Máis de 2.500 médicos internistas reunidos nun congreso en Santiago advirten do incremento dos pacientes crónicos. // Galicia supera xa o os 3.000 casos activos, e ve aumentar a presión hospitalaria mentres é aprobada a terceira dose para tódolos maiores de 60 anos. Comenzará a ser administrada cando remate a da poboación de 70 a 79 anos. // Policías e Gardas Civis secundan nas cidades galegas a convocatoria de protestas contra a reforma da Lei de Seguridade Cidadá, a chamada lei mordaza. Din que os cambios previstos perxudicarán ao seu traballo e aos cidadáns. // Máis de 100.000 alegacións contra os proxectos de Parques eólicos na Serra da Groba, entre Baiona e o Rosal, presentadas por concellos e particulares. Din que a tramitación está a burlar a lei para evitar o estudo de impacto ambiental. 24-11-2021

Por un finanzamento autonómico que teña máis en conta a despoboación. E o acordo dos oito presidentes reunidos en Santiago, nunha fronte, din, que non vai contra ninguén, pero que quere evitar un novo sistema a base de negociacións bilaterais. // Asociacións de persoas xordas concentranse diante do Parlamento, para pediren recursos para o alumnado. Nos colexios precisan máis especialistas en audición e linguaxe, intérpretes en lingua de signos e terapeutas. // Un a través do futbol, outra paseando polas súas lembranzas. O noso compañeiro Xabier Fortes e a súa irmá Susana veñen de publicar senllos libros que son, cada un ó seu xeito, unha homenaxe a Pontevedra, a cidade que os viu nacer. O de Susana Fortes titúlase "Pontevedra, tal como éramos", e o de Xabier, "Crónicas cancheras". // Nenos do Courel e do Incio que explican o que é para eles a igualdade. Os seus testemuños forman parte da iniciativa "Da mesma raíz" para concienciar contra a violencia de xénero desde o rural. 23-11-2021
Continúa a influcencia da intensa borrasca situada no Mediterráneo que achega aire frío. Os ceos están máis nubrados ao norte, onde teremos chuvascos ocasionais. As temperaturas ascenderán lixeiramente, a mínima de catro graos en Lugo e a máxima de 16 en Vigo. 23-11-2021
Acordo entre a Xunta e o sector para evitar restricións de cabidas e horarios. A medida precisa do aval do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Acordo dos oito presidentes reunidos en Santiago para un novo modelo de financiamento autonómico que teña en conta a despoboación. Na declaración conxunta, piden que o sistema permita atender as necesidades dos cidadáns vivan donde vivan. // A Xunta e os representanes da Hostalaría chegan a un acordo para que o certificado covid sexa necesario para entrar nos restaurantes, e tamén en bares e cafetarías a partir das nove da noite. Ademáis haberá un límite de 15 comensais por mesa. // Dous mil quilos de polos, repartidos de balde entre os veciños de Pontevedra, para denunciar as fortes subas dos custes de produción que soportan as máis de 600 granxas galegas. //.A socialista Eva García de la Torre presenta a dimisión como alcaldesa do Porriño. A sua renuncia era a condición do grupo local de Esquerda Unida para non apoiar unha moción que daría o goberno municipal ao Partido Popular. 23-11-2021

Dúas horas e dezaseis minutos: é o que tardou o AVE en facer o seu primeiro percorrido dende Madrid ata Ourense, 90 minutos menos do que tardan os trens actuais. // As luces do Nadal de Vigo volven converter a cidade nun atractivo turístico. Cos cálculos do alcalde, por cada euro de gasto a cidade ingresa entre cincocentos e mil euros. Compara o gasto enerxético co dun campo de futbol nun mes. // No que vai de ano morreron nas estradas galegas 59 persoas, unha terceira parte foron os coñecidos como usuarios vulnerables. 12 motoristas, 8 peóns e un ciclista ademáis de producirse máis de cen atropelos. // O Cantautor e Guitarrista nixeriano Bombino, está hoxe en Ourense. É un dos principais representantes da música tuareg, caracterizada polos ritmos hipnóticos. 12-11-2021
Primeira chegada do AVE de Madrid a Galicia. Cuns minutos de adianto, A Ministra de Transportes completa con Núñez Feijóo a viaxe de probas ata a estación de OUrense. Dende mañá poderán comprarse os billetes para a liña, que empezara a funcionar o día 21. // A central térmica das Pontes, de novo en funcionamento. Endesa deecide retomar a actividade de xeito excepcional pola situación do mercado enerxético. Pero aclara que segue adiante cos plans de peche definitivo. // Segue o aumento da incidencia da Pandemia, con cerca de 2.700 casos activos, ainda que apenas aumentan as hospitalizacións. Sanidade advirte de intentos de fraude sobre a administración da terceira dose e aclara que a citación so se fai dende teléfonos fixos e nunca se solicita informacón persoal nin resposta. // Unha nova investigación policial desbota calquera relación coa mafia de Diego Bello, o coruñés que morreu tiroteado en Filipinas. Tamén son imputados Os tres axentes que lle dispararon. 12-11-2021

Os ceos, máis nubrados canto máis ao norte, con chuvias ocasionais que son en forma de neve a partir dos 900 metros. As temperaturas sofren un claro descenso, con máximas que quedan en 13 graos en Pontevedra, mentres en Lugo non pasan dos 8. 12-11-2021
Viaxe de probas da alta velocidade de Madrid a Galicia. Dende mañá poderán comprarse os billetes para a liña, que empezara a funcionar o día 21.
18 colexios e institutos de Galicia terán coma reto construír un dron para agagar un incendio. Teñen de prazo ata maio, dentro da primeira liga de dron auspiciada pola Fundación Barrié de la Maza.
Volta aos grandes recintos de vacinación masiva, agora para recibir a terceira dose as persoas entre 70 e 79 anos // Grupos de gandeiros retiran dos supermercados leite das marcas que, din, non trasladan aos produtores a suba que aplican nos prezos // Tensión no aeroporto da Coruña, por unha ameaza de bomba nun avión procedente de Bilbao que resultou ser falsa // Peregrinación a Santiago da Conferencia Episcopal en pleno. 19-11-2021
Continua a situación anticiclónica con ceos despexados en xeral e intervalos de nubes altas. As temperaturas mínimas, moi baixas de mañanciña, sobre todo en Lugo e Ourense, onde chegaron a cero graos. As máximas ascenden ata 21 graos en Vigo. 19-11-2021
Con fluidez e sen aglomeracións, os galegos de entre 70 e 79 anos comezan a acudir aos centros de vacinación a recibir a terceira dose // Tensión, esta mañá, no aeroporto da Coruña, cando un avión procedente de Bilbao aterrou de emerxencia por unha ameaza de bomba que resultou ser falsa // Grupos de gandeiros retiran dos supermercados leite das marcas que, din, non trasladan aos produtores a suba que aplican nos prezos // Peregrinación a Santiago da Conferencia Episcopal en pleno 19-11-2021
Volta aos grandes recintos de vacinación masiva, agora para recibir a terceira dose as persoas entre 70 e 79 anos // Tensión, esta mañá, no aeroporto da Coruña, cando un avión procedente de Bilbao aterrou de emerxencia por unha ameaza de bomba que resultou ser falsa // Grupos de gandeiros retiran dos supermercados leite das marcas que, din, non trasladan aos produtores a suba que aplican nos prezos // Peregrinación a Santiago da Conferencia Episcopal en pleno. 19-11-2021
En total son máis de 300 os contaxios activos en centros escolares, o doble que hai unha semana, no que se considera xa o arranque dunha nova vaga. A Xunta estuda pedir o certificado covid tamén na hostalaría. // Feijóo calificou de moi negativa a eliminación, xa este curso, das probas de recuperación na ESO. Díxoo despois e que a Ministra de Educación, Pilar Alegría, defendera hoxe en Santiago esa reforma. // Tras unha colleita de record, con 43 millóns de quilos de uva, as adegas da denominación de orixe Rias Baixas aumentaron as súas exportacións máis dun millón de litros, cun prezo medio de 6 euros por botella. Estados Unidos e Reino Unido seguen a acaparar boa parte das vendas. // Un dos artistas urbanos do momento chega hoxe a Santiago. Entre os seus méritos, ter gañado un concurso internacional de rapeiros de estilo libre, A Batalla dos Galos. Coñecido musicalmente como WALLS. 18-11-2021