Malestar dos armadores, ante a prohibición pola Comisión Europea de todas as artes de pesca que afecten aos fondos mariños en máis de 90 áreas do Atlántico. Din que non hai estudos científicos que avalen unha medida tan restritiva, // Celébrase a ceremonia de entrega das Medallas Castelao deste ano, que recoñecen especialmente ao político nacionalista Camilo Nogueira, un dos veteranos da loita polo Estatuto de Autonomía. // Pontevedra acolle dende hoxe Campamentos de verán para nenos refuxiados ucraínos. Serán once días de actividades culturais, deportivas e de lecer, abertas tamén para as familias de acollida. // Lembranza de Samuel Luís, o mozo asasinado hai un ano na Coruña dunha malleira entre insultos homófobos, a ritmo de fado, a cargo de Davide Savado e Cibrán Seixo, na sua particular reivindicación no Día do Orgullo. 28-06-22
As obras novo hospital de Montecelo, en Pontevedra, avanzan para estar rematado a finais do ano que ven ou a comezos de 2024. Contará con 720 camas, para dar cobertura a unha poboación de 300.000 persoas. Os servizos do actual Hospital Provincial serán trasladados para formar un único gran complexo hospitalario. // O primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado en referendum en 1936, está de aniversario. Os grupos da oposición proponen unha reforma do Estatuto actual con novas competencias, que o PP ve sen o consenso necesario. // Tras cinco meses de despregue integradas na Agrupación Naval Permanente da OTAN polo conflicto en Ucraína, regresan a Ferrol a Fragatas Blas de Lezo e o buque de aprovisionamento Cantabria. Participaron en exercicios multinacionais con 500 tripulantes en total. 27-06-22
Influencia das altas presións, ainda con aire frío en superficie. Pola mañá, alternancia de nubes e claros e néboas no interior, con algún chuvasco illado no noroeste. Pola tarde, ceos despexado en xeral. As temperaturas mínimas sen cambios, mentres as máximas ascenden lixeiramente. 27-06-22
O sector do Transporte reclama axudas directas para evitar ter que traballar a perdas ante a escalada de prezos dos combustibles. A frota pesqueira considera tamén insuficiente a bonificación aprobada en marzo e advirte da posibilidade de ter que parar. // O novo hospital de Montecelo, en Pontevedra, estará rematado a comezos de 2024, tal como anunciou o Presidente da Xunta nunha visita ás obras. Contará con 720 camas, previsto para dar cobertura a unha poboación de 300.000 persoas. // Os colectivos LGTBI de Galicia valoran positivamente a resolución do xuiz de Ourense que concede o cambio de sexo a un neno de 8 anos. No día en que o goberno aproba a lei trans, reclaman xeralizar a linguaxe inclusiva e non branquear o que consideran discursos de odio da extrema dereita. 27-06-22
O sector do Transporte reclama axudas directas para evitar ter que traballar a perdas ante a escalada de prezos dos combustibles. A frota pesqueira considera tamén insuficiente a bonificación aprobada en marzo e advirte da posibilidade de ter que parar. // O novo hospital de Montecelo, en Pontevedra, estará rematado a comezos de 2024, tal como anunciou o Presidente da Xunta nunha visita ás obras. Contará con 720 camas, previsto para dar cobertura a unha poboación de 300.000 persoas. // Os colectivos LGTBI de Galicia valoran positivamente a resolución do xuiz de Ourense que concede o cambio de sexo a un neno de 8 anos. No día en que o goberno aproba a lei trans, reclaman xeralizar a linguaxe inclusiva e non branquear o que consideran discursos de odio da extrema dereita. 27-06-2022
Satisfacción da responsable municipal de limpeza da Coruña, tras unha celebración que deixa moitos menos despedicios que en anos anteriores, nunha noite con máis participación popular que nunca, e que servíu para recuperar a tradición festiva do San Xoan. // España ratifica o convenio da Organización internacional do Traballo que establece mellores condicións a bordo dos barcos pesqueiros. // O programa De Pe a Pa de Radio Nacinal de España remata en Santiago o seu percorrido polos lugares máis emblemáticos do Camiño, con testemuñas de peregrinos e anécdotas a cargo de Quico Cadaval. // Ortiga abre a programación de verán da Cidade da Cultura, en Santiago, acompañado de colaboradores coma Pili Pampín, Grande Amore ou Cibrán, o seu compañeiro no grupo de trap Boyanka Kostova. 24-06-2022
Unha nova fronte fría fai que teñamos os ceos moi nubrados e chuvias que se irán estendendo dende a costa cara o interior durante o día. Tralo paso da fronte iranse abrindo claros e entrarán chuvascos polo noroeste. 24-06-2022
A celebración da noite de San Xoan foi multitudinaria, pero tamén moito máis limpa que en anos anteriores. Así o destacan os responsables da limpeza, tras unha noite de recuperación da festa das sardiñas, os cánticos e os saltos sobre o lume, // Preocupación entre os que teñen previsto viaxes en avión, polo conflito laboral en Ryanair, ainda que polo momento non hai ningúnha incidencia nos aeroportos galegos, ao estar incluído, din os sindicatos, o 100 por cen do persoal en servizos mínimos. // Optimismo no sector turístico ante as perspectivas de cara o verán, tras coñecerse os datos de ocupación do mes de maio, no que se superaron as 760 mil pernoctacións, a cifra máis alta acadada ata agora nese período en Galicia. 24-06-2022

Chega coa expectativa de recuperar o ambiente festivo habitual previo á pandemia e cos mercados ben abastecidos de sardiñas, aos prezos máis accesibles dos últimos anos. Batéronse os récords de solicitudes para facer cacharelas en toda Galicia.
A noite de San Xoán chega coa espectativa de recuperar o ambiente lúdico habitual previo á pandemia, e cos mercados ben abastecidos de sardiñas, aos prezos máis accesibles dos últimos anos. // As medidas da loita contra os incendios deste ano inclúen una iniciativa novidosa. E a programación de charlas de expertos nas parroquias identificadas como as de maior actividade incendiaria, para aumentar a colaboración cidadá e concienciación sobre os danos do lume. // Comezan as rebaixas de verán. A maioría de firmas e centros comerciais adiantan a hoxe os descontos estivais, sen agardar ao mes de xullo. Un respiro en plena escalada de prezos. // Na Coruña tamén concerto esta noite de Alejandro Sanz Tras dous anos de espera o cantante madrileño volve ao Coliseum, desta vez coa súa xira "Sanz en vivo".23-06-2022
Chuvascos que serán máis activos pola tarde e ao leste. De cara a noite irán remitindo pero nas comarcas atlánticas o vento do mar traerá moita humidade e algunha chuvia feble na madrugada. As temperaturas descenden. 23-06-2022
Unha celebración en véspera de festivo e sen restricións, para a que hai quen empeza xa a coller sitio. A noite de San Xoán chega coa espectativa de recuperar o ambiente habitual previo á pandemia. // Operación Sayal da Garda Civi, a máis importante ata agora non noso país contra o tráfico de armas, con rexistros en distintas provincias, entre elas Pontevedra e Lugo. En total hai 12 persoas detidas. // As grandes Cadeas e centros comerciais comenzan as rebaixas de verán, as qie se suman tamén pequenas tendas, sen esperar a xullo. Un respiro en plena escalada de prezos, con descontos entre o 30 e o 60% polos que moitos consumidores viñan esperando. // O Celta emprende a campaña que considera a máis ambiciosa nos seus cen anos de historia para captar abonados para a próxima tempada. Haberá unha plataforma para que os abonados retiren as entradas en liña. 23-06-2022

Último día do curso escolar, cos nenos cheos de gañas de diversión, tras dous anos de pandemia. Mentres os pais buscan formas de conciliar durante os tres meses de vacacións que quedan por diante. // Os transportistas levan a Mesa de dialogo coa Conselleira de Infraestruturas a sua preocupación polo custe do gasóleo. Piden que se investigue as empresas distribuidoras porque, din, están aumentar o prezo do combustible de forma artificial. // Pode chegar polos seus propios medios ata unha persoa caida ao mar e remolcala ata un barco ou a terra.E un dispositivo de salvamento autopropulsado presentado de fabricación portuguesa e presentado no Porto de Marín.. // A canción Ai Lalelo, composta a partir de programas de Intelixencia Artificial polo equipo compostelán CECUBO competirá no Festival internacional de innovación musical que se celebrará en Bélxica o próximo día seis. 22-06-2022
Ceos parcialmente nubrados e pola tarde aumenta a probabilidade de chuvascos, máis frecuentes en zonas de interior, onde caerán con intensidade puntualmente forte. As temperaturas máximas ascenden lixeiramente. 22-06-2022
Proban no porto de Marín unha boia de salvamento autopropulsada e guiada a distancia que permite chegar axiña ata unha persoa que caia ao mar e remolcala de novo ata o barco ou a terra.
Os transportistas reclaman solucións urxentes para o tráfico desviado polas derrubas no viaduto do Castro, que bloquea unha conexión fundamental co noroeste peninsular. Os expertos, desconcertados polo colapso da estrutura, sen precedentes na nosa rede viaria. // Hoxe remata o curso escolar e por diante veñen tres meses de vacacións que os nenos afrontan con moitas gañas de diversión, máxime agora tras dous anos de pandemia. // A central térmica das pontes, a piques de rematar co último abastecemento de carbón, terá que deixar de producir definitivamente. A empresa propietaria ENdesa, renuncia a facer o investimento necesario para poder seguir operando, pese ao novo panorama enerxético provocado pola guerra de Ucraína. 22-06-2022

Médicos de primaria rexeitan as fórmulas ofertadas pola Xunta para reducir as listas de espera con ampliación de xornada. Reclaman listas pechadas duns 35 pacientes ao día e incrementar o número de profesionais con incentivos aos que queden na Sanidade Pública. // Novo golpe contra o uso de narcolanchas e o tráfico de drogas. A Garda civil de Pontevedra ten en marcha unha macrooperación, coordinada por un xulgado de Vigo, con 20 detencións en Galicia ,Andalucía ,Cataluña e Toledo. // No curso que está a piques de rematar, retomáronse na igrexa do mosteiro de Celanova, os concertos didácticos de órgano para escolares. 1.400 alumnos de toda Galicia puderon descubrir así a capacidade sonora deste instrumemto de vento apenas coñecido para a mocidade. 21-06-2022