Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Comezan as vacacións de Semana Santa con cambio de tempo. Volven as chuvias que xa empezaron a caer polo oeste e que durante a tarde se extenderán ao resto de Galicia. A partir do luns agardase certa melloría pero sen un pronóstico definitivo para os días centrais da semana santa // Na Semana Santa prevense, nas estradas galegas, millón e medio de desprazamentos. Van ser vixilados por mil axentes de tráfico que ontarán co apoio do helicóptero Pegasus e tamén de cinco novos radares que comezan a controlar as nosas estradas estes días // O conflicto interno da organización galega de Podemos vaise trasladar hoxe á xuntanza cos dirixentes territoriais que convocou o lider da formación, Pablo Iglesias, logo da destituciòn do secretario de Organizacion, Sergio Pascual. 18/03/16

Comezan as vacacións de Semana Santa con cambio de tempo // Na Semana Santa prevense, nas estradas galegas, millón e medio de desprazamentos // O conflicto interno da organización galega de Podemos vaise trasladar hoxe á xuntanza cos dirixentes territoriais que convocou o lider da formación, Pablo Iglesias. 18/03/16

A xuiza retiroulle o carnet de conducir ao home de 87 anos que o pasado sábado atropelou a un pelotón de ciclistas perto da Guarda, causándolle a morte a un deles e feridas a outros sete. O conductor prestou declaración no xulgado de Tui que o deixou en libertade pero investigado por delictos de homicidio e de lesións imprudentes // A Xunta aproba a devolucion da paga extra de decembro de 2012 retirada aos empregados publicos. A segunda metade da extra pendente de devolucion aboaraselles na nomina de abril e na de setembro.O consello autorizou ademais destinar 100 millons de euros a un plan de axudas a 1.500 proxectos empresariais. 17/03/16

A xuiza retiroulle o carnet de conducir ao home de 87 anos que o pasado sábado atropelou a un pelotón de ciclistas perto da Guarda, causándolle a morte a un deles e feridas a outros sete. O conductor prestou declaración no xulgado de Tui que o deixou en libertade pero investigado por delictos de homicidio e de lesións imprudentes // A Xunta aproba a devolucion da paga extra de 2012 retirada aos empregados publicos. A segunda metade da extra pendente de devolucion aboaraselles na nomina de abril e na de setembro.O consello autorizou ademais destinar 100 millons de euros a un plan de axudas a 1.500 proxectos empresariais // Os socialistas na Deputación de Lugo defenden a legalidade do programa de viaxes Quilómetro Cero e as axudas sociais, ambos investigados na Operación Pulpo pola que o expresidente do organismo, Gómez Besteiro, renunciou á candidatura á Xunta. O Partido Popular di que a xuíza investiga a exsistencia de contabilidade irregular e a existencia de listas negras. 17/03/16

A xuiza retiroulle o carnet de conducir ao home de 87 anos que o pasado sábado atropelou a un pelotón de ciclistas perto da Guarda, causándolle a morte a un deles e feridas a outros sete // A Xunta aproba a devolucion da paga extra de decembro de 2012 retirada aos empregados publicos // Os socialistas na Deputación de Lugo defenden a legalidade do programa de viaxes Quilómetro Cero e as axudas sociais. 17/03/16

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeita os recursos presentados polos pais da nena Asunta Basterra contra a sentenza que os condenara.
O portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras foi expulsado por un periodo de 15 días do Parlamento Galego, logo de encararse co portavoz do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado.
Case 250 agresións sofriu o persoal sanitario o ano pasado en Galicia aínda que só acabaron en denuncia 5 delas. (16/03/16)

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeita os recursos presentados polos pais da nena Asunta Basterra contra a sentenza que os condenara e mantén a pena de 18 anos de prisión para cada un deles.
O portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras foi expulsado por un periodo de 15 días do Parlamento Galego, logo de encararse co portavoz do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado.
Case 250 agresións sofriu o persoal sanitario o ano pasado en Galicia aínda que só acabaron en denuncia 5 delas. No día nacional contra este tipo de violencia os colexios médicos reclaman que as agresións verbais sexan consideradas delictos contra a autoridade. (16/03/16)

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeita os recursos presentados polos pais da nena Asunta Basterra contra a sentenza que os condenara e mantén a pena de 18 anos de prisión para cada un deles. Considera que a nai, Rosario Porto, é a autora material da morte, sen participaciòn do pai, Alfonso Basterra, pero obrando en cumplimento dun plan trazado conxuntamente polos dous.
O portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras foi expulsado por un periodo de 15 días do Parlamento Galego, logo de encararse co portavoz do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado. Púxose diante del, no seu escano, despois de rematar unha intervención na que acusara ao PP de corrupto.
Case 250 agresións sofriu o persoal sanitario o ano pasado en Galicia aínda que só acabaron en denuncia 5 delas. No día nacional contra este tipo de violencia os colexios médicos reclaman que as agresións verbais sexan consideradas delictos contra a autoridade. (16/03/16)

A muller que denunciara ao Presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e mais propio Baltar, pasaron hoxe polo xulgado.
Piden 24 anos de cadea e máis de medio millón de euros de indemnizacións aos pais dun bebé por provocarlle lesións na cabeza.
A economía galega pode medrar a un ritmo do 2,2 por cento anual durante os dous próximos exercicios. (15/03/16)

A muller que denunciara ao Presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e mais propio Baltar, pasaron hoxe polo xulgado, investigados por suborno e tráfico de influencias. Un procedemento aberto a raiz da denuncia que a muller presentara contra o mandatario ao que acusa de ofrecerlle un posto de traballo na Deputación, a cambio de sexo.
Piden 24 anos de cadea e máis de medio millón de euros de indemnizacións aos pais dun bebé por provocarlle lesións na cabeza que deixaron o meniño cego, epiléptico e con retraso psicomotor. A nai do pequeno negou no xuízo os feitos e alega que a epilesia que padece o seu fillo é xenética.
A economía galega pode medrar a un ritmo do 2,2 por cento anual durante os dous próximos exercicios. Son as previsións dos economistas que elaboraron o informe sobre a marcha do noso producto interior para o BBVA. (15/03/16)

As localidades de Nigrán e a Guarda son hoxe os escenarios onde se pón de manifesto a dor polo atropelo de ciclistas que deixou, esta fin de semana un morto e sete feridos. En Nigrán onde vivía e traballaba o ciclista falecido gardouse un minuto de silencio e na Guarda, onde se rexistrou o accidente é hoxe día de loito oficial // Os sete ciclistas que sobreviviron ao atropelo recupéranse das súas feridas en dous hospitais de Vigo. Dos catro que están ingresados en coidados intensivos, tres están críticos polos golpes que recibiron na cabeza e outro moi grave // Efectivos de salvamento reanudaron esta mañá a busca do pescador desaparecido en Punta Nariga en Malpica. Por aire, mar e terra tratan de localizar o home afeccionado á pesca do que se descoñece o seu paradoiro dende hai máis de 24 horas. 14/03/16

As localidades de Nigrán e a Guarda son hoxe os escenarios onde se pón de manifesto a dor polo atropelo de ciclistas que deixou, esta fin de semana un morto e sete feridos // Os sete ciclistas que sobreviviron ao atropelo recupéranse das súas feridas en dous hospitais de Vigo // Efectivos de salvamento reanudaron esta mañá a busca do pescador desaparecido en Punta Nariga en Malpica. 14/03/16

Unha expocición, inaugurada hoxe na Cidade da Cultura, en Santiago, resume a historia e a realidade da moda galega, un xigante económico Con elementos tamén xigantes coma Inditex ou lonia e cunha etapa decisiva, na década dos oitenta do século pasado, cando eclosionaron firmas coma Zara, Adolfo Domínguez ou Roberto Verino // A Unión Europea podería por en marcha en 2017 unha garda costeira europea coa colaboración da axencia de control da pesca. O ano pasado esta axencia fixo máis de 17.000 inspección en toda a Unión na que detectaron algo máis de 700 casos sospeitosos de infracción, un nivel baixo dín de irregularidades // Cúmprense 12 anos dos atentados de atocha nos que faleceran 193 persoas e a raíz dos que a Unión Europea aprobou unha nova normativa de control de explosivos. A asociacion galega de empresas do sector creou un sistema de seguimento destes materiais que está a ser usado agora por máis de 300 canteiras de toda españa. 10/03/16