Co avance do día medran nubes de evolución en zonas montañosas que darán lugar a chuvascos treboentos. 06-07-2022
Os servizos de atención primaria afrontan o verán con máis déficit de profesionais sanitarios, mentres aumentan os casos de Covid. Xa son seis as comunidades, entre elas Galicia, que reclaman medidas urxentes. // O ministro de Pesca mantén hoxe en Burela un encontro con representantes dunha frota especialmente afectada polo acordo da Unión Europea de vetar tódalas artes de pesca de fondo. // Protestas en Vigo e A Coruña convocadas por UGT e Comisións Obreiras, en defensa dunha negociación para evitar a caída do poder adquisitivo dos traballadores, ante o aumento da inflación, que se traslada xa a subas xeralizadas tamén no sector turístico. // Púrpura producida a partir das cunchas dun molusco local, para tinguir as vestimentas dos patricios romanos na antigüidade. É un dos achádegos das escavacións arqueolóxicas que acaban de rematar na Illa de Ons. 06-07-2022
Os servizos de atención primaria afrontan o verán con máis déficit de profesionais sanitarios, mentres aumentan os casos de Covid. Xa son seis as comunidades, entre elas Galicia, que reclaman medidas urxentes. // O ministro de Pesca mantén hoxe en Burela un encontro con representantes dunha frota especialmente afectada polo acordo da Unión Europea de vetar tódalas artes de pesca de fondo. // Protestas en Vigo e A Coruña convocadas por UGT e Comisións Obreiras, en defensa dunha negociación para evitar a caída do poder adquisitivo dos traballadores, ante o aumento da inflación. // Púrpura producida a partir das cunchas dun molusco local, para tinguir as vestimentas dos patricios romanos na antigüidade. É un dos achádegos das escavacións arqueolóxicas que acaban de rematar na Illa de Ons. 06-07-2022
Galicia, con País Vasco, Andalucía e Cataluña, reclaman ao ministerio de Sanidade medidas urxentes contra a falta de médicos de primaria. Din que o goberno central é o quen ten a chave para acreditar máis especialistas. // Os casos activos volven a ser cerca de 15.000, logo de contabilizarse 1.512 novos contaxios. Tamén aumenta a presión hospitalaria ao nivel máis alto dos últimos meses. // Trinta organizacion pesqueiras, nunha fronte común coa Consellería do Mar, píden á Comisión Europea que retire o veto as artes de fondo nun cento de áreas de pesca entre o Golfo de Cádiz e Irlanda. // Partituras e letras de temas populares de Rianxo forman parte do cancioneiro escolar urxente. Unha recompilación posible grazas o Colexio Brea Segade de Taragoña. 05-07-22
ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, ainda que pola tarde tenden a formarse nubes de evolución, con chubascos de tipo tormentoso nas comarca do interior, que poden ser localmente fortes. 05-07-22
Convertido nun dos principais reclamos turísticos de Galicia, o PN Illas Atlánticas cumpre 20 anos dende a sua creación. A Xunta anuncia un investimento de 6 millóns de euros para en mellorar a biodiversidade e renovar as infraestruturas e servizos.
Fronte común de Galicia, con País Vasco, Andalucía e Cataluña, para reclamar ao ministerio de Sanidade medidas urxentes sobre a falta de médicos de primaria. Din que o goberno central é o quen ten a chave para acreditar máis especialistas. // Continúa o xuizo contra o acusado do crime das Gándaras, que admitíu ser o autor da morte de Clara Expósito, ainda que dixo que non tiña intención de acabar coa sua vida. A acusación pide que se considere un delicto de violencia de xénero. // Galicia acumula un 40 por cento de déficit de chuvia sobre a media no que vai de ano, e aumenta a preocupación sobre a subministración a partir do outono. // O Parque Nacional das Illas atlánticas fai 20 anos dende a sua creación, convertido nun dos principais reclamos turísticos de Galicia. 05-07-22
Fronte común de Galicia, con País Vasco, Andalucía e Cataluña, para reclamar ao ministerio de Sanidade medidas urxentes sobre a falta de médicos de primaria. Din que o goberno central é o quen ten a chave para acreditar máis especialistas. // Continúa o xuizo contra o acusado do crime das Gándaras, Francisco Javier Belda, que admitíu ser o autor da morte de Clara Expósito, ainda que dixo que non tiña intención de acabar coa sua vida. A acusación pide que se considere un delicto de violencia de xénero. // Galicia acumula un 40 por cento de déficit de chuvia sobre a media no que vai de ano, e aumenta a preocupación sobre a subministración a partir do outono. // Convertido nun dos principais reclamos turísticos de Galicia, o Parque Nacional das Illas atlánticas fai 20 anos dende a sua creación. A Xunta anuncia un investimento de 6 millóns para en mellorar a biodiversidade e renovar os servizos. 05-07-22
O paro segue a baixar, e xuño pecha con 5.000 desempregados menos en Galicia. Un mes no que se rexistraron ata 80.000 contratacións, impulsadas sobre todo pola campaña de verán na hostalaría e o turismo. // Os Médicos de Familia advirten de que estamos xa ante unha nova vaga e apelan a recuperar o uso de máscara en interiores e aglomeracións. // O espectáculo do curro de Sabucedo, logo de dous anos de restricións, recupera o ritual da rapa das bestas, unha tradición que se perpetúa nos montes galegos onde viven máis de 20.000 cabalos bravos. // Viveiro volve á normalidade despois de despedir a edición do Resurrection fest que batiu records de asistentes, preto de 150 mil, con máis de 120 bandas nos cinco días. 04-07-2022
Ceos parcialmente cubertos con máis nubes durante a mañá e posibilidade de chuvias febles no extreno norte. Pola tarde, podense repetir as tronadas de onte, con chuvascos localmente treboentos máis probables no sur e en zonas altas. 04-07-2022