Os empresarios do sector falan de cada vez máis dificultades para atopar persoal, sobre todo en categorías máis cualificadas. O déficit de camareiros e cociñeiros pon en risco a tempada de verán. Hai dous mil camareiros menos que antes da pandemia.
Naufraxio do arrasteiro galego "Piedras", con base en Marín, ao sufrir unha vía de auga mentres faenaba a unhas 60 millas da costa de Irlanda, en augas do Gran Sol. Os seus 11 tripulantes puideron ser rescatados por outro buque. // Traballadores da hostalaría denuncian as codicións laborais, con salarios por debaixo do pactado e incumprimento da normas sobre horarios e descansos. Mentres, os empresarios do sector falan de dificultades para atopar persoal. // // No día do leite, os productores destacan que Galicia é a orixe do corenta por cento do que se consume en España. Un grupo de 29 granxeiros, en LUgo, forman a primeira organización adicada ao leite ecolóxico, para poder negociar melloras coas empresas lácteas. // Presta declaración ante o xuíz o home acusado da brutal agresión en Carballo á muller que continúa ingresada grave, con traumatismo craneoencefálico. 01-06-22
Naufraxio do arrasteiro galego "Piedras", con base en Marín, ao sufrir unha vía de auga mentres faenaba a unhas 60 millas da costa de Irlanda, en augas do Gran Sol. Os seus 11 tripulantes puideron ser rescatados por outro buque. // Traballadores da hostalaría denuncian as codicións laborais, con salarios por debaixo do pactado e incumprimento da normas sobre horarios e descansos. Mentres, os empresarios do sector falan de dificultades para atopar persoal. // // No día do leite, os productores destacan que Galicia é a orixe do corenta por cento do que se consume en España. Un grupo de 29 granxeiros forman a primeira organización adicada ao leite ecolóxico. // Presta declaración ante o xuíz o home acusado da brutal agresión en Carballo á muller que continúa ingresada grave, con traumatismo craneoencefálico. 01-06-22
A escalada do combustible non para, ca gasolina catro céntimos máis cara que onte, e por riba dos dous euros o litro en moitas estacións de servizo. // Galicia rexistrou en abril 120 mil viaxeiros que realizaron case 180 mil pernoctacións en casas de turismo rural, apartamentos, camping ou albergues, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística publicados hoxe. // A Garda Civil solicita colaboración cidadá para dar co conductor que fuxiu tras provocar un accidente na A 52, deixando ferido grave a un motorista. Ocorreu este sábado no alto do Confurco, no Porriño, cando o vehículo se incorporou dende a Nacional 120. // O Touro de Trasmiras, pintado de azul celeste por un artista que quere permanecer no anonimato. Os veciños rexeitan a acción como un acto vandálico contra unha das icónicas figuras de Osborne que hai en Galicia. 31-05-22
Chuvascos treboentos que poden descargar ata 15 litros de auga por metro cadrado en tan só unha hora e ademais vir acompañados de aparato eléctrico. Chuvias que serán xeralizadas en toda a comunidade durante todo o día. As temperaturas ascenden lixeiramente 31-05-22
Logo de tres anos de ensaios, a Misión Biolóxica, con sede en Pontevedra, logrou seleccionar as tres mellores variedades de millo para recuperar o pan tradicional galego. Xunto cos investigadores traballou unha panadería de Carral.
A gasolina volve poñerse por riba dos dous euros o litro na maioría das estacións de servizo, cun aumento de catro céntimos no último día. A piques de absorver o desconto implantado polo goberno en abril, convértese no principal impulso para a inflación. // O Sergas comenza hoxe en Santiago e Vigo a realizar probas de PCR que permiten confirmar ou descartar os casos sospeitosos en poucas horas, sen ter que esperar varios días para recibir o resultado do laboratorio de Madrid, // En Galicia son 233 os nenos en familias de acollida, e faltan 61 por atopar un fogar. Os expertos advirten dos danos a longo prazo que o abandono causa na saúde mental dos cativos, e que xeneralmente pasa desapercibido para o sistema sanitario. //31-05-22
A gasolina volve poñerse por riba dos dous euros o litro na maioría das estacións de servizo, cun aumento de catro céntimos no último día. A piques de absorver o desconto implantado polo goberno en abril, convértese no principal impulso para a inflación. // O Sergas comenza hoxe en Santiago e Vigo a realizar probas de PCR que permiten confirmar ou descartar os casos sospeitosos en poucas horas, sen ter que esperar varios días para recibir o resultado do laboratorio de Madrid,. // En Galicia son 233 os nenos en familias de acollida, e faltan 61 por atopar un fogar. Os expertos advirten dos danos a longo prazo que o abandono causa na saúde mental dos cativos, e que xeneralmente pasa desapercibido para o sistema sanitario. 31-05-22
Novo crime machista en Galicia. Unha muller agredida brutalmente en Carballo, permanece ingresada grave, con traumatiso craneoencefálico. O marido, está detido como presunto autor, despois de entregarse á garda civil. // A Garda Civil investiga a morte dunha muller que apareceu sen vida no portal da súa vivenda na rúa Redondela de Cangas, ainda que todo apunta a unha caída accidental. A policía científica agardará o resultado da autopsia para confirmar que caeu pola escaleira de xeito fortuito. //. // A ría de Vigo, escenario da derradeira novela do escritor Domingo Villar, acolleu unha emotiva homenaxe ao autor recentemente falecido. Dúcias de lectores embarcaron no último barco que une Vigo con Moaña para poñer voz a súa escrita e honrar o seu legado literario. 30-05-22
Agardamos unha semana borrascosa aínda que de momento hoxe con pouca chuvia, máis probable na metade oeste. O ambiente refrescou, con máximas que baixan de xeito notable e quedarán en xeral por riba dos 20 graos. 30-05-22
Ingresada con traumatismo craneal, a muller agredida brutalmente en Carballo. Un veciño atopouna na rúa en estado grave. O marido, está detido como presunto autor, despois de entregarse á garda civil. // Veciños da comarca de Lemos tratan de recuperar a normalidade, tralos efectos da intensa treboada que durante algo máis dunha hora, converteu en auténticos ríos os espazos do casco urbano de Monforte. // Os productores galegos de Ternera Gallega Suprema perden un euro por cada kilo que poñen no mercado, debido ao incremento de custes trala guerra de Ucraína. Así o confirma un informe presentado pola Xunta. // A xornalista de TVE Erika Reija, galardoada nesta edición do premio José Couso, unha homenaxe marcada nesta edición por unha por unha nova guerra que sitúa aos informadores no punto de mira. 30-05-22
Ingresada con traumatismo craneal, a muller agredida brutalmente en Carballo. Un veciño atopouna na rúa en estado grave. O marido, está detido como presunto autor, despois de entregarse á garda civil. // Veciños da comarca de Lemos tratan de recuperar a normalidade, tralos efectos da intensa treboada que durante algo máis dunha hora, converteu en auténticos ríos os espazos do casco urbano de Monforte. // Os productores galegos de Ternera Gallega Suprema perden un euro por cada kilo que poñen no mercado, debido ao incremento de custes trala guerra de Ucraína. Así o confirma un informe presentado pola Xunta, que anuncia unha liña de axudas directas ás explotacións. // A xornalista de TVE Erika Reija, galardoada nesta edición do premio José Couso, a homenaxe do Colexio Galego de Xornalistas marcada nesta edición por unha por unha nova guerra que sitúa aos informadores no punto de mira. 30-05-22
Activada a alerta por seca no sur da provincia de Lugo, onde xa empezan a notarse Problemas de abastecemento de auga. Unha situación que irá a peor se non aumentan as precipitacións, de momento un 40 por cento por debaixo da media. // Descartados os tres casos sospeitosos en Galicia de contaxios da varíola do mono. A Consellería de Sanidade anuncia, sen embargo, dous novos posibles casos que están sendo analizados. // As altas temperaturas chegan a Galicia nunha xornada máis típica de verán que da época na que estamos, e especialmente propicia para a praia. De momento, onde más fresco se nota ainda, na Coruña. // Adicamos os últimos minutos ao noso compañeiro Luis Labandeira, un dos xornalistas desta casa que máis noticias que lles leva contado nos case 40 anos en RTVE, e que hoxe se retira. 27-05-22
As máximas acadarán os 35 graos en Ourense. Tamén nas rías baixas xa se está a notar a calor dende primeiras horas. Unha situación que se manterá ata o domingo pola tarde cando se aproxima unha borrasca. 27-05-22
Inaugurada en Dumbría a escultura xigante de Vákner, un monstro, que os historiadores identifican cun home lobo, e que se aparecía no século XV aos peregrinos no monte, no Camiño que leva a Fisterra. Unha lenda recuperada coa que o concello espera atraer a moitos camiñantes.
Comenzan os problemas de abastecemento de auga no sur da provincia de Lugo, onde xa está activada a alerta por seca. Os encoros como o de Vilasouto, con menos da metade do seu nivel habitual nesta época. // Os traballadores de Ence marchan ata o porto de Marín, para amosar agradecemento a Autoridade Portuaria polo seu apoio á continuidade da pasteira nos terreos de Lourizán. // Un grupo de mulleres madrileñas con cancro de mama chegan a Santiago logo de percorrer as cinco etapas finais do camiño co seu equipo sanitario. // Inaugurada en Dumbría a escultura xigante de Vákner, un monstro, que os historiadores identifican cun home lobo, e que se aparecía no século XV aos peregrinos no monte, no Camiño que leva a Fisterra. Unha lenda recuperada coa que o concello espera atraer a moitos camiñantes 27-05-22
Comenzan os problemas de abastecemento de auga no sur da provincia de Lugo, onde xa está activada a alerta por seca. Os encoros como o de Vilasouto, con menos da metade do seu nivel habitual nesta época. // Os traballadores de Ence marchan ata o porto de Marín, para amosar agradecemento a Autoridade Portuaria polo seu apoio á continuidade da pasteira nos terreos de Lourizán. // Un grupo de mulleres madrileñas con cancro de mama chegan a Santiago logo de percorrer as cinco etapas finais do camiño co seu equipo sanitario. // Inaugurada en Dumbría a escultura xigante de Vákner, un monstro, que os historiadores identifican cun home lobo, e que se aparecía no século XV aos peregrinos no monte, no Camiño que leva a Fisterra. Unha lenda recuperada coa que o concello espera atraer a moitos camiñantes 27-05-22
Primeiras críticas de colectivos cidadán a oferta de Aloxamento gratis a médicos de primaria que traballen durante os meses de verán. A fórmula ideada polo Sergas para para fomentar a contratación de profesionais estréase en Sanxenxo, cos Centros de Saúde desbordados en temporada alta. // A Garda Civil e a Garda Nacional Republicana patrullarán xuntos o Camiño portugués primitivo e o Camiño da Costa, entre xuño e setembro nas zonas transfronteirizas. O dispositivo contará con axentes a cabalo, en moto e bicicleta xunto a unha oficina móbil de atención ao peregrino. // Hoxe e o Día grande das festas da Ascensión en Santiago con bombas de palenque, comparsas de cabezudos e a tradicional Feira de Amio que arrancaba a xornada cos cabalos como protagonistas. // 26-05-22
O anticiclón refórzase con suba de temperaturas. Ceos despexados en xeral con algunhas nubes altas, cos termómetros rondando os 25 graos en boa parte da comunidade, ata os 30 chegarán no interior de Ourense e polo sur. 26-05-22
Inicia a súa recuperación trala crise dos últimos anos. A suba de prezos pola guerra de Ucraína lastra un sector reactivado con iniciativas como contrato das fragatas de Navantia e a compra de Barreras por parte de Armón.