Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

5.000 desempregados menos en xuño. É o dato feito público hoxe que supón a terceira maior baixada do paro neste mes de toda a serie histórica en Galicia, con máis de 80.000 contratacións, impulsadas pola campaña de verán na hostalaría e o turismo.. // O aumento da incidencia da Covid en Galicia, comenza xa a preocupar aos profesionais sanitarios. Hoxe, ainda que caen os casos rexistrados, o número de pacientes ingresados nos hospitais galegos aumenta ata rozar os 800. // Homenaxe de Familiares, amigos e colectivos LGTBI a Samuel Luiz, no primeiro aniversario da súa morte, dunha malleira, nas rúas da Coruña. Destacan que se tratou dunha agresión homófoba, pendente de que se celebre o xuízo. 04-07-2022

É unha das iconas máis representativas da Coruña, emprazada nos xardíns de Méndez Núñez. O edificio da Terraza, que acolle a cabeceira de RNE en Galicia e a delegación de TVE. Hoxe cumpre cen anos. // As bandeiras azuis ondean xa en 112 areais e en 11 portos deportivos de Galicia, a terceira comunidade en número de distintivos. Un ano máis, Sanxenxo volve ser o concello español con máis enseñas. // Felipe VI recibiu esta mañá na Zarzuela a Alfonso Rueda,, unha visita que se enmarca nos encontros que o Rei manten cos presidentes autonómicos unha vez que asumen o cargo. Rueda descatcou o ben informado que está o Monarca sobre Galicia, unha comunidade estable, dixo e respetuosa coa constitución. // 01-07-22

O edificio da Terraza, na Coruña, un dos máis recoñecibles da cidade. Acolle a cabeceira de Rne en Galicia e a delegación de TVE e Hoxe fai 100 anos. // Esta Terraza substituíu a outro edificio anterior feito de madeira. Os propietarios quixeron amplialo pero o Concello preferíu una nova construcción de formigón, polo que a Terraza antiga foi trasladada peza a peza, ata Sada. Hoxe contamos a historia de ambos edificios. // Recortar a catro quilómetros o desvío da A6 por Pedrafita que agora e de 10. E a solución temporal aportada polo Ministerio de Transportes para o treito cortado pola caída do viaduto do Castro. // O Heavy Metal revive en Viveiro, coa actuación estelar da banda Judas Priest que celebra 50 anos sobre os escenarios, en medio da edición máis multitudinaria e internacional ata agora do Resurrection. 01-07-22

Facemos o Telexornal dende o edificio da Terraza, na Coruña, un dos máis recoñecibles da cidade, no paseo dos xardíns de Méndez Núñez. Acolle a cabeceira de Rne en Galicia e a delegación de TVE e Hoxe fai 100 anos. // Esta Terraza substituíu a outro edificio anterior feito de madeira. Os propietarios quixeron amplialo pero o Concello preferíu una nova construcción de formigón, polo que a Terraza antiga foi trasladada peza a peza, ata Sada. Hoxe contamos a historia de ambos edificios. // Recortar a catro quilómetros o desvío da A6 por Pedrafita que agora e de 10. E a solución temporal aportada polo Ministerio de Transportes para o treito cortado pola caída do viaduto do Castro. // O Heavy Metal revive en Viveiro, coa actuación estelar da banda Judas Priest que celebra 50 anos sobre os escenarios, en medio da edición máis multitudinaria e internacional ata agora do Resurrection. 01-07-22

Xornada de transición cara ás altas presións, aínda con aire frío nas capas altas da atmosfera. Nubes e claros e hoxe con posibilidade dalgún chuvasco en puntos do litoral coruñés. As temperaturas mínimas baixan e as máximas sen cambios. 30-06-22

Comenza a vista xudicial pola propiedade dos bens do Pazo de Meirás. A familia franco renuncia a parte dos obxetos reclamados polo Estado, mentres o concello de Sada pide que consideren públicos todos os adquiridos antes da morte do ditador. // Ence avanzou hoxe seu proxecto de planta de fibras naturais recicladas no concello das Pontes, co que a Central Térmica daría paso a un polo de bioeconomía circular, con axuda, eso sí, de fondos europeos. // Tráfico calcula máis de medio millón de desprazamentos a partir de mañá e ata o domingo nas estradas galegas, un 40 por cento por riba da operación de comenzo de verán do ano pasado. O punto máis sensible, o treito da A6 desviado en Pedrafita pola caída do Viaduto. // 30-06-22

É a maior escalada de prezos dende 1985. O 10´2 por cento de incremento de IPC en xuño, cos carburantes e os alimentos á cabeza da inflación, que xa se empeza a trasladar a todo tipo de productos, e chega a hostalaría e o turismo. // Protesta de Profesores do Ensino Concertado diante da Consellería de Educación, polo peche de unidades anunciado para o próximo curso. Din que a medida, adoptada ante a caída de alumnos, non se aplica co mesmo criterio nos centros públicos pese a ter unha ratio de alumnos por aula máis baixa, // 120 bandas, entre elas a mítica Judas Priest, e 150 mil asistentes previstos. Cifras de récord para a edición de retorno do Resurrection Fest, o certame que dende hoxe e ata o domingo converte a Viveiro na capital europea do rock máis duro. 29-06-22

Temperaturas baixas para a época do ano. Nubes e claros con chuvias que serán máis probables no terzo norte. As previsións apuntan a que a partir de mañá se vai impoñendo a influencia anticiclónica ata a fin de semana. 29-06-22

Os prezos seguen a súa escalada sen freo e o IPC interanual acada un aumento do 10´2 por cento en xuño. É o maior dende os anos 80. Os carburantes e os alimentos son os que máis tiran da inflación, que xa se empeza a trasladar a todo tipo de productos. // O turismo afronta o comenzo da temporada de verán con moitas reservas nos hoteis e unhas espectativas de ocupación que poderían chegar ao completo, ainda que ca dificultade para atopar profesionais dispoñibles. // Os armadores piden estudos científicos e de Impacto económico antes da entrada en vigor do Veto ás artes de pesca de fondo en 94 áreas do Atlántico. Din que a prohibición podería afectar ao aprovisionamento alimentario. // 29-06-22

Prohibida a pesca de fondo en 94 áreas da costa atlántica, para protexer ecosistemas sensibles. A decisión aprobada hoxe pola Unión Europea, co único voto en contra de España e Irlanda, levanta a indignación do sector, que considera que pon en risco miles de empregos sen xustificación científica. // Repuntan os casos activos de Covid a 11.739, logo de sumar 1.244 novos contaxios. Tamén aumenta o número de pacientes hospitalizados a 635. // A Coruña vai acoller a Semana do Orgullo do Norte, un festival organizado polos colectivos LGTBI da cidade, con sete días de actuacións concebido para fomentar e celebrar a diversidade afectivo sexual, que contará ca figura emerxente do panorama musical Soleá Morente. 28-06-22

soben algo as temperaturas, sobre todo polo interior, nun día no que continuamos baixo a influencia do anticiclón. A última hora as chuvias comezaran pola provincia da Coruña e iranse estendendo durante a madrugada. 28-06-22

Pontevedra acolle dende hoxe campamentos de verán para nenos refuxiados ucraínos. Serán once días de actividades culturais, deportivas e de lecer, abertas tamén para as familias de acollida.
 
Malestar dos armadores, ante a prohibición pola Comisión Europea de todas as artes de pesca que afecten aos fondos mariños en máis de 90 áreas do Atlántico. Din que non hai estudos científicos que avalen unha medida tan restritiva, // Celébrase a ceremonia de entrega das Medallas Castelao deste ano, que recoñecen especialmente ao político nacionalista Camilo Nogueira, un dos veteranos da loita polo Estatuto de Autonomía. // Pontevedra acolle dende hoxe Campamentos de verán para nenos refuxiados ucraínos. Serán once días de actividades culturais, deportivas e de lecer, abertas tamén para as familias de acollida. // Lembranza de Samuel Luís, o mozo asasinado hai un ano na Coruña dunha malleira entre insultos homófobos, a ritmo de fado, a cargo de Davide Savado e Cibrán Seixo, na sua particular reivindicación no Día do Orgullo. 28-06-22