Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Garda Civil desmantelou no Porriño a maior plantación de marihuana descuberta ata o momento en Galicia. Estaba composta por 3.000 plantas cultivadas en instalacións que contaban con complexos sistemas de iluminación e climatización // Segue a aumentar o número de turistas que chegan ata os nosos portos a bordo de cruceiros. Hoxe entraron uns dez mil aos da Coruña e Vigo. Ao da coruña chegaban, esta mañá, máis de 8.000 persoas, co atraque de tres grandes cruceiros // O Barcelona xa está na Coruña. Os siareiros viron pasar fugazmente ás figuras do equipo, antes de subir ao autobus que os levaba ao seu hotel de concentración. O Dépor adestrou a porta pechada en Riazor. Tentará aproveitar o baixón do Barça que chega á Coruña despois de tres derrotas consecutivas e coa Liga en xogo. 20/04/16

O conselleiro de sanidade comparecerá no Parlamento para explicar con qué criterios se administran os fármacos da hepatite C // Ourense vai ser a décima cidade de España na que se vai poder estudar enxeñaría aeroespacial // Os hospitais de Vigo e Lugo contan con novos robots, con forma humana cos que practican os médicos do Sergas. 19/04/16

Socialistas e BNG piden a comparecencia do Presidente da Xunta no Parlamento, e AGE a dimisión de Núñez Feijóo, logo de que a Fiscalia acusara a dous altos cargos de sanidade polo atraso na administración de fármacos contra a hepatite C por razóns orzamentarias. A conselleria defende que se aplicaron con criterios clinicos, non orzamentarios // Por primeira vez os nenos de sexto de primaria someteranse as probas de avaliación previstas na Lomce. Do 11 ao 13 de maio farán cinco exames de competencia: de matemáticas, de ciencia e tecnoloxia e de comunicación lingüística en galego, en castelán e en inglés // O bo tempo deulles a benvida os primeiros turistas que recibe Vigo no inicio da tempada de cruceiros. 18/04/16

Socialistas e BNG piden a comparecencia do Presidente da Xunta no Parlamento, e AGE a dimisión de Núñez Feijóo, logo de que a Fiscalia acusara a dous altos cargos de sanidade polo atraso na administración de fármacos contra a hepatite C por razóns orzamentarias. A conselleria defende que se aplicaron con criterios clinicos, non orzamentarios // Por primeira vez os nenos de sexto de primaria someteranse as probas de avaliación previstas na Lomce. Do 11 ao 13 de maio farán cinco exames de competencia: de matemáticas, de ciencia e tecnoloxia e de comunicación lingüística en galego, en castelán e en inglés // O bo tempo deulles a benvida os primeiros turistas que recibe Vigo no inicio da tempada de cruceiros. Esta mañá chegaban os primeiros tres mil, dos 167 mil que se prevé desembarquen no porto olívico nas 80 escalas previstas ata o 30 de setembro. 18/04/16

Socialistas e BNG piden a comparecencia do Presidente da Xunta no Parlamento, e AGE a dimisión de Núñez Feijóo, logo de que a Fiscalia acusara a dous altos cargos de sanidade polo atraso na administración de fármacos contra a hepatite C por razóns orzamentarias // Por primeira vez os nenos de sexto de primaria someteranse as probas de avaliación previstas na Lomce // O bo tempo deulles a benvida os primeiros turistas que recibe Vigo no inicio da tempada de cruceiros. 18/04/16

Aumenta a preocupación pola presencia de bandas xuvenís nos centros de ensino e na sua contorna. As peticións de información e formación a este respecto pasaron de ningunha a 33 en só un trimestre // Galicia vai reclamar, na reunion do Consello de Política Fiscal e Financiera desta tarde, unha compensación por ter sido unha das tres únicas comunidades que cumpliron co obxectivo de déficit durante o ano pasado. Un cumplimento polo que xa recibira 150 millóns de euros, ao telo acadado no exercicio anterior // O Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, mantivo un encontro co Lehendakari Íñigo Urkullo co que analizou a necesidade de acordos para acadar estabilidade. Ademáis anunciaron contactos para colaborar en sectores como a pesca ou a industria alimentaria. 15/04/16

Aumenta a preocupación pola presencia de bandas xuvenís nos centros de ensino e na sua contorna. As peticións de información e formación a este respecto pasaron de ningunha a 33 en só un trimestre. Así se puxo de manifesto nunha reunión do Plan para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos // Galicia vai reclamar, na reunion do Consello de Política Fiscal e Financiera desta tarde, unha compensación por ter sido unha das tres únicas comunidades que cumpliron co obxectivo de déficit durante o ano pasado. Un cumplimento polo que xa recibira 150 millóns de euros, ao telo acadado no exercicio anterior // O Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, mantivo un encontro co Lehendakari Íñigo Urkullo co que analizou a necesidade de acordos para acadar estabilidade. Ademáis anunciaron contactos para colaborar en sectores como a pesca ou a industria alimentaria. 15/04/16

Aumenta a preocupación pola presencia de bandas xuvenís nos centros de ensino e na sua contorna // Galicia vai reclamar unha compensación por ter sido unha das tres únicas comunidades que cumpliron co obxectivo de déficit durante o ano pasado // O Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, mantivo un encontro co Lehendakari Íñigo Urkullu. 15/04/16

Aumenta a preocupación pola presencia de bandas xuvenís nos centros de ensino e na sua contorna. As peticións de información e formación a este respecto pasaron de ningunha a 33 en só un trimestre // Galicia vai reclamar, na reunion do Consello de Política Fiscal e Financiera desta tarde, unha compensación por ter sido unha das tres únicas comunidades que cumpliron co obxectivo de déficit durante o ano pasado. Un cumplimento polo que xa recibira 150 millóns de euros, ao telo acadado no exercicio anterior // O Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, mantivo un encontro co Lehendakari Íñigo Urkullo co que analizou a necesidade de acordos para acadar estabilidade. Ademáis anunciaron contactos para colaborar en sectores como a pesca ou a industria alimentaria. 15/04/16

A Xunta vai investir 125 millóns de euros, de aquí ao 2.020 na construcción de novos centros educativos e na reforma e dotación dos xa existentes // Dous Exmilitantes de Esquerda Unida en Ferrol aseguran que foron expulsados do partido por denunciar na policía en 2009 que un dos ordenadores da súa sede fora usado para visionar pornografía infantil // Nos puntos da costa norte da Ría de Arousa e a costa da morte onde bateron os tornados rexistrados na xornada de onte, os efectos destas trombas mariñas son bén visibles. 14/04/16

A Xunta vai investir 125 millóns de euros, de aquí ao 2.020 na construcción de novos centros educativos e na reforma e dotación dos xa existentes. E un dos acordos dun consello que tamén decidiu convocar un concurso de ideas para transformar o antigo hospital xeral de Vigo en futura cidade da xustiza // Dous Exmilitantes de Esquerda Unida en Ferrol aseguran que foron expulsados do partido por denunciar na policía en 2009 que un dos ordenadores da súa sede fora usado para visionar pornografía infantil. Unha sede na que traballaba o asesor de AGE que foi detido esta semana por tenza e distribución deste tipo de material pedófilo // Nos puntos da costa norte da Ría de Arousa e a costa da morte onde bateron os tornados rexistrados na xornada de onte, os efectos destas trombas mariñas son bén visibles. Na Pobra do Caramiñal o máis afectado foi un bar de praia, na zona da Lombiña e tamén un pinar cercano. 14/04/16

A Xunta vai investir 125 millóns de euros, de aquí ao 2.020 na construcción de novos centros educativos e na reforma e dotación dos xa existentes // Dous Exmilitantes de Esquerda Unida en Ferrol aseguran que foron expulsados do partido por denunciar na policía en 2009 que un dos ordenadores da súa sede fora usado para visionar pornografía infantil // Nos puntos da costa norte da Ría de Arousa e a costa da morte onde bateron os tornados rexistrados na xornada de onte, os efectos destas trombas mariñas son bén visibles. 14/04/16

Pasou a disposición xudicial en Lugo o mozo senegalés de 31anos que está acusado de ter acoitelado a que fora a súa exnoiva, Tatiana Vázquez que apareceu morta no seu coche o pasado sábado con máis de 50 coiteladas // Nas comandancias da Garda Civil de Pontevedra e A Coruña permanecen detidos dous dos trece arrestados en toda España por enaltecemento do terrorismo nas redes sociais. Trátase de dous homes de vigo e Mugardos // Os temporais non nos deixan. Non se agarda mellora, alo menos ata ata a semana que vén e, para mañá, mesmo prevese un notable empeoramento, tanto en terra coma no mar, con ventos de forza oito e ondas de máis de catro metros, sobre todo no litoral da Coruña. 13/04/16

Pasou a disposición xudicial en Lugo o mozo senegalés de 31anos que está acusado de ter acoitelado a que fora a súa exnoiva, Tatiana Vázquez que apareceu morta no seu coche o pasado sábado con máis de 50 coiteladas // Nas comandancias da Garda Civil de Pontevedra e A Coruña permanecen detidos dous dos trece arrestados en toda España por enaltecemento do terrorismo nas redes sociais // O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo, en resposta ás preguntas dos grupos da oposiciòn que o feito de que galicia fora a comunidade que mellor cumpriu cos obxectivos de déficit serve para non deixarlles pufos aos galegos, ao final da lexislatura // Tamén anunciou un investimento de 120 millóns de euros na mellora dos centros de ensino. 13/04/16

Pasou a disposición xudicial en Lugo o mozo senegalés de 31anos que está acusado de ter acoitelado a que fora a súa exnoiva // Dous detidos en Galicia por enaltecemento do terrorismo nas redes sociais // O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo dixo no Parlamento que a reducción do déficit serve para non deixarlles pufos aos galegos. 13/04/16

O máis destacado é o vento que sopra con forza en puntos do norte e oeste de Galicia nunha xornadana que seguiremos con chuvias e chuvascos que serán máis persistentens no litoral atlántico e máis dispersos no resto. As temperaturas soben algo. 13/04/16

A policía cré estar máis perto de resolver o caso do asasinato da moza de Lugo atopada acoitelada a pasada fin de semana. O seu exnoivo, detido tras o descubrimento do crime xa é oficialmente sospeitoso do homicidio, tras a análise dos teléfonos móviles e aparición de sangue na habitación deste mozo senegalés // Detidos en Pontevedra, varios membros do clan dos moróns. Entre os arrestados pola Garda Civil está Sinaí Giménez, autoproclamado príncipe dos xitanos e outros seis familiares por presunta extorsión a vendedores ambulantes. A operación que partiu dunha querela da fiscalía, continúa co rexistro nas catro vivendas deste clan xitano en Tomiño // Carmen Santos é a nova Secretaria xeral de Podemos Galicia, tal como anunciaba este mediodía, en Zaragoza, o responsable de Organización da formación, Pablo Echenique. Resultou gañadora nunhas primarias realizadas a través de internet e nas que participou algo menos do 16 por cento da militancia galega. 12/04/16