Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Nova operación conxunta da Policía e a Garda Civil contra o grupo que fabrica narcolanchas nas Rías Baixas, presuntamente encabezado polo veterano Javier Otero Magdalena, do Grove. Hai unhas vinte persoas detidas e rexistros en vivendas e naves de varias localidades. // Sarria vive hoxe unha xornada especial coa visita do rei Filipe, xusto cando se fai público o seu patrimonio e se aproba unha reforma do funcionamento da casa real para darlle maior transparencia. // O parlamento inicia a tramitación da nova lei de xestión da auga, que pretende frear as fugas nas redes de subministro que a Xunta estima agora en ata o 40 por cento. // Sanidade estuda administrar unha cuarta dose da vacina da Covid aos maiores de 80 anos, ao constatar que a dose de reforzo perde eficacia a partir dos tres meses fronte á variante Ómicron. 26-04-22

Un dispositivo instalado no gorro permite controlar os adestramentos e evitar afogamentos.

A piscina municipal de Pontevedra é a primeira de Galicia.

A chegada de peregrinos marca xa un novo record. Cerca de 40.000 persoas levan obtido o certificado no que vai de ano, por riba das cifras do ano 2019, antes da pandemia. // Os casos activos rexistran hoxe unha notable baixada, logo da fin de semana. En cambio, os pacientes ingresados aumentan e sitúanse en 702, dos que 24 permanecen nas UCI. // O Festival da Luz, promovido por Luz Casal, xa ten cartel para a edición deste ano.... "Los Ilegales", a "Mala Rodríguez", os "Heredeiros da Crus", entre os participantes, na cita musical que adianta a celebración a entre o 26 e o 28 de agosto, no habitual recinto, en Boimorto. // Un opositor ao réxime venezolano de Nicolás Maduro solicitou a intervención da Valedora do Pobo para que as autoridades españolas impidan a súa extradición ao pais hispanoamericano. // 25-04-22

Situación intermedia entre altas e baixas presións. Polo que temos ceos parcialmente nubrados, con nubes máis compactas na metade oeste que ocasionalmente poderían deixar algunha precipitación de carácter ocasional. As temperaturas experimentan un lixeiro ascenso. 25-04-22

A peregrinación polos camiños de Santiago supera xa as cifras de antes da Pandemia. No que vai de ano, son cerca de 40.000 as persoas que obteñen o certificado, máis que en 2019, que tiña o récord ata agora . // O vicepresidente Alfonso Rueda, disposto xa a sustituir a Feijóo, de momento como lider do PP de Galicia. A oposición critica a lentitude do proceso sucesorio na Xunta, e comenza a facer un balance negativo dos 13 anos de goberno de Feijóo. // Aceptan penas de prisión por estafar a máis de trinta coñecidos e familiares aos que lles ofertaron un posto de traballo no Hospital de Lugo, que resultou ser falso, a cambio de diñeiro. En total estafaron máis de trescentos mil euros. // Un sistema intelixente que conecta os socorristas cos nadadores en tempo real, na piscina municipal de Pontevedra. Evitará afogamentos e permitirá controlar tamen os adestramentos. 25-04-22

A peregrinación polos camiños de Santiago supera xa as cifras de antes da Pandemia. No que vai de ano, son cerca de 40.000 as persoas que obteñen o certificado, máis que en 2019, que tiña o récord ata agora .. // O vicepresidente Alfonso Rueda, disposto xa a sustituir a Feijóo, de momento como lider do PP de Galicia. A oposición critica a lentitude coa que está a ser acometido o proceso sucesorio na Xunta, e comenza a facer un balance negativo dos 13 anos de goberno de Feijóo. // Aceptan penas de prisión por estafar a máis de trinta coñecidos e familiares aos que lles ofertaron un posto de traballo no Hospital de Lugo, que resultou ser falso, a cambio de diñeiro. En total estafaron máis de trescentos mil euros // Un sistema intelixente que conecta os socorristas cos nadadores en tempo real, na piscina municipal de Pontevedra. Evitará afogamentos e permitirá controlar tamen os adestramentos. 25-04-22

As gañas de festa innundan xa a localidade de Lalín para a sua gran cita gastronómica. A feira de exaltación do Cocido, que estrea esta fn de semana recoñecemento de interese turístico internacional, logo de dous anos de pandemia. // Hoxe os casos activos de Covid aumentan en máis de mil, quedan nun total de 14.909, nunha xornada na que se rexistraron 1.717 novos contaxios. // A Xunta presenta o proxecto de ampliación do hospital clínico de Santiago, cun investimento de setenta millóns de euros, que vai aumentar nun trinta por cento a superficie actual do complexo ata case os 144 mil metros cadrados. // Chega á Coruña o Circo dos Horrores coas súa quinta obra, "Bacanal". Un espectáculo provocador, obra do ourensán Suso Silva, sobriño do Pai Silva, fundador do Circo dos Muchachos, que a define como unha festa dos sentidos. 22-04-22

Chuvascos, ocasionalmente acompañados de sarabia e aparato eléctrico. A cota de neve sitúase sobre os 1200-1300 metros. As precipitacións, máis frecuentes e intensas na segunda metade do día, seguirán ata o domingo, e as temperaturas, sen cambios. 22-04-22

O coche de rallys de Estanislao Reverter, considerado o pai do automobilismo galego, volve funcionar logo de 47 anos parado, grazas a unha laboriosa restauración a cargo dos seus fillos.

Feijóo apura os últimos actos antes de dimitir como Presidente da Xunta, e nega que vaia manter dende Madrid unha tutela sobre o seu sucesor, o vicepresidente Alfonso Rueda que anuncia esta tarde aos seus compañeiros a sua aspiración a presidir o PP de G. // A Xunta reitera a recomendación de seguir levándo a máscara nos centros educativos. Nunha guía enviada aos colexios, alude á taxa de vacinación entre os escolares, inferior á da poboación xeral. // A familia de Juan Tábara, o oftalmólogo coruñés que faleceu golpeado por unha lancha mentres nadaba nunha praia de Sanxenxo, reclama melloras na seguridade para evitar casos similares. // O Alpinche, o mítico coche de rallys, obra de Estanislao Reverter, considerado o pai do automovilismo galego, volve ruxir polas rúas de Ourense, logo de 47 anos parado, grazas á restauración a cargo dos seus fillos. 22-04-22

Feijóo apura os últimos actos antes de dimitir como Presidente da Xunta, e nega que vaia manter dende Madrid unha tutela sobre o seu sucesor, o vicepresidente Alfonso Rueda que anuncia esta tarde aos seus compañeiros a sua aspiración a presidir o PP de G. // A Xunta reitera a recomendación de seguir levándo a máscara nos centros educativos. Nunha guía enviada aos colexios, alude á taxa de vacinación entre os escolares, inferior á da poboación xeral. // A familia de Juan Tábara, o oftalmólogo coruñés que faleceu golpeado por unha lancha mentres nadaba nunha praia de Sanxenxo, reclama melloras na seguridade para evitar casos similares. // O Alpinche, o mítico coche de rallys, obra de Estanislao Reverter, considerado o pai do automovilismo galego, volve ruxir polas rúas de Ourense, logo de 47 anos parado, grazas á restauración a cargo dos seus fillos. 22-04-22

O tráfico de grandes Cruceiros volve con forza a Vigo. o Sky Princess e o Ventura, dous dos sete transatlánticos previstos para esta semana coiciden no porto, cuns 7.000 turistas a bordo listos para vistar a cidade. // A retirada da máscara pode conlevar un aumento da incidencia de enfermidades respiratorias como a alerxia estacional. Os expertos cren que esta primavera haberá máis síntomas que nas dúas anteriores. // O do Villa de Pitanxo foi o caso máis grave de sinistralidade laboral deste ano en Galicia. En 2021, mais da metade dos falecidos no traballo foron por infartos ou outras patoloxías non traumáticas. // Inaugurada en Vigo unha mostra dos fondos documentais da Fundación Penzol relacionados con Florencio Delgado Gurriarán, escritor ao que a Real Academia Galega adica o Día das letras. 21-04-22

Un novo sistema frontal achégase polo Atlántico, cos ceos cubertos e chuvias na franxa oeste, máis frecuentes, intensas e xeneralizadas pola tarde, ocasionalmente acompañadas de sarabia e aparato eléctrico. Descenden as temperaturas, coa cota descendendo aos 1.300 metros. 21-04-22

A comarca pontesa agarda a recuperación industrial co proxecto de fábrica de pneumáticos, promovido por un grupo chinés, con máis de 500 millóns de euros de investimento e que permitiría crear 750 empregos directos.

Vigo recupera con intensidade o tráfico de grandes Cruceiros turísticos. Máis de 7.000 visitantes chegan nun só día á cidade, ao coincidir dous transatlánticos, o Sky Princesse e o Ventura, dos sete previstos para esta semana..// Vigo acolle o consello da Xunta,que pode ser o último con Alberto Nuñez Feijóo como xefe do goberno. O vicepresidente Alfonso Rueda fará oficial mañá a sua candidatura a sustituilo como presidente do PP de Galicia. // A comarca das Pontes agarda a recuperación do seu pulo industrial coa posta en marcha do proxecto de fábrica de neumáticos Promovido por un grupo chinés, con máis de 500 millóns de euros de investimento, permitiría a creación de 750 empregos directos. // O Concello de Pontevedra pide ao Goberno organice a localización, con medios submarinos, dos restos do Villa de Pitanxo, afundido en augas de Terranova. 21-04-22

Vigo recupera con intensidade o tráfico de grandes Cruceiros turísticos. Máis de 7.000 visitantes chegan nun só día á cidade, ao coincidir dous transatlánticos, o Sky Princesse e o Ventura, dos sete previstos para esta semana. // Vigo acolle o consello da Xunta,que pode ser o último con Alberto Nuñez Feijóo como xefe do goberno. O vicepresidente Alfonso Rueda fará oficial mañá a sua candidatura a sustituilo como presidente do PP de Galicia. // A comarca das Pontes agarda a recuperación do seu pulo industrial coa posta en marcha do proxecto de fábrica de neumáticos Promovido por un grupo chinés, con máis de 500 millóns de euros de investimento, permitiría a creación de 750 empregos directos. // O Concello de Pontevedra pide ao Goberno organice a localización, con medios submarinos, dos restos do Villa de Pitanxo, afundido en augas de Terranova.  21-04-22

Empregados e usuarios disfrutan da experiencia de poder estar a cuberto sen máscara por primeiro día dende hai dous anos. A maioría das empresas dubidan I ainda sobre a normativa a aplicar. // O líder do PSC, o exministro Salvador Illa, reunirse en Santiago con Valentín González Formoso, e pediulle a Núñez Feijóo, que apoie o acordo acadado entre grupos políticos de Cataluña para preservar o catalán como centro de gravidade do sistema educativo. // A histórica factoría de Clesa, en Caldas de Reis,con capital cen por cen galego, convértese na primeira empresa española de iogures. Estivo a piques de pechar hai unha década, pero agora prevé seguir aumentando a produción de sobremesas lácteas ata multiplicala por 20.   20-04-22

Descenso das temperaturas mínimas, que trae consigo a baixada da cota de neve en torno aos 900 metros de altitude. Nas próximas horas espérase que as precipitacións dean paso a ceos con alternancia de nubes e claros. 20-04-22