Seguimos con moitas nubes que irán aumentando de cara a tarde e poden deixar chuvias febles pola tarde no norte sen descartar algunha chuvisca nas zonas altas do litoral atlántico. 14/08/15
En canto o tempo este luns seguimos con tempo moi semellante ao da fin de semana con ceos moi cubertos que pola tarde van ir despexando algo. As chuvias van ir remitindo pola tarde. As temperaturas máximas soben algço agás polo norte onde se manterán sen cambios. (17/08/15)
A Garda Civil investiga as circunstancias nas que faleceu un home da localidade coruñesa de Brión, vítima dun incendio no seu coche, que tamén lle provocou queimaduras á súa muller, da que estaba en trámites de separación.
O Portavoz parlamentario do Partido Popular confirma que o goberno tomará medidas respecto ao sector lácteo, unha vez que se coñezan as conclusións de Competencia sobre o acordo de prezos francés. Alternativa Galega de Esquerda insistiu en que é necesario garantirlles un prezo mínimo aos gandeiros e o sindicato unións agrarias asegura que o que perciben os produtores segue a caer
O Deportivo volta aos adestramentos, logo da crise vivida polo enfrontamento da sesión do sábado entre dous xogadores, Luisinho e Arribas. (17/08/15)
A Garda Civil investiga as circunstancias nas que faleceu un home da localidade coruñesa de Brión, vítima dun incendio no seu coche, que tamén lle provocou queimaduras á súa muller.
O Portavoz parlamentario do Partido Popular confirma que o goberno tomará medidas respecto ao sector lácteo, unha vez que se coñezan as conclusións de Competencia sobre o acordo de prezos francés.
O Deportivo volta aos adestramentos, logo da crise vivida durante a fin de semana polo enfrontamento da sesión do sábado entre dous xogadores, Luisinho e Arribas. (17/08/15)
A Garda Civil investiga as circunstancias nas que faleceu un home da localidade coruñesa de Brión, vítima dun incendio no seu coche, que tamén lle provocou queimaduras á súa muller, da que estaba en trámites de separación.
O Portavoz parlamentario do Partido Popular confirma que o goberno tomará medidas respecto ao sector lácteo, unha vez que se coñezan as conclusións de Competencia sobre o acordo de prezos francés. Alternativa Galega de Esquerda insistiu en que é necesario garantirlles un prezo mínimo aos gandeiros e o sindicato unións agrarias asegura que o que perciben os produtores segue a caer
O Deportivo volta aos adestramentos, logo da crise vivida durante a fin de semana polo enfrontamento da sesión do sábado entre dous xogadores, Luisinho e Arribas . O Celta tamén volve esta tarde aos adestramentos con forza despois de golear ao Genoa italiano, na disputa do Memorial Quinocho. (17/08/15)
O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, dixo hoxe en Ordes que o Goberno vai estudar a posibilidade de que se estableza un prezo para o leite que cubra os custes de produción. Tamén dixo que considera a Núñez Feijóo o mellor candidato para as próximas eleccións autonómicas // Gonzalo Concheiro, do Partido Popular, é o novo rexedor do concello coruñés de Boimorto, en sustitución de Xosé Luis Rivas, do BNG. Alí saíu adiante unha moción de censura cos cinco votos do PP e dun concelleiro non adscrito, que fora elixido nas listas socialistas // Tráfico prevé 579.000 desprazamentos dende hoxe e ata a media noite do domingo polas estradas galegas. Por iso a garda civil intensificará os controis de velocidade, alcoholemia e drogas sobre todo no entorno das localidades nas que se celebran festas. 14/08/15

O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, dixo hoxe en Ordes que o Goberno vai estudar a posibilidade de que se estableza un prezo para o leite que cubra os custes de produción // Gonzalo Concheiro, do Partido Popular, é o novo rexedor do concello coruñés de Boimorto, en sustitución de Xosé Luis Rivas, do BNG // Tráfico prevé 579.000 desprazamentos dende hoxe e ata a media noite do domingo polas estradas galegas. 14/08/15
Seguimos con moitas nubes que irán aumentando de cara a tarde e poden deixar chuvias febles pola tarde no norte sen descartar algunha chuvisca nas zonas altas do litoral atlántico. 14/08/15
Unha empresa da que a sede en España se atopa na Coruña está a ser investigada por unha presunta estafa en internet. A firma, de nome Libertagia, tería supostamente estafado a preto de dous millóns de persoas. Ao parecer, ofrecíalles aos seus socios, a cambio dun investimento inicial, 70 euros diarios por ver durante cinco minutos anuncios en internet // O Xuíz Santiago Pedraz, da Audiencia Nacional, deixou en liberdade con cargos o veciño de Narón detido por vender roupa con emblemas yihadistas e fotos de atentados do Estado Islámico. Agora terá que comparecer cada semana no xulgado e foille retirado o pasaporte // Os armadores do cerco guindaron hoxe bocarte, no porto de Vigo, para pedir que lles concedan máis cota de pesca de esta especie logo de esgotaren a que tiñan en apenas dous meses. 13/08/15

Unha empresa da que a sede en España se atopa na Coruña está a ser investigada por unha presunta estafa en internet // O Xuíz Santiago Pedraz, da Audiencia Nacional, deixou en libertade con cargos o veciño de Narón detido por vender roupa con emblemas yihadistas e fotos de atentados do Estado Islámico // Os armadores do cerco guindaron hoxe bocarte, no porto de Vigo, para pedir que lles concedan máis cota de pesca de esta especie logo de esgotaren a que tiñan en apenas dous meses. 13/08/15
A fronte que deixou ceos anubados e choiva por toda Galicia, vai ir remitindo, segundo avance a xornada. 13/08/15
Centos de tractores ocuparon hoxe as rúas de Lalín, en demanda dun prezo para o leite que permita a supervivencia das explotacións gandeiras. Piden a intervención das administracións para atallar unha situación que, din está a obrigar a boa parte das granxas a vender o produto a prezos que non cobren o que custa que as vacas o dean // Detido en Narón, o dono dunha tenda on line e dun establecemento de estampación de camisetas, acusado de apoloxía do terrorismo xihadista. Impútanlle delitos de proselitismo e humillación ás vítimas do terrorismo por vender prendas con imaxes relativas ás execucións perpetradas polo estado islámico // Prestaron declaración no xulgado de Vigo dez dos quince detidos nunha operación da policía contra o tráfico de cocaína nas nosas costas. 12/08/15
Centos de tractores ocuparon hoxe as rúas de Lalín, en demanda dun prezo para o leite que permita a supervivencia das explotacións gandeiras. Piden a intervención das administracións para atallar unha situación que, din está a obrigar a boa parte das granxas a vender o produto a prezos que non cobren o que custa que as vacas o dean // Detido en Narón, o dono dunha tenda on line e dun establecemento de estampación de camisetas, acusado de apoloxía do terrorismo xihadista. Impútanlle delitos de proselitismo e humillación ás vítimas do terrorismo por vender prendas con imaxes relativas ás execucións perpetradas polo estado islámico // Prestaron declaración no xulgado de Vigo dez dos quince detidos nunha operación da policía contra o tráfico de cocaína nas nosas costas. Pretendían traer a terra máis de tonelada e media de cocaína, nun veleiro interceptado en alta mar. 12/08/15
Centos de tractores ocuparon hoxe as rúas de Lalín, en demanda dun prezo para o leite que permita a supervivencia das explotacións gandeiras // Detido en Narón, o dono dunha tenda on line e dun establecemento de estampación de camisetas, acusado de apoloxía do terrorismo xihadista // Prestaron declaración no xulgado de Vigo dez dos quince detidos nunha operación da policía contra o tráfico de cocaína nas nosas costas. 12/08/15
E en canto o tempo xornada inestable na que mesmo poden reaparecer as chuvias. 12/08/15
Seis incendios seguen activos nos nosos montes. Os catro que están a resultar máis dificiles de controlar, sitúanse na provincia de Ourense. Alí, levan calcinadas mais de 300 hectáreas en Viana do Bolo, entrimo e no entorno da propia cidade, onde hai un en Pereiro de Aguiar e outro en Castro de Beiro. As autoridades insisten na intencionalidade da maioría dos sinistros e sinalan que, por exemplo, a pasada noite, se declararon no entorno da cidade de Ourense seis lumes que chegaron a por en perigo algunhas vivendas // Mariano Rajoy destacou, na localidade pontevedresa de Mondariz, o bo momento que está a atravesar o sector turístico en toda España. Dixo que este verán se espera batir o record no número de turistas e destacou o caso concreto de Galicia. 11/08/15
Seis incendios seguen activos nos nosos montes. Os catro que están a resultar máis dificiles de controlar, sitúanse na provincia de Ourense. Alí, levan calcinadas mais de 300 hectáreas en Viana do Bolo, entrimo e no entorno da propia cidade, onde hai un en Pereiro de Aguiar e outro en Castro de Beiro // As autoridades insisten na intencionalidade da maioría dos sinistros e sinalan que, por exemplo, a pasada noite, se declararon no entorno da cidade de Ourense seis lumes que chegaron a por en perigo algunhas vivendas. O Presidente da Xunta di que os incendiarios tratan de provocar unha situación de caos, de momento, sen conseguilo // Mariano Rajoy destacou, na localidade pontevedresa de Mondariz, o bo momento que está a atravesar o sector turístico en toda España. Dixo que este verán se espera batir o record no número de turistas e destacou o caso concreto de Galicia. 11/08/15
Seis incendios seguen activos nos nosos montes. Os catro que están a resultar máis dificiles de controlar, sitúanse na provincia de Ourense. As autoridades insisten na intencionalidade da maioría dos sinistros // Mariano Rajoy destacou, na localidade pontevedresa de Mondariz, o bo momento que está a atravesar o sector turístico en toda España. 11/08/15