Seguimos baixo a influencia da borrasca, con moita inestabililidade. Ceos parcialmente cubertos con chuvascos localmente fortes sobre todo no interior e que poden descargar en tan só unha hora ata 15 litros por metro cadrado. As temperaturas, sen cambios. 21-06-2022
Alomenos 22 persoas detidas nunha operación para desarticular unha banda de narcotraficantes que operaba a gran escala entre Galicia e Andalucía. A Policía Nacional da a banda por desartellada.. // A planta de Stellantis, en Vigo, a piques de rematar a producción do histórico Citroen C4, un dos seus modelos máis exitosos, para empezar a nova Fiat Dobló, nun ano no que conseguíu bater o récord de producción pese á crise dos semiconductores. // Médicos de primaria rexeitan as fórmulas ofrecidas pola Xunta para reducir as listas de espera con ampliación de xornada. Abogan por incrementar o número de profesionais e incentivar aos que se queden na Sanidade Pública. 21-06-2022

O viaduto do Castro terá que ser demolido e reconstruído de novo. É a conclusión a que chegan os técnicos, á vista do estado que presenta tralos derrubamentos dos últimos días. Agora analizan analizan o terreo no que están asentados os piares en busca de posibles causas. // O presidente da Xunta felicitou a Juanma Moreno pola sua vitoria en Andalucía. Mentres BNG e os socialistas ven un erro facer lecturas xerais, para o PP os resultados supoñen un cambio de ciclo. // Case 23 mil aspirantes esta fin de semana nas oposicións para converterse en mestres. Os que superen a primeira criba terán a partir do xoves que afrontar a segunda fase das oposicións para conseguir unha das 2.484 prazas convocadas pola Xunta. //. O sueco Williot Sviedberg, de 18 anos, é a primeira fichaxe presentada polo Celta, dentro dunha profunda renovación do cadro de xogadores para a próxima temporada. 20-06-22
Ceos nubrados e chuvias que se extenden por toda a comunidade. As temperaturas mínimas descenden e as máximas soben no terzo norte. No mar, alerta laranxa por temporal entre Cabo Vilán e Estaca de Bares, con ondas de ata seis metros. 20-06-22
.
O viaduto do Castro é irrecuperable e haberá que facer un de nova construcción. É a conclusión dos técnicos, que analizan agora o terreo no que están asentados os piares en busca de posibles causas que expliquen os derrubamentos. // Galicia afronta a temporada de máximo risco de incendios forestais cun dispositivo ben preparado, segundo os responsables da Xunta e o goberno central, que hoxe constituiron o comité integrado de prevención. Destacan o labor de limpeza das faixas de protección. // A Xustiza europea da a razón a España na reclamación de 900 millóns de euros á compañía aseguradora do Prestige polos danos da Marea Negra. Di que a sentenza do Supremo ten prioridade sobre o laudo arbitral de Londres. 20-06-22

O Novo derrubamento no viaduto do Castro, na A6, fai saltar as alarmas sobre o estado da estructura. Os técnicos avalían a necesidade de demolela toda para construíla de novo. A Ministra de Transportes visita esta tarde a zona. // Arranca a fin de semana cos combustibles máis caros da historia. A gasolina a 2 con 20 céntimos o litro e o diesel a 2´10. O goberno debate unha prórroga dos 20 céntimos de bonificación, mentres a previsión é que a tendencia á alza vai continuar. // Comenzou xa a segunda xornada do festival Son do Camiño, cun público totalmente entregado, listo para escoitar un cartel encabezado por Liam Gallagher. // Na ría de Pontevedra, logo de dous días sen regatas por falta de vento, a flota puido reanudar esta mañá as probas do campionato do mundo de vela.17-06-22
Un embolsamento de aire frío en capas altas da atmosfera deixa ceos con alternancia de nubes e claros e chuvascos localmente treboentos, máis probables pola tarde nas comarcas do interior. As temperaturas se cambios. 17-06-22
Novo derrubamento no viaduto do Castro, na A6. Os técnicos avalían a posibilidade de que sexa necesario demolelo para construílo de novo, o que prolongaría a necesidade de manter desviado por Pedrafita o tráfico de conexión coa Meseta. // Os expertos non ven de momento necesaria a cuarta dose da Covid para toda a poboación, que anunciou a Ministra de Sanidade. En Galicia manterse o protocolo de administrala só a pacientes inmunodeprimidos e maiores de 80 anos. // Os combustibles baten de novo o record de prezos co gasóleo por riba dos 2 euros con dez céntimos por litro. O goberno debate unha prórroga dos 20 céntimos de bonificación, mentres a previsión é que a tendencia á alza vai continuar. 17-06-22

O Festival do Son do Camiño acaba de arrancar, coa banda Furious Monkey House. Polo escenario principal do Monte do Gozo van pasar Chemical Brothers, C Tangana ou Sebastián Yatra, nunha cita con 120.000 asistentes previstos, boa parte chegados de fóra de Galicia. // No porto de Vitoria, das Illas Seychelles, onde estaba a ser reparado, o atuneiro Albacora Catro sufríu o accidente no que dous mariñeiros galegos resultaron mortos, por inhalación de amoníaco segundo as primeiras investigacións. Os outros oito tripulantes están xa fóra de perigo. // Galicia volve superar hoxe a cifra de 10.000 casos activos de Covid, uns 800 máis que o día anterior, e logo de notificarse 1.249 novos contaxios. 16-06-22
Ceos parcialmente nubrados con posibilidade de chuvascos de tipo tormentoso, máis probables pola tarde en comarcas do interior. As temperaturas mínimas ascenden lixeiramente, mentres que as máximas descenden. 16-06-22
Lectura pública nas rúas de Vigo, no Bloomsday, para celebrar o centenario da publicación de 'Ulises', a obra de James Joyce, que revolucionou a literatura do século XX. Leuse a edición en galego de Galaxia, cunha versión que mereceu o premio nacional de traducción.
Estaba en reparación no porto de Vitoria, a capital das Illas Seychelles, cando sufríu un accidente, no que faleceron dous mariñeiros galegos. O Albacora IV, propiedade dunha armadora viguesa, rexistrou una fuga de amoníaco, segundo as primeiras investigacións. // Algúns concellos buscan ainda persoal para as brigadas coas que completar o operativo autonómico de loita contra o lume, Piden que a Xunta que unifique o servizo para mellorar a coordinación. // Lectura pública nas rúas de Vigo no Bloomsday, para celebrar o centenario da publicación de Ulyses, a obra de James Joice, que revolucionou a literatura do século XX. Editada en galego por Galaxia, cunha versión que mereceu o premio nacional de traducción. 16-06-22
Estaba en reparación no porto de Vitoria, a capital das Illas Seychelles, cando sufríu un accidente no que faleceron dous mariñeiros galegos. O albacora catro, propiedade dunha armadora viguesa, rexistraría una fuga de amoníaco segundo as primeiras investigación. // Algúns concellos buscan ainda persoal para as brigadas coas que completar o operativo autonómico de loita contra o lume, Piden que a Xunta unifique o servizo para mellorar a coordinación. // Lectura pública nas rúas de Vigo, no Bloomsday, para celebrar o centenario da publicación de Ulyses, a obra de James Joice, que revolucionou a literatura do século XX. Editada en galego por Galaxia, cunha versión que mereceu o premio nacional de traducción. 16-06-22
Foron días de máxima festa deportiva, hai xusto 40 anos. Os estadios de Riazor, na Coruña e Balaídos, en Vigo, convertíanse en sedes da fase de clasificación do MUndial 82 de España, un evento que permitíu a moitos gozar en directo do futbol internacional. // O prezo do gasóleo para os barcos de pesca está a por en perigo a costeira do bonito. Algunhas embarcacións poderían non sair ou rematar a campaña antes de tempo se o prezo do combustible non baixa. // A chegada de pó sahariano perxudica á calidade do aire, sobre todo nas zonas máis orientais. A xornada ven marcada por un aviso amarelo por altas temperaturas no Val do Miño, e tamén por risco de treboadas intensas na mitade sur. // Battosai é un trío musical formado en Santiago. Defínense como millenials que quixeran pertencer á Xeración X. Presentan un primeiro album que chegou a entrar nos tops de mellores discos do último ano. 15-06-22
Galicia queda baixo a influencia dun embolsamento de aire frío. No interior vanse formando nubes e chuvascos, localmente treboentos, que caerán de xeito máis xeneralizado pola noite. As temperaturas máximas experimentarán un lixeiro ascenso. 15-06-22
Galicia ten 15.000 vivendas de uso turístico habilitadas pola Xunta, que concellos coma o de Santiago queren frear. Apartamentos céntricos e ben equipados, son os favoritos para uso turístico.
Apartamentos céntricos e ben equipados, son os favoritos para uso turístico. En Galicia ascenden xa a unhas 15 mil as vivendas habilitadas pola Xunta para esta actividade, que concellos como o de Santiago queren frear. // A falla de médicos para cubrir vacantes en atención primaria, segue a centrar o debate político. Hoxe o presidente da Xunta insistiu, na Sesión de Control do Parlamento, en que non "racanea" en gasto para a Sanidade. // Descubrir o mundo da literatura a través dos xogos. E a iniciativa Literatour, na que participan un milleiro de escolares, dentro da Cidade do Libro, en Vilagarcía. que tamén inclue seminarios, recitais e sinaturas de exemplares. // 15-06-22